Música
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este venres, día 24 de agosto, o seu tradicional concerto de bandas sonoras de películas. Será ás 22:00 horas e cambiará a súa localización habitual para a escalinata do Concello.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, conta que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa serie de concertos de verán, e volvemos facer o concerto de música de cine que vai ser este venres, 24 de agosto, ás dez da noite. Este ano, como novidade, imos cambiar a ubicación, vai ser tamén no parque San Francisco, pero nas escalinatas do Concello”.
David Ballester considera que “vai ser un lugar moi bonito para celebrar o concerto, no que tocaremos pezas de películas moi coñecidas por grandes, medianos e pequenos, por toda a xente, coa súa proxección...
leer másO 7 de setembro na praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, celebrarase a terceira edición do Festival Músico-Vocal Arcadio Mon.
Dará comezo ás 20:30 horas e actuarán Toni Cazás, Marga Gutiérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido.
Tamén se desenvolverá o terceiro certame para Novos Talentos Musicais, no que poden participar todos os rapaces e rapazas de menos de 20 anos, tanto cantando como interpretando algún instrumento musical. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, e premios de 300 euros para o primeiro, 200 euros para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Os/as interesados/as poden inscribirse a través do correo electrónico peinoster@gmail.com ou no teléfono 619 389 997.
O autor do cartel anunciador deste festival é o...
leer másO concerto que A Banda da Loba ofrecerá o vindeiro domingo, 19 de agosto, no Eido Dourado servirá como despedida deste espazo, que pecha as súas portas tras dez anos dun proxecto dedicado ao arte e situado na praia barreirense de A Pasada. Acaba o ciclo de concertos Sons no solpor e péchase o Eido Dourado, que durante dez veráns acolleu infinidade de actuacións musicais, recitais de poesía, visitas guiadas e talleres para nenos e nenas, entre outras actividades. O artista Celso Dourado asegura que o espírito do Eido Dourado seguirá, pero fora de Barreiros.
Dourado anunciou que “neste concerto de despedida do Eido Dourado imos contar cun grupo ao que lle teño moito cariño. É un grupo, de nome A Banda da Loba, de música galega e integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias para crear un proxecto común. Mesturan o pop, o...
leer másO Eido Dourado acollerá este domingo, 12 de agosto, un novo concerto do ciclo musical Sons no solpor, que correrá a cargo da cantante galego-suiza Nastasia Zürcher. Será a partires das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros.
O artista barreirense Celso Dourado anunciou: “contaremos coa presenza de Nastasia Zürcher, é unha vella coñecida, xa actuou hai dous ou tres anos, cando iniciaba a súa carreira aquí. Ela viña de Suiza, xa tiña suficientes táboas e por circunstancias trasladouse a vivir a Galicia”.
Celso Dourado explicou que “é unha cantante nada en Xenebra no ano 1988. É unha compositora galego-suiza e está galardoada cun sinfín xa de premios pese á súa xuventude, como poden ser no Galician Music e nos Martin Códax, como cantante revelación no ano 2016. Actuou nun...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos de verán. Esta semana que vén será axetreada xa que o día 16 de agosto, como é tradicional, a Banda Municipal celebrará San Roque cun concerto á unha e media do mediodía xusto a carón da capela de San Roque, no que interpretaremos un repertorio variado”.
David Ballester engade que “o día 17 de agosto, debido...
leer másAs formacións musicais ribadenses A Gramola e Calabash volven ensaiar, despois duns anos de inactividade, para reaparecer nun concerto conxunto que ofrecerán este venres, día 10, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo con entrada gratuíta.
O músico ribadense Marcos Rodríguez, que é a cabeza visible desta iniciativa, explicou: “para nós, refírome a Olalla Canoura López, profesora de violín nas escolas municipais de música de Ribadeo e de Burela, e para min, que son o profesor de percusión na escola de Ribadeo, é un pracer volver reunir a xente con dous proxectos que tíñamos parados. Un deles é Calabash, un grupo de percusión de Ribadeo que levaba tres anos sen actuar, xa que debido ao relevo xeracional tivemos que esperar uns anos e agora temos uns rapaciños que xa poden animarnos un pouco a tarde, como veremos este venres. E por outro...
leer másO trío de pandereteiras Tanxugueiras actuará o vindeiro domingo, 5 de agosto, no Eido Dourado, en Barreiros, a partir das 22:30 horas. O artista barreirense Celso Dourado subliña que estamos diante dun grupo extrovertido e orixinal, procedente de Teo e do Barbanza, que recolle a música popular e as tradicións das súas aboas.
Celso Dourado explicou que “este vai ser o terceiro concerto se o tempo nos axuda, esperemos que si. Os dous anteriores foron tremendamente concorridos e esperamos que este non deixe de selo. Nesta data do 5 de agosto, o vindeiro domingo, a partir das dez e media da noite, contaremos coa presenza das Tanxugueiras. É un trío que xa pretendemos traelo o ano anterior, pero por circunstancias de axenda non puideron vir”.
Dourado contou que “este trío está composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e...
leer másA Sala Bahía acollerá este sábado, día 4, ás 19:30 horas a XXXIII edición do Encontro de Corais Galaico Astur. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz e conta coa colaboración do Concello focense e da Deputación Provincial de Lugo.
En representación de Asturias estarán as corais de Porceyo (Gijón) e Tineo, mentres que de Galicia actuarán as de Berres, no municipio pontevedrés de A Estrada, e a de Foz.
El ribadense Guillermo Cruzado ofrecerá un concierto de piano el próximo jueves, 2 de agosto, en el auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo. Será a partir de las 21:00 horas y el programa estará compuesto por temas de Beethoven, Chopin, Shubert y Albéniz. Guillermo Cruzado anima a asistir al que será su segundo concierto en la localidad y asegura que la experiencia del primero fue muy buena.
Guillermo Cruzado comenta que “va a ser un concierto de música clásica de piano y va a ser un programa clásico y romántico. La primera parte voy a interpretar tres estudios virtuosos de Chopin, una sonata de Beethowen y la segunda parte del concierto va a ser un programa romántico, voy a tocar un impromptu de Schubert, una polonesa militar de Chopin y Cádiz, una canción española de Albéniz”.
Y añade que “después de todo un...
leer más