Viveiro
O Concello de Viveiro anuncia a programación para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado a Luísa Villalta, que se estenderá ao longo de todo o mes de maio.
A alcaldesa, María Loureiro, destacou "a importancia de reivindicar a figura de Luisa Villalta, unha muller que foi poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga, violinista e moito máis".
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo poñer en valor "a ampla programación en torno a esta data tan sinalada que temos este ano en Viveiro, con actividades de todo tipo".
A programación comezará este sábado, día 4 de maio, coa representación da obra teatral 'O lapis do Martín', de Sarabela Teatro, ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal. Seguirá o día 14 coa...
leer másEl Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acogerá un concierto contra el cáncer este sábado, 4 de mayo, a las 20:30 horas.
Está organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer y actuarán los grupos musicales Brétema Band, Diavolinos, Golpe de Efecto, Los Jueves, Amigos do Folk y Jamape.
El precio de la entrada es de 6 euros y las personas que quieran colaborar y no puedan asistir al concierto tienen la opción de sumarse con la aportación económica que elijan.
Para cualquier duda o aclaración se puede llamar al teléfono 982.25.08. 09 o enviar un correo electrónico a lugo@contraelcancer.es.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 de Special Olympics Galicia celebrarase o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.
Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.
... leer másA Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, colabora coa Cámara Oficial Mineira de Galicia na organización dunha andaina na contorna da Silvarosa para conmemorar o Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España. Esta “excursión xeolóxica” terá lugar o día 11 de maio, sábado, data de celebración do Xeolodía. Esta efeméride ten lugar cada ano na segunda fin de semana de maio.
O concelleiro de Medio Rural, Juan Ramón Martínez Castro, sinala que “é unha honra que Viveiro fose o municipio elixido para a celebración do Xeolodía na nosa provincia por parte da organización, que pon en valor deste xeito o noso gran patrimonio natural e mineiro”.
A excursión, baixo o título “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar a...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO DEL 26 AL 28 DE ABRIL
VIERNES 26:
+CUÑADOS - 20:30 horas
CIVIL WAR - 20:30 horas
GODZILLA Y KONG: EL NUEVO IMPERIO - 20:30 horas
SÁBADO 27:
+CUÑADOS -18:00 horas
MATUSALÉN - 20:30 horas
CIVIL WAR - 18:00 y 20:30 horas
DRAGONKEEPER (GUARDIANA DE DRAGONES) - 18:00 horas
GODZILLA Y KONG: EL NUEVO IMPERIO - 20:30 horas
DOMINGO 28:
+CUÑADOS - 17:30 horas
MATUSALÉN - 20:00 horas
CIVIL WAR - 17:30 y 20:00 horas
... leer másO Concello e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan dous novos cursos de música gratuítos para o mes de maio, dirixidos nesta ocasión a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade.
Os cursos serán de Iniciación Musical, para a cativada nada no ano 2017, e de Iniciación ao Instrumento, para nenos e nenas de 8 a 14 anos. Este último curso permitirá aprender o básico dun destes instrumentos: clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, saxofón, trompeta e violonchelo. Tamén haberá iniciación ao canto, só para rapazada de 14 anos.
O prazo de matrícula para o curso de iniciación musical estará aberto dende hoxe, mércores 24 de abril, ata o venres 26 de abril. O do curso de iniciación ao instrumento estará aberto os días 2, 3 e 6 de maio. Ambos cursos terán prazas limitadas. As persoas interesadas poden...
leer másA sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá desde este mércores, 24 de abril, ata o 4 de maio unha mostra de pinturas realizadas pola artista holandesa Simone Nijkamp, que faleceu en Baroso (Ourol) no ano 2021. É unha actividade organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
A exposición, titulada “Miradas / Olladas”, será inaugurada este mércores ás 20:00 horas. Intervirán no acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; o presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo; ademais de familiares e amigos de Simone Nijkamp. E haberá unha actuación musical a cargo de Lino Rico e Esperanza Pérez.
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o 12 de maio, domingo, a súa tradicional Feira das Maulas, que ten máis de tres séculos de historia.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e a feira de gando. Ás 11:00 horas comezarán as probas de andadura federada e ás 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará no baile de tarde. Tamén haberá partido de fútbol, ás 17:00 horas, entre o Celeiro Club de Mar e Novas Raíces de Galdo.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a representación do novo espectáculo do Mago Rafa, Sentir, o vindeiro 11 de maio ás 20:30 horas.
As entradas xa se poden adquirir por 10 euros a través do correo electrónico entradas@magorafa.com e pódense recoller na billeteira do propio teatro o día da representación a partir das 17:30, onde tamén se poderán mercar.
O espectáculo foi presentado polo tenente de alcalde, Jesús Fernández, e polo propio Mago Rafa, quen destacou que traerá Sentir a Viveiro porque ten “o teatro máis bonito de toda Galicia”.
Sentir está pensado para un público familiar e para representarse neste momento “no que priman a tecnoloxía e a intelixencia artificial”, buscando facer reflexionar sobre a importancia de “non...
leer másA Deputación de Lugo apoia, un ano máis, a celebración do ResurrectionFest de Viveiro cunha aportación económica de 150.000€. Así o anunciou a Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen informou de que a colaboración se materializa a través dun convenio co Concello viveirense aprobado este venres na Xunta de Goberno para “contribuír á promoción dun festival de referencia a nivel internacional que chega á súa 19ª edición”.
“Na Deputación de Lugo temos claro que este é un evento musical de éxito feito a si mesmo, un exemplo do que unha iniciativa dun grupo de afeccionados pode conseguir co respaldo intelixente do Concello e do conxunto das administracións públicas, e o máis importante, da xente”, asegurou García Porto. Así mesmo, explicou que é “un evento que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que...
leer más