Eventos
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparados e confirmados varios actos para conmemorar o Día da eliminación da violencia contra a muller.
O luns 22 de novembro haberá o taller “Violencia de Xénero no novo contexto dixital”,actividade concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade e organizada pola Concellería Municipal de Igualdade en colaboración co IES Illa de Sarón, dirixida ao alumnado de Secundaria deste centro de ensino.
O 25 de novembro, xoves, presentarase o Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero do Concello de Xove e o Calendario 2022 Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, deseñado polos rapaces e rapazas participantes no taller de igualdade realizado no verán na OMIX.
E o sábado 27 de novembro celebrarase a entrega de premios do “I Concurso Tiktok pola...
A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou no Pazo de San Marcos a campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguaisque lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que é un programa de actividades reivindicativas que se prolongará durante toda a vindeira semana.
A titular de Muller e Igualdade detallou que a Deputación pon en marcha esta campaña paravisibilizaresta lacra social co obxectivo de combatela entre o conxunto da sociedade da provincia. “A loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal na acción deste Goberno. Unha boa mostra é que temos unha área específica de Muller e Igualdade porque cremos que aínda queda moito traballo por facer”, recalcou a Deputada....
leer másA campaña do 25N deste ano do Concello de Ribadeo foi deseñada dentro da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Está centrada na mocidade e protagonizada polos centros de ensino. Denomínase Calar non é amar. Ti, dona de ti e foi presentada no salón de plenos.O resultado do traballo realizado polo estudantado ribadense darase a coñecer o vindeiro xoves, 25 de novembro, ás oito da tarde no Cine Teatro. Mariluz Álvarez, a concelleira de Igualdade, convida á veciñanza a asistir a este acto.
A edil ribadense dixo que “dende a Concellaría de Igualdade presentamos a campaña deste ano do 25 de novembro, que foi deseñada dentro da Mesa Institucional contra a Violencia de Xénero. Esta vez céntrase na mocidade, protagonista proactiva en contra da violencia de xénero. O lema deste ano é Calar non é amar. Ti dona de ti. Queremos recordar...
leer másUn ano máis o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero por medio de actividades e actos institucionais para visibilizar e loitar contra a lacra que é a violencia contra a muller, máxima expresión da desigualdade de xénero.
Os actos centrais terán lugar o xoves 25 de novembro, de 11.00 a 12.30 horas. Durante ese tempo haberá un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática e se imporá o lazo morado. Estes materiais son tanto de edición propia do Concello como facilitados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio. Para esta data está prevista a...
leer másA asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz.
A xornada estará chea de actividades dende o mediodía, no que as charangas comezarán a animar as rúas ata a hora do xantar, para o que a ACIA local e os hostaleiros se prestaron á elaboración de menús para que o Entroido estea presente en toda a vila. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “darlle as grazas ao comercio e hostalería focense, por prestarse sempre a colaborar e atender as nosas propostas. Neste caso os menús carnavaleiros estarán presentes no Chícaro, Xoyma, Tangarte, Portochico, O Rincón do Mis, Dandy, As Brasas, O Lar e Casa Damián.”
Ás 17 horas retomarase de novo a música polas rúas e na carpa instalada na praza Conde de Fontao, tamén ás...
leer másBurela celebra o Día da Infancia o 20 de novembro da man do grupo de participación adolescente. Será a primeira actividade a desenvolver para darse a coñecer e reivindicar o seu desexo de formar parte activa da vila.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “temos un grupo de case corenta rapaces e rapazas moi involucrados e con moitas ganas de axudar a mellorar a súa vila. É moi interesante escoitalos e telos en conta para tomar decisións que lles afectan directamente. Eles van a aprender, pero nós sen dúbida tamén”.
Adolescentes e nenos e nenas están convidados o sábado a celebrar o seu dia. A primeira hora da tarde percorrerán a vila. A denominada Mani-Festi-Acción será de 17 a 18 horas. Con saída da cafetería Vista Alegre e primeira parada no Campón con lectura de manifesto, a segunda...
leer másO Concello de Viveiro informa que dende este xoves, 18 de novembro, o mercado semanal de alimentación volverá a celebrarse na Praza Maior. Así mesmo, dende o domingo 21 de novembro, no mercado quincenal da Variante poderán colocarse a totalidade dos postos.
O goberno municipal adopta esta decisión en virtude do establecido na Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica, e na resolución do 21 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de outubro de 2021, no que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia.
Cómpre lembrar que o mercado semanal foi trasladado aos Xardíns Noriega...
leer másAberto o prazo de inscrición para realizar unha nova visita guiada do Concello de Alfoz. As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.
Desde o Concello explican “o sábado, 20 de novembro, ás 16:00 horas partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa. Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos”.
E sinalan “no caso de Sta. María, construída na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerado un dos mellores exemplos do barroco galego. A Capela do Santiago destaca polas...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense segue a traballar na promoción do Turismo Slow Norte de Galicia baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia para o xeodestino. E faino coa visita á comarca dun coñecido blogger e cunha xornada de traballo en aloxamentos de Alfoz, Foz e Mondoñedo, entre outras accións.
Segundo explica a Axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Tania Hermida, “dentro das accións para este ano do Turismo Slow Norte de Galicia, estamos promocionando o proxecto coa visita dun coñecido blogger ao destino, Alvientooo, que estivo esta fin de semana coñecendo algún dos aloxamentos, recursos e actividades do produto turístico, ademais de facer a Ruta de Santo Estevo do Ermo, paraxe natural de Barreiros, guiada por Sofía López e organizada dentro do programa de rutas de...
leer másOs traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.
Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado, tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida, tarefas que supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda de O Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada de Vegadeo, preto da Casa das Algas”.
... leer más