Sorteo

Etiquetas:
04/10/2018

Este sábado, 6 de outubro, chega a Burela a campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante. 

Pasado mañá terá lugar o terceiro sorteo desta campaña. Será en Burela a partires das 20:30 horas na Praza da Mariña. As seguintes citas serán en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos continuarán en Xove o 3 de novembro e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo. 

As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos...

leer más
Etiquetas:
20/09/2018

Este sábado, día 22, arrinca en Viveiro a campaña da Federación de Comercio A Mariña que repartirá máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolverán ata o 10 de novembro. En cada localidade participante poranse en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante. 

A FCAM realizará un total de oito sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Xove e O Vicedo. 

Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. O primeiro sorteo será este sábado, 22 de setembro, a partir das 20:30 horas na praza Maior vivairense. O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20...

leer más
09/02/2018

Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 9 de Febreiro a campaña de San Valentin 2018. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 9 ó 12 de Marzo. 

O premio inclue 3 noites nun hotel 3* con almorzo, vó dende Santiago a Paris e viceversa, e seguro de viaxe. 

O xeito de participar é moi sinxelo, o Xoves 15 de Febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 13:30  e de 17 a 20 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser...

leer más
Etiquetas:
15/12/2017

Os vendedores e vendedoras da Praza de Abastos de Ribadeo sortean dúas cestas de produtos de Nadal entre a súa clientela. 

Todas as persoas que fagan as súas compras entre o 12 e o 22 de decembro na Praza de Abastos ribadense “deberán poñer nos tíckets que lles facilitarán os praceiros o nome e un número de teléfono de contacto e depositalo na caixa que está exposta a carón dos dous lotes (dúas cestas) con produtos típicos destas datas”.

O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 14 horas. As dúas persoas gañadoras “serán contactadas por teléfono nese mesmo momento” para darlles a boa a nova e para dicirlles que pasen a recoller os seus premios. 

Etiquetas:
10/11/2017

Este venres, 10 de novembro, comezan en Xove os Venres de Tapeo.

Os sete locais de hostalaría que participan nesta iniciativa servirán tapas ao prezo de 2 euros todos os venres a partires das 20:00 horas. O último venres de cada mes haberá un sorteo de 100 euros, e un sorteo presencial de 50€ en A Roda ás 23:30 horas. Para participar nos sorteos é preciso retirar as tarxetas nos establecementos participantes.
Os sete locais nos que se poderá degustar as tapas son: A Fuga, A Roda, Bar Cociña, Centro Cívico, O Cabaliño, O Refugio e Onde Sempre. Estes establecementos ofrecerán cada venres unha tapa diferente.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Xove. Os Venres de Tapeo en novembro serán os días 10, 17 e 24. 

 

Etiquetas:
09/11/2017

O vindeiro sábado, 11 de novembro, terá lugar en Burela o sétimo e último sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas na praza do Concello. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre os días 5 e 11 de novembro nos establecementos asociados ao CCA burelés poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Burela. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará na praza do Concello. 

En Burela, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz, en Xove, no Vicedo, en Covas e en Viveiro sortearanse 1.500...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

Este sábado, 4 de novembro, terá lugar en Viveiro o sexto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas nos Xardíns Noriega Varela. En xogo estarán outros 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 29 de outubro e o 4 de novembro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Viveiro. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará nos Xardíns Noriega Varela. 

En Viveiro, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz, en Xove, no Vicedo e en Covas, sortearanse 1.500 euros en vales...

leer más
Etiquetas:
26/10/2017

Este sábado, día 28, terá lugar en Covas o quinto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas no Parquemar. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 22 e 28 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Covas. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará no Parquemar. 

En Covas, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz, en Xove e no Vicedo, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de...

leer más
Etiquetas:
19/10/2017

Este sábado, día 21, terá lugar en O Vicedo o cuarto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas nas inmediacións da Casa da Cultura. En xogo estarán outros 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 15 e o 21 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en O Vicedo. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará nas inmediacións da Casa da Cultura. 

En O Vicedo, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz e en Xove, sortearanse 1.500 euros en vales de compra,...

leer más
Etiquetas:
12/10/2017

Este sábado, día 14, terá lugar en Xove o terceiro sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas na praza do Concello. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 8 e o 14 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Xove. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará na praza do Concello. 

En Xove, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo e en Foz, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de 300...

leer más