Obradoiro
A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de teatro, que comezará o vindeiro 20 de setembro.
Estará dirixido por Juan Villarino, director do grupo de teatro O Torques formado en Burela en 2016 e poderán participar persoas maiores de 8 anos.
A actividade, para un máximo de 12 asistentes, terá unha duración total de 16 horas e os horarios serán a convir unha vez pechada a inscrición.
Os/as interesados/as poden anotarse na Casa da Xuventude a partir de hoxe, venres, no número de teléfono 982 581 141.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima á xente a que “pierda la vergüenza y el miedo, y se anime a participar. Con este obradoiro pueden salir nuevos actores y actrices para el grupo de teatro local que tenemos que apoyar todos. Además Juan Villarino tiene una...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, promove para este sábado, 8 de setembro, ás 12:00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura unha actividade dirixida para os pequenos da casa.
Trátase dun obradoiro que ten como obxectivo que os nenos e nenas experimenten como é o proceso de creación dun libro ilustrado, a través de diversas técnicas grafo-plásticas desde un enfoque lúdico.
O taller, incluído no programa Ler Conta Moito, está dirixido a pequenos e pequenas a partir dos 6 anos de idade e ten unha duración de 120 minutos.
As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).
A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro de conservas avanzado que terá lugar o 20 de setembro na praza de abastos de Burela. Esta actividade forma parte da programación da Semana da Mobilidade 2018.
Segundo explica Noelia Mª Ben “o obradoiro terá unha duración de 3 horas lectivas nas que se elaborarán as seguinte receitas: xalea de froitas, crema de froitas de tempada, froita confitada e pementos caramelizados”.
A edil burelesa engadiu que “impartirá o obradoiro Luísa Mª Granja Domínguez, máis coñecida como Yuma, que xa deu o curso de iniciación ás conservas hai uns meses no noso concello e tivo unha gran demanda. Degustaranse produtos elaborados no obradoiro e cada participante levará varias mostras dos produtos e un pequeno manual con recomendacións e receitas”.
Para...
leer másO vindeiro martes, 4 de setembro, terá lugar na Casa da Cultura do Concello de O Vicedo un obradoiro titulado Monta e pilota un dron Tech Kids.
A actividade, de carácter gratuíto, enmárcase no programa Tech Kids en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Está dirixida a nenos e nenas con idades entre 8 e 12 anos, e desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse na aula CeMIT de O Vicedo ou nos teléfonos 982 59 01 95, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e 687 28 80 08.
Organizan: Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
A asociación sociocultural Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro os días 6 e 14 de agosto.
Esta actividade estará dirixida polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega, e desenvolverase no río Ouro ao seu paso polo concello de Alfoz.
As inscricións poden facerse no correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com.
Mariña Patrimonio pretende divulgar a existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os restos de ourivería castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas, particularmente na Mariña Central e Oriental.
ACISA Ribadeo organiza o vindeiro sábado, día 23, un obradoiro de aprendizaxe sobre o comercio local dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. A actividade, que será gratuíta e se desenvolverá de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar no centro de ocio infantil Con Sentidiño, asociado a ACISA Ribadeo, na rúa Ramón González, 32-baixo.
Segundo explica o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, “o programa Xoga e Aprende con ACISA Ribadeo lévase a cabo co fin de ensinar aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local e as diferenzas que hai cando mercas no teu pobo con outras formas de comprar . Grazas aos profesionais do centro infantil, a actividade será moi dinámica, divertida e dará a oportunidade aos participantes de aprender moito sobre o comercio local”.
... leer másO 31 de maio dará comezo un obradoiro de vento madeira, para todos os rapaces e rapazas de ESO e BAC que queiran aprender e desfruten desa actividade. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música e participar dos obradoiros ofertados de balde.
O vindeiro xoves, 31 de maio, de cinco a seis da tarde será o primeiro encontro deste obradoiro no local da Escola Municipal de Música. Os alumnos interesados serán organizados en distintos grupos ao longo da tarde, no horario que mellor de axuste ás súas necesidades.
O obradoiro é gratuíto e celebrarase todos os xoves ata o 28 de xuño.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns, na Praza de San Marcos, as actividades promovidas polo Goberno da Deputación para homenaxear a escritora, María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.García Porto avanzou as iniciativas que comezan hoxe na Praza da San Marcos, e que inclúen un taller de serigrafía para todos os públicos, un concerto da Tradaescola coa Escola Municipal de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares de 45 centros escolares da provincia.Paralelamente, na Rede Museística da Deputación, celebrarase a Semana dos Museos, con 6 obradoiros para os máis pequenos da familia e tamén para adultos.
A Deputada reivindicou o papel de María Victoria a prol do idioma e remarcou que “é a cuarta muller á que se lle dedica o Día das...
leer másTá en Artes organiza un ano máis, coincidindo coa celebración da Semana das Artes na Mariña, un obradoiro de escultura en Foz que terá lugar o sábado, 5 de maio.
A actividade está dirixido a nenos e rapaces de todas as idades, e seguindo coa homenaxe a Puchades, a temática este ano vai ser a escultura.
Este obradoiro terá lugar na Avenida da Mariña, na parada de taxis, a partir das 12:00 horas. Os organizadores pretenden que os traballos que resulten queden expostos na rúa para darlle vida e ser un atractivo máis.
A Asociación de Comerciantes de Foz e Centro Comercial Aberto colabora coa actividade que supón tamén unha dinamización da rúa no ámbito comercial.
Para participar neste taller hai que anotarse no correo ...
leer másA edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou que este vindeiro domingo, 8 de abril, terá lugar un obradoiro para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Caramés explicou que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, e que se desenvolverá desde as 17:30 horas na biblioteca da Casa da Cultura, en San Ciprián.