Obradoiro
O luns 7 de abril ás 17:00 horas no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo impartirase un obradoiro titulado Seguridade no fogar, da man do Sergas e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
Será impartido por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos
Para participar hai que anotarse no centro ou a través dos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89. A inscrición é gratuíta.
O programa inclúe: seguridade na realización de actividades diarias, pautas para mellorar a seguridade dentro do fogar, caídas dentro e fóra do fogar e novas tecnoloxías como facilitadoras da seguridade.
Este mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.
O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
A Casa da Xuventude de Burela converterase nun espazo de creatividade musical os vindeiros 15 e 16 de abril cun Obradoiro de Produción Musical dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos. A actividade, organizada pola Área de Mocidade do Concello de Burela, desenvolverase de forma gratuíta en horario de 10:00 a 13:00 horas.
O obradoiro estará impartido por Nuno Pico, coñecido artisticamente como Grande Amore, quen traballará coa mocidade para dar forma a un tema musical inspirado nos textos creados durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez.
“Nos Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez saíu un texto no que os rapaces e as rapazas se expresaron acerca da nosa vila e agora Nuno Pico de Grande Amore recolle esa mensaxe e vai traballar nesas letras coa nosa mocidade para producir un tema que poida...
leer másA Área de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga en familia para este sábado, día 5 de abril, de 17:00 a 18:30 horas.
É unha actividade de balde, pero é imprescindible inscrición previa, contactando con Olalla no teléfono 691.235.185.
O Concello de Xove anuncia que é “unha oportunidade perfecta para compartir un momento de conexión e benestar cos teus seres queridos”.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza un obradoiro sobre o solo pélvico para este xoves, día 27 de marzo, ás 17:00 horas.
Será impartido por Cristina Ouro Núñez (matrona do complexo hospitalario de Lugo), que abordará estes temas: anatomía do solo pélvico, funcións, técnicas de tratamento. Ademais haberá unha sesión práctica.
A inscrición é gratuíta e pode facerse no propio Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, que está na Praza do Concello e ten o teléfono 982.82.83.91.
O Concello de Foz organiza un obradoiro gratuíto titulado Coñece o teu solo pelviano. Será o día 17 de marzo, luns, de 18 a 20 horas no salón de conferencias do CENIΜΑ.
Esta actividade está dirixida a mulleres de todas as idades do concello de Foz e será impartido por María González Cociña, matrona e directora de Centro M Burela.
O martes 11 de marzo terá lugar o obradoiro titulado Coñece a túa peri/menopausia no salón de conferencias, da antiga biblioteca municipal de Burela, de 18:00 a 20:00 horas.
Está dirixido a mulleres de 40 a 70 anos e impartirao María González Cociña, matrona e directora do Centro M Burela, no marco da programación polo 8M organizada polo Concello de Burela.
A entrada é libre sen inscrición previa.
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro teórico práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas maiores. Será o venres 4 de abril ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz. Para participar hai que inscribirse ata o 31 de marzo no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982.55.80.01.
“Un espazo para aprender, compartir e, sobre todo, coidarnos! Contaremos coa colaboración da Escola Galega de Saúde e a psicóloga Jenifer Souto Pérez, especialista no coidado da saúde física e mental. Anímate a participar! Será un encontro enriquecedor para estimular a memoria, mellorar o movemento e, sobre todo, pasar un bo momento en boa compañía”, explica o Concello de Alfoz.
O Concello do Vicedo organiza un obradoiro de solo pélvico que se desenvolverá o día 21 de febreiro, venres, de 17 a 20 horas.
O alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, fixo público un bando no que anuncia que “o vindeiro 21/02/2025 celebrarase un obradoiro de solo pélvico, en colaboración co Servizo galego de Saúde. Como requisito sinalamos contar cun número mínimo de 10 inscricións, abertas a tódolos interesados, cun enfoque inclusivo e accesible para todas as idades e niveis. O prazo de inscrición estará aberto con data límite do 07/02/2025, chamando ao departamento do Servizos Sociais do Concello a través do número 982.59.00.01. O lugar de celebración dependerá das inscricións formalizadas (locais sociais das parroquias ou Casa da Cultura de O Vicedo)”.
O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de “promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal”. O prazo para anotarse remata o día 31 de xaneiro.
Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesións de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade; cociña básica e saudable e conservación de alimentos; organización e planificación de tarefas domésticas; iniciación á costura e reparación básica de prendas; limpeza e organización do fogar, lavado, dobrado e planchado de roupa; autocoidado persoal e hábitos saudables.
... leer más












