Mondoñedo
O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.
Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo.
Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...
leer másMondoñedo celebra a súa Cabalgata de Reis o venres a partir das 16:30 horas. As Súas Maxestades visitarán o Hospital San Pablo e a Residencia San Rafael.
Xa dúas horas despois, ás 18:30 horas, os Reis Magos farán un percorrido polas principais rúas da cidade. Sairán da Alameda dos Remediose estarán acompañados dos seus séquitos. Melchor, Gaspar e Baltasarfarán unha ofrenda no Portal de Belén, que haberá xunto á arbore de Nadal situada na Praza do Concello. Os Reis entregaranlle ouro, incenso e mirra ao neno Xesús.
As Súas Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas ás 19.30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, onde ás 20.30 horas se celebrará a interpretación ‘Cinco historias para unha man’ de MercrominaTíteres.
A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Mondoñedo en...
leer másMondoñedo ofrecerá aos nenos durante este Nadal varias xornadas de actividades con ata dez tipos de colchonetasdiferentesno pavillón municipal.
O Infantipark estará dispoñible dende o martes 26 pola tarde ata o 30 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, por un prezo de catro euros; e de tarde de 16:30 a 20:30 horas por un custo de cinco euros.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o Infantipark dispón de monitores que se encargan do coidado dos nenos mentres os pais poden permanecer nas gradas do pavillón municipal ou incluso aproveitar os descontos que ofrece a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo en establecementos asociados.
O Goberno municipal engade que os pais que presenten o resgardo de adquirir a entrada do Infantipark terán...
leer másO Concello de Mondoñedo xunto co Centro de Información ás Mulleres da administración local organiza para este sábado 25 de novembro unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A alcaldesa, Elena Candia, xunto á edil de Benestar, Ángeles Rodríguez, explicaron as accións que se desenvolveran baixo o lema de ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Praza do Concello.
Segundo precisan, dende o Concello empapelarase a localidade co cartel de ‘Mondoñedo di non a violencia de xénero’ e máis co nome de cada unha das vítimas desta lacra no que vai de ano.
Ademais de habilitar un punto de información na Praza do Concello a partir das once da mañá e do reparto de lazos morados entre os veciños; ás 12.00 horas, Mercedes...
leer másA novela A raíña das velutinas de Lionel Rexes será presentada en Mondoñedo o 2 de decembro. O acto terá lugar na Casa da Penela en Vilamor, ás 19:00 horas. Precisamente a narración xurdiu nese establecemento de turismo rural.
Tras a presentación celebrarase unha cea no mesmo local, para a que é preciso anotarse, e pode facerse no teléfono 645 97 18 77. O prezo da cea é 20 euros e a data límite para a inscrición o luns 27 de novembro.
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso. A mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras -activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao O Gardarríos-, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha...
leer másO Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘...
leer másA asociación cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado, 11 de novembro, un magosto popular na praza do Concello.
Desde as 19:00 horas poderán degustarse castañas asadas con viño, e chocolate para os máis pequenos, de maneira totalmente gratuíta.
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo colaborará neste magosto e animará a tardiña acompañando coa súa música tradicional toda a actividade. Ademais haberá carpa para poder disfrutar desta festa.












