Obradoiro
O mércores 21 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, celebrarase na Sala Multiusos do Concello de Viveiro un obradoiro sobre novos modelos de innovación nos sectores do turismo e o comercio, no marco do programa Conecta Lugo, organizado pola CEL e financiado polo IGAPE.
O Concello de Viveiro anuncia: “durante a xornada, abordárase como innovar nestes sectores e presentaranse diferentes liñas de axuda e apoios públicos dispoñibles. Contaremos coa participación da Oficina Económica de Galicia, o IGAPE e a Axencia Galega de Turismo, da man de Paloma Vázquez, ademais de representantes de negocios punteiros que compartirán os seus casos de éxito. Peche con espazo de networking e picoteo”.
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro da técnica de debuxo Zentangle este mércores, día 14 de maio, ás 17:30 horas.
O Concello de Ourol explica que “será un obradoiro para crear un caderno de lecturas a través da técnica de debuxo Zentangle. Non é necesario ter coñecementos de debuxo xa que do que se trata é de relaxarnos realizando sinxelos debuxos, mellorar a concentración e o benestar persoal”.
Está dirixido a todas as persoas interesadas e para participar hai que inscribirse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051.
A Casa do Director, en Xove, acollerá un obradoiro de ioga para adolescentes este venres, día 9 de maio, ás 19:00 horas. É unha actividade gratuíta organizada pola Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove.
É imprescindible inscrición previa a través do teléfono 691.235.185.
A Asociación de Usuarios da Escola de Música de Burela (Asuembu) organiza o primeiro obradoiro de percusión impartido por Pablo del Valle Prieto. Será o sábado 10 de maio no salón de actos da Escola de Música de Burela (Rúa do Cancelo, número 1).
A organización explica que “está destinado a alumnado de percusión con estudos avanzados e a quen queira explorar dende cero”.
Para participar hai que inscribirse antes do 7 de maio a través do correo electrónico asuembu@gmail.com ou vía whatsapp ao 644.894.714.
O Centro Sociocultural de Alfoz acollerá un obradoiro de saúde bucodental o día 29 de abril, martes, ás 16:30 horas. Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este venres, 25 de abril.
“Participa neste obradoiro gratuíto onde aprenderás a manter unha boa hixiene bucodental e a previr problemas comúns como caries ou enfermidades da boca. Impartido por Berta García Torres, especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Lugo. Non perdas esta oportunidade para coidar o teu sorriso!”,anuncia o Concello de Alfoz.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove anuncia: “Queres que os teus peques se divirtan e relaxen ao mesmo tempo? Apúntaos ao obradoiro gratuíto de ioga o sábado 26 de abril de 2025 ás 17:00 horas na Casa do Director, de Xove. Unha actividade saudable, divertida e pensada especialmente para nenos e nenas”.
É imprescindible inscrición previa, para a que hai que contactar con Olalla no teléfono 691.235.185.
Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello de Barreiros, a través da biblioteca municipal, organiza un obradoiro de papiroflexia dirixido á cativada. A actividade terá lugar o martes 22 de abril de 16:00 a 17:30 horas.
Durante o obradoiro as nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística.
O obradoiro é gratuíto para todos os asistentes, pero é preciso inscribirse previamente na propia biblioteca ou a través do teléfono 982.124.106.
O luns 7 de abril ás 17:00 horas no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo impartirase un obradoiro titulado Seguridade no fogar, da man do Sergas e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
Será impartido por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos
Para participar hai que anotarse no centro ou a través dos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89. A inscrición é gratuíta.
O programa inclúe: seguridade na realización de actividades diarias, pautas para mellorar a seguridade dentro do fogar, caídas dentro e fóra do fogar e novas tecnoloxías como facilitadoras da seguridade.
Este mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.
O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
A Casa da Xuventude de Burela converterase nun espazo de creatividade musical os vindeiros 15 e 16 de abril cun Obradoiro de Produción Musical dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos. A actividade, organizada pola Área de Mocidade do Concello de Burela, desenvolverase de forma gratuíta en horario de 10:00 a 13:00 horas.
O obradoiro estará impartido por Nuno Pico, coñecido artisticamente como Grande Amore, quen traballará coa mocidade para dar forma a un tema musical inspirado nos textos creados durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez.
“Nos Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez saíu un texto no que os rapaces e as rapazas se expresaron acerca da nosa vila e agora Nuno Pico de Grande Amore recolle esa mensaxe e vai traballar nesas letras coa nosa mocidade para producir un tema que poida...
leer más












