Música
O vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.
Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.
A Delegación de Cultura do Concello de Burela informa de que mañá, venres 29 de xullo, actuará polas rúas da vila a charanga NBA para amenizar un dos venres previos á esperada Feira do Bonito.
A proposta musical contribuirá a ambientar o II Tapeo Bonito que comezou hoxe en nove establecementos de hostalería de Burela, con máis de 30 propostas de pratos e tapas, tendo como produto principal o bonito e presentado en distintas elaboracións como zorza, á grella, en empanada, salpicón ou hamburguesa.
Desde a Delegación de Cultura e a Asociación Ledicia decidiron poñer unha nota musical aos dous venres previos á Feira do Bonito, tanto o 29 de xullo como o 5 de agosto, comezando mañá coa charanga NBA, unha das máis coñecidas en Galicia. Os músicos sairán da zona de Vista Alegre ás 20 horas e rematarán na praza da Mariña...
leer másRibadeo inúndase de música esta fin de semana co festival de verán que se celebrará en Cabanela o sábado e coa actuación de Lítore Quartet no Mercado dos Domingos o 24.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “a música inundará esta fin de semana a nosa vila. Despois da intensa actividade que desenvolvemos durante o VII Ribadeo Indiano seguimos coa nosa axenda cultural para o terceiro trimestre de 2022, que arrinca co festival de verán que terá lugar o sábado, 23 de xullo, en Cabanela”.
A edil ribadense subliñou: “nese espectacular marco, a carón da nosa ría, a partir das nove e media da noite poderemos gozar coa música de TéCanela, que veñen presentarnos o seu traballo Al borde de la cordura. Neste festival contaremos tamén coa presenza de Los Jinetes del Trópico. A entrada é de balde. En caso de...
leer másA Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria Galega este vindeiro luns, día 25, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo, intentando seguir coa súa programación habitual, este vindeiro luns, 25 de xullo, ofrecerá o concerto do Día da Patria. Farémolo, se o tempo o permite, que esperemos que si, no Campo de San Francisco. En caso de mal tempo trasladarémonos ao auditorio. Será ás oito e media da tarde e tocaremos pezas que xa interpretamos noutras ocasións, pero será un repertorio moi variado, no que incluiremos, obviamente, música galega, xa que é o Día da Patria, e tamén obras de compositores clásicos e de bandas sonoras”.
Ademais David Ballester adianta que “despois deste concerto...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no CENIMA de Foz na presentación dunha nova edición do Festival Bal y Gay, unha cita que a institución provincial impulsa cunha achega económica de 12.000€ como referente cultural e turístico na provincia. A programación celebrarase do 12 ao 24 de agosto en oito concellos da Mariña.
No acto tomaron parte o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, e a directora do Festival Bal y Gay, Alba Rodríguez.
Pilar García Porto puxo en valor este evento musical que “xa é unha cita fundamental na oferta turística da provincia de Lugo”. “Polas súas...
leer másO Concello de Viveiro anuncia dúas novas citas do programa das Festas Patronais de Viveiro, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.
Dunha banda, “Viveiro Canta” será unha nova proposta nestas festas, cun concurso de karaoke. Doutra banda, os tradicionais cabezudos volverán a desfilar por Viveiro, tras dous anos sen esta cita por mor da pandemia.
“Este verán retomamos as nosas Festas Patronais, tras dous anos limitadas pola pandemia. Seguimos anunciando eventos e traballamos no programa completo, que recordamos que inclúe o concerto de Mikel Erentxun o 15 de agosto”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
“Viveiro Canta” propón un karaoke no que poden participar persoas de todas as idades. O concurso celebrarase o luns 8 de agosto na Praza Maior de...
leer másO Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.
O concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.
O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical.
“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
El ribadense Guillermo Cruzado Martín dará su tercer concierto de piano en Ribadeo el próximo 24 de julio a las nueve de la noche en el auditorio municipal Hernán Naval.
El pianista comenta que “para mi es siempre emocionante tocar en Ribadeo, además de suponerme un reto, tanto a nivel personal como profesional. Estoy deseando que la gente venga a escucharme y de disfrutar juntos de la música”.
Guillermo Cruzado interpretará obras de conocidos compositores como Beethoven, Ravel o Liszt, entre otros: “es un concierto de piano clásico romántico y español, va haber una sonata de Beethoven Los Adioses, música romántica de Chopin, música española también como El Pelele de las Goyescas de Granados. El motivo de este recital gira alrededor de la expresión musical de la despedida, y a través del retrato sonoro realizado...
leer másDesde a organización sinalan que “o próximo día 30 de xullo volveremos ter unha cita nos Xardíns de Viveiro para disfrutar de balde dalgúns dos mellores artistas de electrónica e urbano”.
O cartel estará formado por Mark Broom, Bárbara Lago, Chica Gang, Drea, Karras Martínez, Soffmm, Adrián Roma, Llonas, Edmuk JP
E explican: “despois da paraxe provocada polo COVID-19, a 5ª edición do festival de música eletrónica ETHER - An Electronic Odyssey será nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro no día 30 de xullo. A localización do festival terá lugar nun enclave único: entre a histórica Porta de Carlos V e a beleza da ría de Viveiro. O festival será gratuíto e os asistentes poderán desfrutar dos DJ sets a partir das 13:00. Se isto non fora suficiente, en Viveiro e a súa contorna hai extensas praias e montañas para os...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia de Burela organiza un obradoiro de iniciación á regueifa aberto ao público en xeral.
A actividade desenvolverase desde o 11/12 de xullo ata o 27/28 de agosto e será impartida por Cristian Gómez Mesa, a través do proxecto Non perdas o norte. O horario está por determinar, dependendo do interese das persoas participantes, pero en principio haberá un grupo de mañá e outro de tarde. O custe é de 15 euros para soci@s e 20€ para non soci@s.
As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 616 99 50 97 e 617 31 30 70 ou en lediciascr@gmail.com.