Eventos
A parroquia de Vilamar, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas na honra de San Xulián os días 25, 26 e 27 de maio.
O venres 25 a partires das 21:30 horas haberá unha pulpada e churrascada servida por Rochela, de Vilalba. Ás 22:30 horas dará comezo a verbena amenizada pola Orquestra Principal e o Grupo Fénix.
O sábado 26 ás 13:30 horas celebrarase a misa e a procesión. Despois haberá a sesión matinal coa orquestra Samba, e ás 23:00 horas terá lugar a verbena coas orquestras Samba e Panorama.
E xa o domingo 27 ás 13:30 horas haberá a misa e procesión, seguida da sesión matinal co Dúo Epo-K.
A organización comunica que haberá amplos aparcamentos e o campo estará cuberto con carpa. Colabora con este evento o Concello de Barreiros.
O colectivo Cabaleiros de Penabor, de Barreiros, organiza a oitava edición da súa ruta ecuestre para o día 2 de xuño, sábado.
A saída está prevista para as 10 e media da mañá desde o restaurante La Yenka, de Reinante. A comida, que é de asistencia libre, será ás 15:00 horas e despois haberá baile amenizado polo dúo Merengue.
O prazo para inscribirse remata o día 30 deste mes e os interesados poden facelo chamando aos teléfonos 616.439.022 (Miguel) ou 650.521.321 (Mari).
Para a organización deste evento Cabaleiros de Penabor conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Deputación de Lugo.
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro celebra a Semana das Letras Galegas e a Diversidade Cultural na que programa para este xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas na Casa da Cultura unha xornada sobre a Vida e Obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano, con Lionel Rexes. Despois os grupos de cantareiras pequenas e medianas da Asociación Cultural Amado Lar ofrecerán Cantigas Populares Galegas, e haberá unha lectura de varios contos de María Victoria Moreno a cargo dos nenos e nenas da Asociación Cultural Amado Lar.
Tamén o día 17 terá lugar a representación teatral da obra Mar Adiante de María Victoria Moreno interpretada polo grupo Bandullo Azul. Será ás 20:00 horas e está dirixido ao público familiar.
O venres, día 18, ás 19:00 horas, no pavillón polideportivo municipal celebrarase unha...
leer másViveiro acollerá a celebración de diversas actividades con motivo do Día das Letras Galegas.
O xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas, na Praza da Fontenova, actuarán Tempus Fugit e Coral-Alborada. Ademais haberá postos das librarías Porta da Vila e Neira Brochs (se chove estas actividades terán lugar na Sala Multiusos do Concello).
O sábado, 19 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal celebrarase Cataventos, un contacontos narrado por Pedro Brandariz. A entrada é de balde ata completar aforo.
O domingo, 20 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar a Gala da Lingua con Cándido Pazó, Brandariz e Rei, Najla Shami e Lois Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.
A Mancomunidade de Municipios da Mariña presenta tres audioguías ficcionadas sobre os cascos históricos de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro. Presentan historias ligadas aos espazos polos que discorre cada paseo, que terán unha duración duns 45 minutos. Están protagonizadas polo grupo de teatro Chévere. A iniciativa lévase a cabo grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo, e foi presentada este mediodía en Mondoñedo, pola tarde haberá un acto en Ribadeo ás 17:30 horas, e mañá farase a presentación ás 11:30 horas en Viveiro.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Mariña, Alfredo Llano, manifestou que “esta iniciativa, que foi tomada pola Mancomunidade, consiste basicamente en aportar un método diferenciado para atraer xente e facilitar á que veña aquí a que nos coñeza un pouco máis. Darlle información de primeira man dunha...
leer másA comisión das festas patronais de Ribadeo 2018 comezou xa a traballar. Nuns días visitarán os domicilios e os negocios locais en demanda de axuda económica para sufragar os gastos dos festexos que se celebrarán do 5 ao 9 de setembro. O pregón será o día 1. A comisión, que foi presentada nas últimas horas, está formada por Juan José Otero (como presidente), Avelino Martínez e Marta Saiz. Ao seu carón estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. O rexedor confirmou o apoio pleno do Concello á comisión, que tamén organizará as festas de San Roque o 16 de agosto.
O presidente da comisión das festas patronais de Ribadeo, Juan José Otero, agarda que “sexa polo menos como o ano pasado ou incluso un pouco mellor”. E anunciou que “empezaremos a semana que ven a facer o libro, e despois seguido ata ter todo feito...
leer másDeste xeito, a delegación de Medio Ambiente leva meses en contacto con investigadores do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, co fin de poñer en valor a importancia que tivo a canteiría no seu día en San Ciprián.
Froito dese traballo conxunto instaláronse diferentes fitos que referencian a pegada que queda do traballo dos canteiros no pobo; e é que en varias zonas de San Ciprián pódense observar os sinais que foron deixando co paso dos séculos en forma de frontes, bancos de traballo, trincheiras, cuñas e barreños, para extraer os sillares e mampostos cos que construír as edificacións tradicionais da vila.
Os primeiros en coñecer de primeira man este itinerario circular de pouco máis de dous quilómetros bautizado como a “Ribeira de Lieiro” foron os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 1º de Bacharelato do IES Marqués...
leer másA Concellería de Turismo está a enviar cartas aos hostaleiros e hostaleiras locais para invitalos a que o vindeiro luns, 14 de maio, realicen a ruta xeolóxica do Perdouro. O obxectivo, segundo Ramiro Fernández Rey, é implicar ao sector na promoción turística de Burela.
O concelleiro burelés anunciou que “desde a Concellería de Turismo de Burela vimos de poñer en marcha unha iniciativa para involucrar un pouco máis ao sector hostaleiro nas rutas xeolóxicas”.
Ramiro Fernández explicou que “imos facer unha ruta xeolóxica única e exclusivamente invitando aos hostaleiros do pobo. Parécenos importantísimo que os primeiros en ensinar e en explicar as rutas xeolóxicas sexan os propios hostaleiros, e por iso o día 14 imos facer unha ruta unicamente para eles. A saída vai ser ás dez da mañá da Oficina de Turismo e faremos a...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo e ás Illas Cíes. Será o día 26 deste mes, sábado.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar ata Vigo, o almorzo, unha visita guiada por esa cidade e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe traslado en barco ás Illas Cíes e comida alí, cun prezo de 60 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Praza dos Campos será o escenario para conmemorar o Día das Letras Galegas, en San Ciprián.
O grupo A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo, está a organizar unha xornada cunha ampla programación para a tarde do mércores, 16 de maio.
A cita, presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da organización, comezará ás 18:30 horas con diferentes xogos tradicionais de balde dirixidos tanto aos nenos como aos adultos.
Ás 19:30 horas será a quenda da gastronomía a base de racións de panceta, chourizos e salchichas.
A tarde estará amenizada coa música do grupo local A Rebolaxe e da banda de gaitas de Burela Dambara; e ás 21:30 horas, porá o broche de ouro o grupo de música tradicional...
leer más