Mancomunidade
Está aberto ata o vindeiro 5 de xullo o prazo de inscrición para participar no curso de verán que organizan a Mancomunidade de Concellos da Mariña e a Universidade da Coruña. O título é Emprender no sector turístico na Mariña Lucense e terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) para este 2026, abrindo un novo período de adhesión dirixido ás empresas e servizos turísticos da comarca. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xuño.
A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes. As prazas estarán limitadas por sectores para garantir unha representación equilibrada dos servizos adheridos.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa adhesión deben contactar a través do correo electrónico ...
leer másEste luns, 4 de maio, partiu desde Foz un grupo formado por representantes técnicos da Mancomunidade de Concellos da Mariña e de establecementos distinguidos no SICTED, xunto con persoal técnico dos Concellos, para visitar durante os vindeiros tres días a Reserva Natural da Biosfera de Urdaibai, no País Vasco. Esta viaxe de prospección -no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña e máis concretamente no programa do SICTED, cofinanciado pola Mancomunidade, Xunta de Galicia e Secretaría de Estado de Turismo (SETUR)- ten como obxectivos “coñecer o modelo de gobernanza e xestión deste enclave natural vasco, así como achegarse ás experiencias e boas prácticas de xestión turística que as diferentes entidades desenvolven na zona”.
A través desta iniciativa, impulsada pola Mancomunidade, "trátase de observar no territorio como se...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou este mércores a proposta que levou a Fitur 2026 A Mariña, unha viaxe á identidade. Fíxoo ante autoridades, Concellos, un numeroso grupo de colaboradores do sector privado local e oficinas de turismo, nun acto que tivo lugar no salón de actos do IES de Foz, que rendeu unha homenaxe no propio territorio ás carolas. Así mesmo, fixo entrega dos diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino na Mariña (SICTED) da Mariña aos servizos que renovaron a súa distinción neste proxecto.
Co acto desenvolvido esta mediodía en Foz a Mancomunidade de Concellos da Mariña quixo explicar no territorio o traballo que está a desenvolver para a promoción turística deste destino.
Este mércores a figura de Sargadelos coa que se rende unha homenaxe ás carolas ou...
leer másRemata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística (PST), a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense desenvolveu un programa de accións que posicionou o territorio como un destino sostible e singular, o que lle valeu para atraer as miradas do sector e recibir o recoñecemento público ao seu labor.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, sinalou que “o esforzo realizado desde a Mancomunidade ten como obxectivo avanzar na consecución dun modelo turístico sostible, que xere valor para as persoas que nos visitan, pero tamén para a comunidade local, acadando un equilibrio beneficioso e enriquecedor para todos os axentes do sector”.
O PST, ademais doutras liñas de confinanciamento como convenios anuais, é a ferramenta que están permitindo impulsar a transformación turística do territorio poñendo como base o...
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Rocío López, asinaron este martes, 9 de decembro, no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración por importe de 25.000 euros, que “permitirá impulsar á Mariña Lucense como xeodestino de referencia para reforzar a promoción turística da comarca e mellorar o posicionamento da marca A Mariña”.
“Con esta achega damos continuidade a colaboración anual coa Mancomunidade Lucense, á que achegamos 25.000 euros, mantendo o compromiso co desenvolvemento turístico da comarca, cos seus veciños e veciñas e coa xeración de riqueza e emprego a través dun sector estratéxico que combina costa e montaña e ofrece unha experiencia única ao visitante”, explicou José Tomé, que destacou que “o turismo sostible e de calidade desempeña un papel crucial no...
leer másA Mancomunidade participou esta semana nas primeiras sesións de traballo para a implantación na Mariña do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR. A Mariña foi o único destino galego seleccionado para participar neste programa, do que tamén forman parte a Deputación de Cáceres, a illa de Fuerteventura, o municipio de Deltebre en Tarragona e Valencia, todos membros da Rede de Destinos Intelixentes.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “se trata dun proxecto que ten como obxecto motivar a participación do sector primario no sistema turístico local, estruturando experiencias agroturísticas sostibles e atractivas que, sen distorsionar a actividade principal, xeren ingresos ou ventas directas e indirectas,...
leer másEsgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro.
A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.
As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.
Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...
leer másOs días 1 e 2 de xuño a Mancomunidade de Concellos organiza ao abeiro do Programa de Xeoturismo no contexto do Plan de Sostibilidade Turística o Xeo finde na Mariña, que contará cunha serie de actividades únicas onde os participantes explorarán a xeoloxía dunha maneira innovadora e emocionante.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este evento ofrecerá a nenos e adultos a oportunidade de mergullarse no apaixonante mundo dos minerais e descubrir os segredos da terra baixo os nosos pés”. E animou ás familias a inscribirse “para vivir esta orixinal e única experiencia”.
O 1 de xuño terá lugar unha Xeoruta por San Cibrao. Iván Rodríguez levará aos asistentes a gozar dunha exploración da orixe do granito, un material que foi utilizado durante séculos na construción de vivendas e monumentos. Durante...
leer másA partires do vindeiro luns, 18 de xullo, os Concellos de Foz, Cervo e Viveiro contarán co servizo de aluguer de auriculares para as súas audioguías ficcionadas que se unen aos de Alfoz, Lourenzá, Ribadeo e Mondoñedo. Ata finais de setembro será gratuíto coa finalidade de que cada vez mais xente coñeza este produto de turismo cultural, que é pioneiro en España.
O pasado mes de abril a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentaba no Cenima dúas novas audioguías ficcionadas para Foz e Sargadelos, en Cervo, mais as traducións ao castelán das de Alfoz e Lourenzá, que se uniron ás impulsadas para Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dn proxecto polo que este ente leva apostando dende o ano 2018 coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e Turismo de Galicia da Xunta.
Dentro do Plan de Sostibilidade...
leer más












