Eventos
A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.
A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.
A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.
Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de...
A Librería Bahía de Foz organiza este xoves, 5 de xullo, un encontro artístico literario entorno aos relatos de Lola Illamel publicados no libro Donde no me esperas.
A actividade dará comezo ás 20:30 horas e nela participarán coas lecturas dos textos de Lola Illamel: Mónica Amado, Ali Eldridge, Carlos Gallo, Ana Martín e Jacinta Martín. Ademais intervirán Felipe Sánchez coa música e Katova coa obra plástica.
Os relatos e a obra plástica combínanse neste encontro con música e lectura dramatizada. A serie plástica Donde no me esperas de Katova estivo exposta na Semana das Artes Plásticas da Mariña 2018.
O diálogo entre os textos de Lola Illamel, as obras de Katova e a música adéntranse nos labirintos das relación humanas. Trátase dun duelo entre dúas mulleres atadas polos vínculos dos...
leer másO Motoclub Al Corte organiza este fin de semana a XI edición da concentración moteira que terá lugar en Ribadeo.
O programa de actividades dá comezo na tarde do venres, 29 de xuño, ás 18:00 horas coa apertura de inscricións e caña de benvida, e ás 22:30 horas haberá unha churrascada na zona de concentración e festa con DJ.
O sábado, 30 de xuño, entre 9:00 e 10:30 horas será o almorzo en cafeterías, e ás 10:30 a apertura de inscricións. Ás 11:00 horas dará comezo unha ruta de montaña con pincheo, e ás 14:30 horas haberá unha gran pinchada na carpa da concentración. Pola tarde, ás 17:30 horas celebraranse xogos moteiros na zona de concentración, ás 21:30 horas terá lugar a cea moteira no Restaurante A Dorada, ás 0:00 horas comezará o desfile de antorchas polas rúas de Ribadeo, e ás 0:30 horas a festa con DJ na zona...
leer másMañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición.
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.
E engade: “desde...
leer másO Concello de Lourenzá organiza do 9 ao 30 de xullo uns obradoiros dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2010. Esta actividade titúlase Coñece o teu concello!
O edil de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o Concello de Lourenzá organiza durante o mes de xullo uns obradoiros dirixidos a nen@s nad@s entre os anos 2004 e 2010. Levan por título Coñece o teu concello! (Aprende xogando). O obxectivo destas actividades é que @s nen@s coñezan a historia e a cultura do concello dunha maneira divertida. As prazas son limitadas e concederanse por rigoroso orde de inscrición, que se poderá realizar nas oficinas da biblioteca municipal entre os días 2 e 6 de xullo”.
A Asociación Burela Castrexa, que desde este ano toma o relevo de Acia Burela na organización da Festa Castrexa de Burela, ven de presentar no Concello de Burela o programa completo de actividades desta sétima edición, que se celebrará en Burela entre o 6 e 7 de xullo.
Unha das principais novidades deste ano consiste en converter a Praza da Mariña nun Pobo Castrexo, coa recreación vivinte dun castro con personaxes e traballos reais da época, talleres artesanais, exposicións de pieis, armas e tamén cunha zona de xogos infantís.
O castro vivinte será un dos maiores reclamos para os visitantes, xunto co Desfile de Clans, que na noite do venres percorrerá as rúas de Burela desde a zona da gasolinera ata a Praza do Concello. Este ano auméntase o número de premios para as mellores caracterizacións no desfile, con...
leer másA axenda cultural do Concello de Ribadeo para o terceiro trimestre do ano comezará coa Feira do Libro, coas antevésperas e coas vésperas do Ribadeo Indiano. Ao longo destes tres meses terá lugar a XI edición de Mariñarte, o 8º curso de iniciación ao jazz, o SonRock, a proxección de Dhogs, e as actuacións que o Mago Antón ofrecerá en Cedofeita e en Ribadeo. Actividades para os nenos e nenas, exposicións e moita música completan a programación cultural presentada esta tarde no Concello.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “hai distintos xéneros e actividades. En artes plásticas vai haber unha exposición de Cris Andina no Forte de San Damián, que leva por título Outra pel, outro rostro, para que coñezamos un pouco máis o mundo da escena en Galicia. Toda unha serie de actores e actrices coñecidos por nós, pero desde a súa...
leer másNas últimas horas deuse a coñecer o programa completo do V Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Hoxe dan comezo as actividades das antevésperas, ás que seguirán as das vésperas os días 4 e 5 de xullo.
Dito programa é aínda máis amplo e variado que nas edicións anteriores, xa que por primeira vez conta con actos os días previos á celebración da festa indiana. Este mércores, 27 de xuño, inaugúrase unha exposición fotográfica na Oficina de Turismo e o sábado, día 29, no Cantón dos Moreno soará o “Son Galego, Son Cubano” de Roi Casal. Estas son as actividades das antevésperas.
Xa os días 4 e 5 de xullo están programadas unha conferencia e a proxección dun documental. O 4 ás 20:30 horas na Casa das Letras o investigador Martín Fernández Vizoso pronunciará unha charla sobre “Ribadeo Indiano, os nomes da...
leer más