Eventos
O Concello de Viveiro presentou a súa programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro, que se realizará no Teatro Pastor Díaz. A programación para este outono inclúe distintas disciplinas artísticas con espectáculos de teatro, de maxia e concertos, con opcións para público adulto, adolescente e infantil.
A primeira función deste programa será este sábado 16 de outubro ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Olvida los Tambores”, do grupo de teatro “Andanzas de Viveiro”. Entre os espectáculos ofrecidos destaca a actuación da Banda Municipal de Viveiro, que regresará a actuar no teatro tras a pandemia, e o espectáculo “Porvenir” da compañía Impromadrid, que tivo un gran éxito a nivel nacional e que recalará en Viveiro o 27 de novembro.
A programación inclúe un espectáculo cada sábado dos meses de...
leer másAta o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “un ano máis o Mercado de Nadal aporta por ser un espazo de oportunidade para as persoas e profesionais relacionadas coa artesanía, o deseño e a creación e tamén coas persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”.
O edil ribadense explicou que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro. Establécense varias categorías: persoas artesás, é dicir con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e de autoría propia; produtos de...
leer másA terceira andaina deste outono de A Mariña en Ruta percorrerá Burela o vindeiro sábado, día 16.
A ruta polo porto de Burela permitiralles aos asistentes viaxar no tempo ata a orixe prehistórica desta vila, que co paso dos séculos converteuse nun dos principais portos do Cantábrico. A bordo do barco museo Reina del Carmen coñecerán a pesca tradicional do bonito, un dos produtos gastronómicos mellor valorados en Galicia, así como as labores diarias dos mariñeiros durante as costeiras. Oficios como as redeiras e instalacións como os estaleiros e a lonxa son testemuñas vivas do carácter mariñeiro de Burela, un pobo cunha xeografía marcada pola rasa cantábrica e unha paisaxe esculpida con formación xeolóxicas tan singulares como a chamada Igrexa de Coedo. A ruta por Burela será guiada por Lidia de la Fuente. As prazas ofertadas son 25, e...
leer másA Concellería de Medio Ambiente e Urbaser colaboran no Día Internacional da Visión con Médicos Mundi nun proxecto de saúde visual para a prevención da cegueira. Do 14 ao 19 de outubro instalarán un stand en diversos puntos da vila para recoller aquelas gafas que a poboación xa non utilice e así darlles unha segunda vida.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “o que perseguimos é darlle unha segunda vida a aquelas gafas que xa non empregamos e que temos esquecidas en calquera caixón das nosas casas para darlles unha segunda vida axudando ás persoas que máis o necesitan”.
A concelleira burelesa lembrou que “segundo a Organización Mundial de la Salud, a OMS, hai 285 millóns de persoas con discapacidade visual, dos que 39 millóns son cegos, unha condición evitable no 80% dos casos. E hai 246 millóns de...
leer másO 23 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial.
Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no século XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.
Para asistir é necesaria inscrición previa no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.
A asociación O Noso Foz ten aberto o prazo de presentación de candidaturas para raíña ou rei do Entroido focense 2022 ata o día 29 de outubro.
É para maiores de 18 anos, que deben presentar no Concello a seguinte documentación: datos persoais, 2 ou máis fotos recentes e unha breve explicación de por que queren ser raíña ou rei e como lles gustaría que fora a súa carroza.
Co pregón que pronunciará Sonia Villapol arrincarán As San Lucas 2021 o vindeiro venres, 15 de outubro, en Mondoñedo.
Sábado 16. As 12.00 horas a Gran Final da XX Copa Galicia P.R.G. do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 13.00 horas celebrarase unha exhibición de doma de Alta Escola dos Cabalos de Pura Raza Galega. Ás 17.30 horas terá lugar o encontro folclórico nesta ocasión coas bandas de gaitas La Reina del Truebano e El Enxambre de asturianas, o Ardo da Vella de San Miguel; e Toxos e Froles de Ferrol. Pola noite, ás 21.00 horas será o concerto de Roi Casal e tamén a actuación ás 22:15 horas, na Alameda, de Tania Veiras Grupo, quen estará tamén o domingo ao mediodía no mesmo recinto.
Domingo 17. Haberá varios actos culturais e literarios, con homenaxes ante ao mauselo de Manuel...
leer másConcertos, teatro, monicreques e exposicións conforman a axenda cultural do último trimestre do ano en Ribadeo, que presentou a concelleira Pilar Otero.
A edil de Cultura lembrou que “comezabamos o mes de outubro coa 18 edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. É esta unha vertente do traballo teatral moi importante non só desde o punto de vista artístico, tamén pola dinámica social que se crea arredor destas formacións teatrais. A través do ciclo Argalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo actuará tamén neste trimestre Teatro Curuxán, de Lugo”.
Pilar Otero contou que “canto ao teatro profesional este ano Ribadeo recunca no programa Platea. A través del teremos ocasión xa de ver este sábado ás 20.00 horas no auditorio municipal Intocables, de Adosado Teatroa e Pentación. Ademais a...
leer másO recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 10 de outubro, concursos morfolóxicos, exposición e carreiras de cabalos de pura raza galega. Estas actividades están organizadas polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA).
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que “este domingo, 10 de outubro, o Concello de Lourenzá e PURAGA van celebrar no recinto feiral o primeiro concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega e tamén unha exposición cabalar. Ademais do concurso de cabalos, eguas e poldros, haberá carreiras de cabalos do país de andadura serrada e chapeada. Esta xornada estará animada polo grupo de música tradicional Souto Xímaro e tamén se poderá degustar o polbo nas dependencias da feira laurentina”.
A...
leer másO Concello de Xove, en colaboración coa ACIAM, organiza a Xolda de Outono o vindeiro sábado, 9 de outubro, na praza do Concello dende as 11:00 horas.
O programa comezará coa exposición/mercado do comercio local de Xove. Ás 13:00 horas, haberá sesión vermú coa asociación cultural de baile Saiñas de Xove. Ás 20:00 horas, actuará o grupo Vivarium. Ademais haberá inchables para nenos/as e obradoiro premium de tatoos, entre 12:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Concello de Xove.
Tamén haberá comida e cea con pulpería Mario de Viveiro na carpa na praza do Concello de Xove.