Obradoiro
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), está a organizar un obradoiro no que se traballarán diferentes contidos relacionados co empoderamento feminino. Será este xoves, día 28 de novembro, no Edificio Multiusos do Concello de Ourol de 10:00 a 12:00 horas.
“O obxectivo desta actividade é o de contribuír a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.559.109 e 677.489.457) ou coa asociación Bumei (teléfono609.837.645)”,...
leer másRiotorto acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 13 de novembro, mércores. Será de 16:00 a 18:00 horas na Aula Cemit, que está no Centro Sociocultural.
“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital! Apúntate a través da túa aula CeMIT! Reserva a túa praza no teléfono 646.21.82.96 (Vanesa)....
leer másA asociación veciñal San Román do Vicedo organiza un obradoiro de cabazas para o Samaín. Será este domingo, día 27 de outubro, ás 17:00 horas na Escola do Vilar. Os participantes poderán degustar chocolate ou café e biscoito.
“Este domingo 27 de outubro ás 17:00 horas trae a túa cabaza de Samaín á escola do Vilar, en San Román do Val, e o noso mestre tallador, o fillo do ferreiro, axudarache a tallala co deseño que ti elixas. E despois de pintada resume de cabaza. Será terrorífica. Aforo limitado e lembra anotarte por WhatsApp no 658.85.65.73 antes deste xoves”, anuncia a organización desta actividade.
Alba Farto, ilustradora, impartirá un obradoiro de lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,... e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. O lettering tamén ten o obxectivo de descubrir o desenvolvemento creativo, ademáis de favorecer a concentración e a relaxación.
Este obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito e está destinado a nenos/as e mozos/as de 5º e 6º de CEIP de Santa María do Valadouro e os catro cursos do IES Alfoz-Valadouro de xeito prioritario.
Debuxar Letras desenvólvese o venres 25 de outubro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro e ten prazas limitadas. Deben inscribirse os...
leer másO Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.
“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.
Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo para adultos que se desenvolverá desde o día 15 de outubro, martes, de 16:00 horas a 19:00 horas na planta baixa da Casa da Cultura.
As inscricións recóllense na Casa da Cultura e no Casa do Concello. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 652.865.212.
O programa Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz ofrece o día 21 de setembro, sábado, un obradoiro para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e un espectáculo para público infantil e familiar a cargo de A Xanela do Maxín.
O obradoiro, titulado “Experimentos na biblioteca”, será ás 17:00 horas na biblioteca pública municipal.
E o espectáculo de A Xanela do Maxín titúlase “Supercoroza. Na eira e na lareira” e terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 19:30 horas.
As persoas interesadas en máis información sobre estas actividades poden contactar co teléfono 982.57.12.70.
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.
Xove acolle un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será o mércores 15 de maio ás 11:00 horas no salón de actos do Concello.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas os retos e oportunidades da Galicia do presente. Ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Xove.
Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Deconstruíndo consciencias”, que é o que se vai celebrar en Xove. Comeza cunha reflexión sobre a transcendencia da cultura, continuado cunha proxección do documental "Galicia Latente" e...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación, que se realizará o día 24 de maio, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etcétera. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.
A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse...
leer más












