Mondoñedo
28/12/2016
Este jueves, 29 de diciembre, tendrá lugar en el Casino de Mondoñedo una charla sobre el pintor Rafael de Urbino. Será pronunciada por Pedro Díaz, presidente del cabildo de la Catedral de Mondoñedo. La conferencia será a las 20:30 horas.
De esta forma se completa así el ciclo en el que en este año se han estudiado las obras de grandes figuras del Renacimiento italiano, como Leonardo da Vinci y Miguel Ángel.
19/12/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo deu a coñecer a súa completa programación cultural e deportiva para este Nadal, que se estende ata 8 de xaneiro.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, anima ademais a todos os mariñáns de concellos próximos a achegarse á cidade “e mercar no noso comercio”, ao tempo que lles lembra aos veciños e veciñas da localidade que pensen en Mondoñedo para as compras que se realizan por estas datas, así como en desfrutar da hostalería local.
O díptico informativo sobre a programación cultural e deportiva de Nadal inclúe un listado con máis de cen establecementos e referencias nas que poder facer compras e adquirir agasallos.
Máis polo miúdo
05/12/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, vén de manter un encontro de traballo co responsable de Campus del Basket, Eduardo Pascual, responsable da organización o vindeiro ano dun campus de baloncesto que achegará á localidade a 400 mozos e mozas de todo o territorio nacional.
A iniciativa está deseñada para nenos e nenas desde os 6 aos 18 anos, que entre o 1 e o 16 de xullo convivirán en Mondoñedo ao tempo que aprenderán a modalidade deportiva do baloncesto. Amais, aproveitarán a súa estancia na localidade para facer rutas turísticas pola comarca e coñecer “a fondo” a cidade.
Trátase dunha iniciativa que por vez primeira recunca en Mondoñedo, pero que xa tivo un éxito notable noutras localidade da Mariña...
leer más 26/11/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, presentaron no Concello o Campus de Nadal CDLU CAMP, que este ano se fará na localidade mindoniense.
O CDLU CAMP é unha iniciativa do Club Deportivo Lugo que pretende difundir os valores da entidade deportiva tanto na cidade das murallas como no resto da provincia. De aí o interese do Concello de Mondoñedo porque este ano se celebre na localidade.
É a primeira vez que os CDLU CAMP saen da cidade de Lugo para achegar a solidariedade, o compañeirismo, a igualdade, as habilidades sociais ou o ‘fair play’ como eixo transversal dunha semana de desfrute para todos os participantes.
... leer más 21/11/2016
A obra Mortos por amor á terra de Ramón Ermida presentase este venres, 25 de novembro, en Mondoñedo.
No acto que terá lugar na Casa da Xuventude ás 20:30 horas, intervirán o investigador Cidre Fernández, o historiador Eliseo Fernández e o autor, Ramón Ermida, quen falará da represión sobre o nacionalismo galego entre os anos 1936 e 1950 facendo especial fincapé sobre a represión franquista en Mondoñedo.
06/11/2016
O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIAM) organizan o X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo, que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro. Haberá animación musical polas rúas da cidade e celebraranse sorteos entre os participantes.
O cartel foi presentado hai uns días.
31/10/2016
Profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da historia contemporánea ofrecerán unha conferencia en Mondoñedo durante a que analizarán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, os profesionais farán fincapé nas redes socias e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
Esta conferencia, que se desenvolverá baixo o lema O Mundo do Futuro, celebrarase o próximo venres, 4 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo é o encargado de organizar esta iniciativa, en colaboración coa Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae
... leer más 09/10/2016
A asociación organizadora xunto á alcaldesa mindoniense, Elena Candia, presentaron en Santiago o programa das festas máis antigas de Galicia e unha das que contan con máis historia de Europa, e que darán comezo en Mondoñedo o 15 de outubro e se estenderán ata o sábado 23, recuperando os oito días de celebración.
Elena Candia salientou que “é un feito obxectivo que celebramos As San Lucas porque todos os visitantes e feirantes, xunto aos mindonienses, seguimos sendo fieis ás nosas tradicións e así o transmitimos de xeración en xeración”. A rexedora recordou unhas verbas do propio escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, quen dicía que: “quizais non haxa en Europa horas mais antigas que as que se poidan pasar en Mondoñedo nas San Lucas”.
30/09/2016
A asociación deportiva Salto do Coro, de Mondoñedo, organiza actividades de ximnasia de mantemento, que comezarán o día 4 de outubro, martes.
Haberá un grupo de tonificación que desenvolverá a actividade os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas no polideportivo. E un grupo de ximnasia suave que será os martes e venres de 10 a 11 horas na Casa da Xuventude.
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 605.790.091 e falar con Raul.
28/09/2016
Mondoñedo acollerá durante o mes de outubro, no Centro Comarcal, unha exposición de fotografías representativas da tradición cabalar que ten a cidade, a través de imaxes tomadas durante as feiras e festas das San Lucas e a rapa das bestas do Campo do Oso.
A mostra, que se desenvolve baixo o titular de Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo, conta cun total de 40 imaxes, seleccionadas entre as máis de 3.000 fotografías dos profesionais José María Álvez e Sergio López Maseda.
A inauguración da exposición, que os interesados poderán visitar entre o 1 e o 31 de outubro, será este sábado, ás 20.00 horas. A iniciativa está promovida pola Asociación As San Lucas, organizadora...
leer más












