Música

Etiquetas:
28/07/2023

Mañá, sábado 29 de xullo, celebrarase en Ribadeo a XXVII edición do Festival de Bandas, no que actuarán as formacións de Vilalba e a ribadense. 

A partir das sete da tarde as dúas bandas farán un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco; e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as formacións ofrecerán primeiro unha actuación individual e despois tocarán unhas pezas as dúas xuntas.

 

Etiquetas:
24/07/2023

A festa da Romaxe Viquinga de O Vicedo presenta na súa sexta edición, entre outras actividades, catro concertos durante os días 28 e 29 de xullo. A cabeza de cartel será o grupo Aileach, chegado directamente dende Irlanda. O cuarteto actuará ás 19 horas o sábado 29.

Esa mesma xornada o evento contará tamén coa actuación de Covagueira ás 21 horas, unha banda galega de folk que xurdiu no 2015 e con Queiman Folki ás 23 horas, que se autodefinen como moito máis que unha actuación musical. Insisten en que son espectáculo, teatro, música e baile que contan unha historia. 

Antes, o venres 28 está prevista unha importante cita musical co grupo O son de sor, dende 1990 difundindo a música tradicional galega. Esta actuación terá lugar ás 21 horas. 

 

21/07/2023

Desde o 21 de xullo e ata o 18 de agosto, Mondoñedo acollerá sete diferentes concertos e eventos musicais de balde por diferentes localización do pobo. O festival está organizado polo Concello de Mondoñedo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

O Merlín Fest arrinca o 21 de xullo cun concerto do Trío Somoza na Praza da Catedral ás 23 horas, que versionarán cancións dos anos 70, 80 e 90. Seguidamente, o domingo 23 será o concerto de Skadelos  ás 13 horas na Praza do Concello, que amenizará a sesión vermú.

O martes, 25 de xullo, terá lugar a noite folk, cun concerto de Owl Light e Xógara ás 21.30 nos Muíños. Este grupo caracterizase por un estilo de música singular: o folk anglo-galés-galego. O 30 de xullo os asistentes poderán desfrutar de algo totalmente distinto: música urbana e trap da man de Amorodo. Este...

leer más
Etiquetas:
20/07/2023

Ribadeo acollerá os días 22 e 23 de xullo o Vendaval Fest. Na presentación do evento participaron o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.  

O rexedor dixo que “durante esta fin de semana Ribadeo vai celebrar o Vendaval Fest, un festival de nova creación. Ribadeo quere apostar polos festivais. Temos moitos e un dos máis importantes é o Vendaval Fest. Dende o Concello e a Xunta de Galicia queremos colaborar con eles e tamén agradecemos as colaboracións da Deputación Provincial e de todas as entidades privadas que queren apoiar a este grupo de rapaces”.

Vega lembrou que “nós dende o comezo quixemos colaborar con eles e quixemos apostar claramente por un festival que cremos que está moi ben organizado e que vai atraer moita xente a Ribadeo. Estamos diante dunha fin...

leer más
Etiquetas:
19/07/2023

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo, martes, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao Teatro.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.

Festival de bandas ribadense o día 29

David Ballester tamén comentou que este sábado, 22 de xullo, a Banda de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebra en Meira. E ademais adiantou que o sábado 29 de xullo terá lugar o festival de bandas ribadense, no que participará a de Vilalba xunto coa local. “Ás sete da tarde faremos un...

leer más
Etiquetas:
11/07/2023

Este mércores, día 12, a partir das 22.00 horas no Campo da Cabana poderemos desfrutar da mellor música galega no festival Coa nosa fala, organizado polo Concello de Foz e no que actuarán o grupo Abril e Catuxa Salom.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a nosa fala é a lingua, pero tamén a música. Este festival, creado por Arcadio Mon, busca a exaltación da música galega e en galego. Nesta edición ademais a nosa fala é feminina, e en todos os sentidos, xa que as artistas que nos deleitarán son mulleres que representan a xuventude e a forza”.

“Comezamos a programación das festas co Carme con este festival que quere ser un escaparate para grupos locais e emerxentes e tamén unha reivindicación de que temos moi cerca profesionais de gran talento”, comenta Inés López Couto.

... leer más
Etiquetas:
30/06/2023

Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2023/2024 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.

No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.

 

Etiquetas:
29/06/2023

Do 30 de xuño ao 2 de xullo terá lugar en Burela o primeiro campamento musical, que organizan Asuembu e o Concello. Está dirixido a nenas e nenos a partir de 8 anos. 

O concelleiro de Educación e Escola de Música, Mario Pillado, sinalou que “a parte das actividades programadas para os participantes do campamento musical, estes poderán desfrutar o sábado pola tarde do concerto do grupo Música e Memes, formado por unha parte do profesorado. Logo o domingo será a quenda do alumnado no concerto do domingo, onde poderán mostrar parte do aprendido durante a fin de semana. Este tipo de actividades cremos que son de total proveito e trasladan o noso desexo de apostar pola cultura popular”.

O venres, 30 de xuño, haberá unha recepción ao alumnado e ás familias no Ceip Virxe do Carme ás tres da tarde e despois práctica...

leer más
Etiquetas:
29/06/2023

O grupo musical A Trova Coruñesa, do que forma parte o percusionista ribadense Chenchu López, actuará dentro da programación do Ribadeo Indiano o 8 de xullo, sábado, ás 14:00 horas no escenario principal do evento, instalado no barrio de San Roque.

O director e batería do grupo, o cubano Tony González, explica que neste concerto van ofrecer varios temas do seu novo repertorio “basado en grandes éxitos de los años 70 y 80, cuando triunfaron canciones de toda la vida. Tenemos un repertorio bastante amplio, con muchas baladas, boleros y son, sobre todo. En este caso utilizaremos mucho el son para representar la época que se recuerda en el Ribadeo Indiano”.

Entre os temas que interpretarán en Ribadeo están “El viejo roble, que fue un éxito tremendo; Veinte años, que es un son muy tradicional; y otros como Tres...

leer más
Etiquetas:
28/06/2023

Mañá, 29 de xuño, terá lugar un encontro orquestral no que participarán as Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Ribadeo, Xove e Forte Glissando, de Lugo.

O responsable da escola ribadense, Hugo García, lembrou que “esta iniciativa que leva xa anos en marcha, tivera que suspenderse coa pandemia, pero decidiuse retomala neste curso”.

García explicou que “o alumnado participante desfrutará dunha xornada de convivencia, na que ademais dos ensaios e concerto xa programados, realizarán unha visita guiada polo casco histórico de Ribadeo entre outras actividades. O que se busca con estas accións é fomentar as relacións entre os centros educativos e enriquecer a formación do alumnado”.

E engadiu que “como peche desta xornada, a agrupación que se forme dará un concerto ás 19:00 horas no Teatro...

leer más