Obradoiro
A asociación cultural Xebra organiza un obradoiro de baile tradicional galego e foliada para este sábado, 24 de febreiro, en Burela. Será no local do colectivo, que está na rúa Leandro Cucurny, número 19, desde as 17:00 horas.
O evento comezará co obradoiro de baile, que será impartido por Iria Fernández Moscoso, e despois haberá unha foliada aberta.
O obradoiro Control e xestión da dor terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 10:30 horas na aula Omix do Centro Sociocultural de Alfoz.
Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.
As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo “Ciencia á feira” este venres, 19 de xaneiro. Versará sobre a xestión sustentable da auga e comezará ás 11:30 horas.
As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.
O ciclo “Ciencia á feira” está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.
A Escola Vella de Rinlo (Ribadeo) acollerá un obradoiro sobre a historia do tango este domingo, 21 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Correrá a cargo do bandoneonista Damián Foretic e está organizado pola asociación cultural A Tribu da Travesía coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os promotores desta actividade explican que “este obradoiro ofrece unha presentación das pauta básicas para escoitar, comprender e disfrutar o tango arxentino. Dirixido a músicos, estudantes de música, persoas afeccionadas e calquera que teña interese neste xénero. Durante este obradoiro, mediante audio exemplos, iremos destilando e diferenciando a sonoridade de cada orquestra e tamén os aspectos formais que compartían, para así lograr unha idea máis acabada dos compoñentes que conforman un tango tradicional. Durante todo o seu desenvolvemento, o tango...
leer másOs días 2 e 3 de xaneiro de 2024, en horario de 11:00 a 13:00, realizaranse obradoiros de pintura interxeracional no Centro de Atención a Persoas Maiores A Concordia (coñecido como o Centro de Día), coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Están dirixidos á rapazada entre 10 e 14 anos e as inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse na Casa da Xuventude ou nos teléfonos 982.129.889 e 638.299.573 ata o 18 de decembro.
Os organizadores explican: “temos como obxectivo a creación colectiva dun particular nacemento onde o abano de posibilidades xurdirá da creatividade conxunta. As actividades interxeracionais son unha aposta importante no proxecto do Centro de Día. A experiencia e os coñecementos das persoas usuarias do CAPM serán a ponte viva cara á nosa historia e tradicións”.
O local social de Bravos, en Ourol, acollerá un obradoiro de velas este sábado, 16 de decembro, ás 16:30 horas. Será impartido pola Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que explica: “é un obradoiro de velas decorativas de xel e de velas infinitas que terá lugar no local social de Bravos, Ourol, o vindeiro sábado 16 de decembro a partir das 16:30 horas. Nel poderán participar ata 20 persoas e o prezo da inscrición é de 12 euros para socias/os e de 15 euros para os que non son. Podedes realizar a inscrición a través do WhatsApp 661.866.552 ata o día 12”.
A asociación de veciñ@s San Román do Vicedo organiza un obradoiro de coiro para este sábado, 25 de novembro. Será na Escola do Vilar, en San Román do Val, desde as 10:00 horas. Impartirao Rubén, artesán galego que ten a firma Obradoiro do Coiro.
Os organizadores explican: “na asociación de veciños San Román do Vicedo tentamos realizar actividades que fomenten a unión entre todxs nós. Procuramos, ademais, acadar a maior riqueza en termos económicos e de benestar; entendendo esta riqueza no seu concepto máis amplo, tanto material como intanxible, tentando contribuír así ao desenvolvemento, de non soamente a nosa parroquia, senón tamén da zona. Fomentamos a realización e promoción de actividades innovadoras con novas técnicas e materiais, dar pé á utilización de produtos da zona para combinar e realizar pezas orixinais. Froito do convenio...
leer másO Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal (Antigo Matadoiro) a partir do 7 de novembro ás 16:00 horas.
A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024. O prazo de solicitude iníciase este luns, 30 de outubro.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09:00 a 20:30.
As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.
leer másA Concellería de Cultura do Valadouro presenta o luns 23 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo a actividade denominada ‘Terroríficas’. É un obradoiro de Andrea Barreira que combina a lectura e a escritura de relatos de terror.
A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico. Esta actuación está inserida no programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia. É unha actividade especialmente indicada para nenos/as a partir de 10 anos.
Concide coa celebración do Día europeo de concienciación ante o paro cardiaco
O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).
“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
O obradoiro será ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela e os ponentes Diana García Campos, enfermera da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña.
A...
leer más