Eventos
A festa de San Xoán en San Ciprián celebrarase o sábado, 23 de xuño, a partires das 19:30 horas.
Haberá xogos populares para nenos e maiores, e unha pancetada, chourizada e salchichada. Ás 00:30 horas terá lugar o sorteo dunha cesta de produtos típicos, e á 1:00 dará comezo o concerto de Mi rollo es el rock.
Instalarase un aparcamento no estanco da praia do Torno.
Organiza: A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo.
Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores.
E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. En caso de non haber suficiente xente...
leer másO 13 de xuño celébrase a Romaría do San Antonio da Rigueira. A Delegación de Turismo, Investigación Social e Muller do Concello de Xove traballa dende hai nove anos na recuperación da antiga romaría, acadando un maior número de romeiras e romeiros en cada edición, ata o punto de dar xa por consolidada a súa recuperación.
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira, onde recibirán a Ventura –insignia de ter completado o camiño- e a Azucena –flor de San Antonio-, deben anotarse no Concello antes do 8 de xuño. As inscricións poden facerse no número de teléfono 982 592 001 ou no correo electrónico lucia@xove.es
Haberá oito rutas habilitadas ao longo de todo o concello, aínda que a maioría dos romeiros/as escollen saír xuntos de Xove...
leer másO Pico da Frouxeira acollerá unha recreación histórica o día 8 deste mes, venres. O acto, que é para todos os públicos con entrada gratuíta, comezará ás 21 horas, pero o público debe estar no lugar con media hora de antelación como mínimo porque o acceso ao escenario da representación pecharase 30 minutos antes do inicio do evento. Titúlase A historia cobra vida na Frouxeira e está organizado polos concellos de Alfoz e Foz.
Ese mesmo día, pero ás 11 e media da mañá, na Frouxeira haberá outra recreación histórica, pero neste caso dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Alfoz e Foz.
Os organizadores explican que se trata dun acto dos concellos de Foz e Alfoz para a promoción da Frouxeira, iniciativa que se suma á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta...
leer másA Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes de Xove informa da apertura do prazo para solicitar autorización para todos aqueles que queiran facer a tradicional fogueira do San Xoán.
O prazo ábrese o próximo luns, 4 de xuño, e rematará 20 deste mes. A solicitude poderá facerse no departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.
E desde o Concello lembran que “non está demais recordar que, para facer a tradicional fogueira, non é válido o permiso de queima agrícola”.
O Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico de Sargadelos acollerá a súa primeira actividade o vindeiro sábado, 9 de xuño.
Trátase dunha xornada práctica que se vai desenvolver nas instalacións que foron adxudicadas semanas atrás á entidade Cabaliño de Pao. Espazo Natural, creada por un grupo de mozos amantes do mundo equino.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Emprego, Manuela Méndez, mantiveron un encontro cun dos responsables de Cabaliño de Pao, Raúl Fraga, coa directora de Aspanane, Elena Santos e cola Psicóloga desta entidade, Alicia Lage, para perfilar o evento.
En concreto neste recinto, que están rematando xa de adecuar para a realización de actividades de lecer con cabalos para toda clase de público e para a aplicación de distintas disciplinas de...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos mercados de O Cerdal e Valença do Minho. Será o día 10 de xuño, domingo.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe a comida e o prezo total é de 40 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
Este sábado, 2 de junio, celebra sus fiestas, en honor a San Antonio, el barrio de Fondrigo, en Vegadeo.
A las 13:00 horas habrá una misa de campaña y a continuación sesión vermouth con Disco Móvil Blanco y Negro.
A las 21:30 horas se celebrará una cena. El menú, consistente en churrasco, chorizo, postre, pan y bebida, será a 14 euros por persona. Después actuarán, en la fiesta-verbena, el Dúo Samba, Disco Móvil Blanco y Negro.
Organiza la comisión de fiestas de Vegadeo con la colaboración del Ayuntamiento de Vegadeo.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio explican que “con motivo da celebración do V Ribadeo Indiano os días 6, 7 e 8 de xullo ábrese o prazo para participar cun stand no Mercado Indiano, que terá lugar durante o sábado 7 de xullo. Esta cita constitúe un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S.XIX a principios do XX (produtos da horta chegados das Américas como pataca, pemento, tomate ou millo, doces e pasteis típicos da época, xoguetes, xeados, barquillos, froitas tropicais, chocolates e cacaos, roupa, tocados e camafeos, flores e plantas tropicais, decoración…). As bases e solicitude de inscrición pódense consultar en: http://ribadeo.sedelectronica.gal/
E engaden que “asemade o...
leer másA Escola Oficial de Idiomas de Viveiro acolle este xoves, 31 de maio, un acto aberto que contará coa presenza da escritora Luz Pozo Garza. Dará comezo ás 19:00 horas na sede da EOI, rúa Lavandeiras-Celeiro.
O pasado mes de novembro procedeuse ao cambio de nome do centro polo da autora mariñá, atendendo á proposta suscitada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade co obxectivo de corrixir o desequilibrio actual na escolla de nomes femininos e masculinos en edificios, rueiros, fundacións, asociacións ou centros escolares, e entendendo que é de xustiza visbilizar a participación das mulleres na sociedade.