Eventos
10/11/2016
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 14, 15 e 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, consistente nun concerto e en dous recitais poéticos que se celebrarán no salón de exposicións do CENIMA de Foz a partir das 20:30.
O programa de actos é o que segue:
O luns, 14 de novembro, ás 20:30 horas no salón de exposicións do CENIMA de Foz concerto de rock a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentaran o seu disco “ A voz do vento”, sobre poemas do poeta chairego Manuel María.
O martes, día 15, ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos...
leer más 08/11/2016
O Concello organiza para este venres, día 11, a 2ª Festa da Castaña coa colaboración de Asadores de Burela. A xornada dará comezo ás 16:30 horas cun obradoiro infantil de repostería, ás 19:00 horas será o magosto popular e ás 19:30 horas haberá baile tradicional con Cantareiras e Gaiteiros das agrupacións Arume e Ledicia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes celebramos aquí en Burela la segunda Festa da Castaña. Este año decidimos repetirlo porque el año pasado fue la primera vez que se hizo, fue un poco improvisado, en el último momento casi lo organizamos, para que alguna familia se acercara a ese reparto de castañas en el que colaboraron la Asociación Asadores de Burela y Ledicia. Lo hicimos así pensando que vendrían pocas familias, pero la verdad es que fue en la praza da Mariña y hubo...
leer más 06/11/2016
O vindeiro sábado, 12 de novembro, celébrase o III Mercado de Outono polas rúas de Ferreira con pasarrúas, tapeo e moitas outras actividades.
Nesta ocasión, o mercado vai durar durante toda da xornada no que se poñerán postos de produtos estacionais e postos de artesanía variada.
Pola tarde, a partires das 16:00 horas haberá numerosos xogos populares e tradicionais que se van desenrolar no aparcadoiro municipal da Avenida da Veiga. Estes xogos están orientados para un público un pouco máis infantil e xuvenil.
Ao rematar o mercado comezará unha ruta de tapeo con produtos de tempada amenizada por grupos de cantos de taberna que percorrerán os 12 locais participantes. Tamén na hostalería, contarán...
leer más 02/11/2016
La segunda mesa redonda de las Jornadas de Comunicación, Gastronomía y Promoción del Turismo en el Litoral de Lugo, promovidas por la Federación de Comercio A Mariña, se celebrará el día 12 de este mes, sábado, a partir de las ocho de la tarde en el salón multiusos del Concello de Viveiro con entrada libre y gratuita. Participarán los periodistas David del Cura, de Onda Cero; Javier Cancho, de la Televisión del Principado de Asturias; y José Manuel García, de la Radio Galega. Además los días 11 y 12 habrá degustación de mejillones en doce establecimientos hosteleros asociados al Centro Comercial Histórico de Viveiro.
El presidente de la Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas, manifestó: “quérolle en principio dar as grazas a Faro Norte e ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro...
leer más 02/11/2016
O 13 de novembro, domingo, terá lugar unha nova edición do rastrillo popular, que organiza o Concello burelés. A inscrición para participar está aberta desde hoxe, segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista contou que “desde hoxe, 2 de novembro, queda aberta a inscrición para participar no novo rastrillo popular na praza da Mariña, como de costume. Se o tempo non acompañase iriámonos á praza de abastos para estar a cuberto”.
José Díaz dixo que “isto é parte dese proxecto que temos entre a xente que está a participar sempre nesta cita, como vendedores, nestes rastrillos benéficos e o Concello. Entre todos decidimos darlle continuidade e desde o equipo de goberno apostamos por facer unha edición mensual, que...
leer más 31/10/2016
A asociación Nordés Faladora organiza para o 5 de novembro unha visita guiada a Lugo centrada no patrimonio romano e prerromano da cidade.
Esta visita percorrerá lugares tan interesantes como a Casa dos Mosaicos, o Museo Provincial, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus Mitreo tendo como guía á Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.
O transporte será en autobús desde O Barqueiro ou O Vicedo. O prezo é de 20 euros por persoa, 15 euros para os asociados, incluído o xantar. O número de prazas é de 25 polo que se atenderá a inscrición por orde temporal e pode facerse a través do enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com, do facebook de Nordés...
leer más 30/10/2016
“Un día para nosotras”, es una jornada convivencia de pacientes y cena solidaria, con la recaudación íntegra para la Asociación Española Contra el Cáncer.
Médicos y medicinas, consultas y pruebas, altibajos anímicos..., marcan el guion existencial del paciente de cáncer y de quien los quiere, en una carrera de fondo contra una enfermedad curable. Hay vida más allá de un tumor, y el camino puede ser más llevadero. Sonreír es un aliento de esperanza e ilusión. Por y para eso, nace "Un día para nosotras", una iniciativa altruista y solidaria.
Se celebrará el próximo día 19 de noviembre, sábado, en Viveiro, en O Val do Naseiro. Una propuesta lúdica y formativa para ellas y una cena-...
leer más 29/10/2016
Durante a fin de semana estase a celebrar un obradoiro de obxecto de Samaín para nenos e nenas de educación infantil e primaria e estanse a preparar as cabazas para adornar as rúas.
O desfile do Samaín, que se ven celebrando desde hai 14 anos, terá lugar o 31 de outubro a partir das 20 horas con saída e regreso da Casa da Cultura. Ao final haberá unha merenda para os asistentes.
Para desfilar é preciso levan unha sabana branca ou unha camiseta branca moi longa. E cada participante debe levar unha cabaza da casa.
A actividade está organizada polo Concello e pola Anpa de O Vicedo.
28/10/2016
A Concellaría de Desenvolvemento Local abriu o prazo de inscrición na XIV edición do Mercado de Nadal, que terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 10 de novembro.
A edil nacionalista Ana Martínez dixo que “dende o Concello de Ribadeo, dentro da dinamización non soamente turística senón tamén nun espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, para os novos creadores e creadoras que se moven dentro do mundo da artesanía e da creatividade, seguimos apostando polo xa tradicional Mercado de Nadal que con esta son catorce as edicións que durante a ponte do mes de decembro en Ribadeo se dispón para que toda esta xente poida presentar, vender e dar a coñecer o seu traballo”.
27/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín os días 29 e 31 de outubro e 1 de novembro.
Este sábado, 29 de outubro, ás catro da tarde haberá un taller de cociña infantil na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste mesmo lugar o luns 31 a partir das 18 horas celebrarase unha festa infantil. E o día 1 de novembro, martes, terá lugar na biblioteca de Cervo un taller de manualidades ás catro da tarde. Para participar nos talleres hai que apuntarse contactando co teléfono 691.65.66.00.
Ademais a asociación protectora de animais Coletiñas organiza unha festa de halloween para recadar fondos mañá, venres, a partir das 23 horas na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste evento colabora o Concello de Cervo.
... leer más











