Eventos
O Concello de Cervo instala unha carpa na Praza do Souto e outra na Praza dos Campos para acoller os eventos culturais dos meses de novembro, decembro e xaneiro.
Para esta fin de semana as carpas acollerán a programación pertencente ao Samaín 2021, que mañá sábado contará cun contacontos na Praza do Souto ás 12:30H e unha Festa infantil de Samaín na Praza dos Campos de 17H a 20H. Ademais, para hoxe hai sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:00H coa película “Monster House”; e o domingo temos de novo sesión de cine na Casa da Cultura ás 20:30H co filme “La purga: la noche de las bestias” e a festa de Samaín 2021 na Sala de Exposicións do Complexo Histórico-Artístico de Sargadelos de 17:30H a 21H a cargo da Asociación A Fervenza de Sargadelos.
Durante os meses de novembro, decembro e xaneiro as carpas serán o lugar...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo contará con credenciais para os peregrinos que realicen o Camiño do Mar e con selo propio para a credencial. Esta é a primeira das accións que a entidade pon en marcha tras a presentación da súa marca para potenciar o camiño.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, anunciou que dende hoxe, venres, a oficina do colectivo empresarial ribadense “será punto de entrega de credenciais aos peregrinos que queiran facer o Camiño do Mar. Se o Camiño do Mar sae de Ribadeo, Ribadeo ten que ter un punto onde dar as credenciais para facelo; e dende hoxe ese novo punto somos nós. Ademais farémoslle entrega a unha parte dos nosos asociados dun selo exclusivo de ACISA Ribadeo para que poidan selar a credencial de quen saia de Ribadeo para facer esta ruta xacobea ou de...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de iniciar unha colaboración co maiorista receptivo Viajes Interrías, empresa galega con máis de 30 anos de experiencia, especializado en España, Portugal, Lourdes e Andorra. Esta acción é o resultado do traballo realizado por parte do xeodestino e os Concellos asistindo a feiras profesionais de turismo coma FITUR.
Fai uns días o presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, e o director comercial de Viajes Interrías, Fabián Buezas, xunto a técnicos de ambos entes mantiñan unha reunión de traballo no CENIMA en Foz. Entre outras cuestións, revisaron o díptico no que o maiorista receptivo traballou da man da Mancomunidade e que porá a disposición de máis de 8.500 axencias de viaxes en toda a península. Deste xeito o territorio mariñán comezará a ser unha opción a ofrecer por parte destas...
leer másO Concello de Viveiro invita á cidadanía a gozar mañá, 29 de outubro, e este sábado, día 30, da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro.
As rúas contarán con amenización musical e repartiranse caramelos, cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, para os cativos e cativas que acudan disfrazados aos comercios asociados.
O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o día 6 de novembro, sábado.
O programa de actividades ábrese ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde ás 10:00 horas comezará a andaina, que se fará por unha ruta que ten unha distancia de 9,1 quilómetros. Ao remate, que está previsto para as 13:30 horas, recollerase ao sendeiristas en autobuses para trasladalos á Praza dos Fornos onde a partir das 14:00 horas haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo é de 5 euros por participante e a data límite para inscribirse é o 2 de novembro.
No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro, sábado, o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.
Entre as actividades previstas para Samaín a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza uns obradoiros, nos que se decorarán cabazas, haberá manualidades, etcétera. Comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.
Pola tarde, de 17 a 20 horas, con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a Festa do Terror, “con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terrorificamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado.
Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que son de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos”, explica a organización...
A Praza do Concello de Mondoñedo acollerá un magosto tradicional o 6 de novembro, sábado.
As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica, ás 19:00 horas haberá pasarrúas de Samaín acompañados da AC Os Foles. E ás 20:00 horas celebrarase un magosto tradicional coa música de AC Os Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.
Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación cultural O Pasatempo en colaboración co Concello de Mondoñedo e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 29 ao 31 de outubro e do 12 ao 14 de novembro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral.
As III Xornadas de Portas Abertas discorrerán por parte dos 6 itinerarios turísticos propostos que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense e inauguraranse o 29 de outubro na Pontenova no taller de Rodil, ferreiro participante deste municipio, cunha visita guiada da man do técnico de turismo municipal Carlos Morado. As...
leer másAcisa presenta de forma oficial a súa nova marca de promoción turística Ribadeo Porta do Camiño Norte coa que o colectivo pretende potenciar a vila como punto de partida e de paso do Camiño de Santiago e baixo a que prevé realizar diversas actuacións.
Francisco Iriarte, presidente de Acisa, explicou que “hoxe presentamos Ribadeo Porta do Camiño Norte, a nova marca turística rexistrada e propiedade de Acisa, coa que pretendemos levar a cabo diversas actividades para promocionar Ribadeo como vila destacada do paso do Camiño de Santiago. Quero agradecer ademais a compañía de Manuel Vicente, presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, xa que esta marca tamén ira moi ligada á promoción desta ruta, xa que Ribadeo é porta de entrada do Camiño Norte, pero tamén é punto de partida e de regreso do Camiño do Mar”.
O...
leer másA asociación Fervenza de Sargadelos organiza varias actividades para celebrar o Samaín este domingo, día 31 de outubro. Desenvolveranse na sala de exposicións do complexo histórico-artístico de Sargadelos, no municipio de Cervo.
O programa de actividades comeza ás 17:30 horas coa apertura de portas. Media hora despois haberá o obradoiro Crea o teu teatriño, con prazas limitadas e as inscricións poden facerse ata o 29 de outubro en fervenzadesargadelos@gmail.com. As crianzas menores de 7 anos deberán estar acompañadas, obrigatoriamente, por unha persoa adulta.
Para as 19:30 horas está programado o contacontos Xogando con sombras e media hora despois haberá chocolatada na Sacabeira. Ás 20:30 horas terá lugar a Estantiga das ánimas, que é un desfile polas ruínas da...
leer más