Eventos
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a dúas localidades portuguesas famosas polos seus mercados, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será o día 28 deste mes, sábado.
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, desprazamento en autocar e seguro de viaxe. Tamén hai a opción con comida incluída e nese caso a cantidade total que deberán pagar os interesados nesta alternativa é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.
O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.
O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...
leer másO Complexo Cultural RegalXunqueira, de Viveiro, celebrará o Día da República este venres, 14 de abril.
O programa dará comezo ás 13:00 horas co descubrimento da placa que da nome ao paseo fluvial dende Verxeles a Portochao, Paseo Alcalde Cerdeiras 1903-1937, quen foi fusilado en Lugo o 12 de marzo de 1937. Darase lectura á acta do pleno onde se decidiu este nomeamento coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a corporación viveirense, partidos políticos e outras entidades, e asociacións.
O cronista de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, fará unha semblanza do homenaxeado, e ao final un grupo de músicos interpretará o himno galego. Ademais farase un recordo especial das mulleres e homes da bisbarra que deron a súa vida e sufriron represión por mor da defensa da segunda república lendo unha lista destes...
leer másRibadeo acollerá do 13 ao 15 de abril o Festival Swing Eo. Haberá concertos, festas, clases na rúa abertas a todo o público, pero tamén en recintos pechados para os máis avantaxados. Arredor de 230 persoas se darán cita neste evento chegadas desde diversos puntos do país e incluso desde Canadá. O Festival Swing Eo foi presentado esta tarde no Teatro de Ribadeo.
A técnica de Cultura, Neves Paz, lembrou que “o ano pasado Beatriz propúxolle ao Concello, en nome de varios amigos do swing, de afeccionados á música e ao baile do swing, un encontro, aproveitando que temos unha vila moi bonita, cun programa que aínda que este ano se enriqueza naquela altura xa era bastante atractivo, que eran as clases de baile empezando desde o nivel máis baixo, concertos e algo que a nós nos gusta moito, que se agradece moito desde o punto de vista das...
leer másO Concello de Foz organiza unha comida gratuíta para os maiores de 60 anos empadroados no municipio. Será o día 21 deste mes, sábado, e o prazo para retirar as tarxetas no centro social empeza mañá, martes.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestou hoxe: “desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños, especialmente a aqueles que teñan máis de 60 anos e estean empadroados no noso concello, que o noso Concello fará a comida dos nosos maiores, como se fixo o ano pasado, cun resultado estupendo e a xente quedou moi contenta. Será o sábado 21 de abril na Sala Bahía a partir das 14:00 horas e o menú será de entremeses variados, carrilleiras con patacas, brazo de xitano, xeado, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá un baile para que poidamos seguir a festa durante toda a tarde”.
... leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González,e o Presidente da Asociación de Ferreiros,José Manuel Cobo,xunto a outras autoridades,presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde subliñou“o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense,...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía aos usuarios da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, na Estrada de Sargadelos.
O rexedor e a edil, acompañados pola directora do centro María José Novoa, puideron ver en primeira persoa como están a traballar na elaboración dos agasallos que entregará o Concello a modo de recordo a cada unha das palilleiras que participen no XV Encontro que terá lugar este sábado no Pavillón da Veiga.
Tal e como apuntou Armada “entregaremos un bonito chaveiro artesanal a cada palilleira que nos visite; e contamos reunir unhas 600 artesás nesta instalación municipal que xa estamos acondicionando para a ocasión”.
O rexedor sinalou que “...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e os veciños teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 10 ao parchís).
A programación cultural de Burela para o mes de abril arrinca este semana con varias actividades. O domingo, día 8, haberá unha nova edición do rastrillo popular solidario, que se celebrará de 10 a 15 horas na praza da Mariña e tamén unha nova sesión de Burela de Cine ás 18:30 horas. Ademais este mes chegarán a Burela dous musicais infantís os días 15 e 29. Volve o tributo a Michael Jackson tamén o 29 e o 22 de abril estará na Casa da Cultura Leo Bassi. A axenda de abril completarase con teatro afeccionado e coa segunda charla médica, que versará sobre o alzheimer e que terá lugar o día 26.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “además del Burela de Cine de los domingos con las sesiones de cine infantil que en este caso será el día 8, como eventos más destacados del mes de abril tenemos el musical infantil Bella, con una...
leer más