Eventos
O 23 de xuño terá lugar en Mondoñedo unha homenaxe a Luís Trigo Chao, O Gardarríos.
Os actos darán comezo ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coa celebración dunha mesa redonda baixo o título Luís Trigo Chao: a loita dun rebelde. Nela intervirán: Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo; os historiadores Carlos Nuevo Cal e Bernardo Maíz; os investigadores Xosé Ramón Ermida e Odette Martínez; e o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico.
Ás 17:30 horas no cemiterio de Vilanova de Lourenzá terá lugar a inauguración dun monolito en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz, a súa compañeira que eran natural de Ribadeo, en Vilela-Cubelas, coas intervencións da neta do Gardarríos Fernanda Cedrón Trigo, o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico, e Xosé Luís Fernández Rivera da...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura e Educación, presentaron o Programa de Conciliación deseñado para os meses de verán.
Aos xa consolidados Enredos de Verán –que na pasada edición contaron con máis de 100 nenos inscritos-, e á iniciativa Repasando en Verán, este ano súmase ás actividades estivais o programa específico Cervo Concilia, que, tal e como explicou o rexedor “componse dunha completa axenda de actividades de verán adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, co que pretendemos brindarlles ás familias unha ferramenta que lles axude a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e das súas pequenas”.
O cursos levarase a cabo os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de...
leer másO vindeiro mércores, 13 de xuño, celébrase a Romaría de San Antonio da Rigueira, na parroquia do mesmo nome no Concello de Xove.
Esta romaría conta cada ano con centos de romeiros de toda a Mariña e da comarca de Ferrol. Entre outras moitas actividades, vai haber misas pola mañá e pola tarde.
As celebracións eucarísticas da mañá serán en horario de 10:00 horas, 11:30 e 13:00 horas. Esta última vai estar presidida polo bispo diocesano Luís Ángel de las Heras Berzal. As misas da tarde serán ás 18:30 e ás 20:30 horas.
Acisa Ribadeo repartirá 20.000 vasos do Ribadeo Indiano entre todos @s seus asociad@s. Trátase de recipientes de plástico serigrafiados, 100% reciclables e biodegradables.
Acisa, como coorganizador da V edición do Ribadeo Indiano, vólcase de xeito especial nun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable.
O presidente de Aciasa, Francisco Iriarte, dixo que “entre as actividades que se realizan no marco da coorganización desta festa, Acisa colabora da mellor maneira posible proporcionando música, actividades, decoración, e moitos dos aspectos que implican organizar un festexo deste tipo, pero sempre é un traballo que se fai conxuntamente co Concello de Ribadeo, coordinándonos minuto a minuto e detalle a detalle”.
... leer másO Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán da parroquia de Rúa, dan man da súa Asociación de Veciños.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os representantes da asociación Miguel Balseiro e Pilar Rivas, presentaron o evento que se celebrará o sábado, 23 de xuño, desde as 20:00 horas no campo da festa, no recinto da escola de Rúa.
Servirán racións de churrasco, chourizo e torresmos de balde para os socios, e por un prezo de 6 euros para os non socios. Os tickets poñeranse á venda no propio recinto ás 19:00 horas.
A festa estará amenizada polo grupo Diamantes, e desde a asociación apuntaron que tamén se elaborarán caipiriñas.
A Concellería de Medio Ambiente organiza un ano máis actividades para axudar a conciliar a vida laboral e familiar durante o verán. Noelia Mª Ben presentou unha nova edición da Ocioteca, verán activo con Gaia.
A edil de Medio Ambiente contou que “a Ocioteca funcionará durante os meses de xullo e agosto dende as 9:00 ata as 13:30 horas de luns a venres, agás os festivos. Poderán participar nestas actividades un total de 50 nenos empadroados no noso concello que naceran entre o ano 2006 e o 2015. Terán prioridade se ambos proxenitores están activos laboralmente ou tamén os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
Haberá dous grupos. Un para nen@s de 3 a 7 anos, que contará con 25 prazas e outro para rapaces de 8 a 12 anos, que disporá doutras 25 prazas.
Noelia Mª Ben engadiu...
leer másA programación cultural do Concello de Burela para este mes de xuño arrancou hoxe cunha obra de teatro en inglés para os centros de ensino. Mañá haberá teatro pola noite cun grupo de Castropol, e o domingo toca unha nova edición do rastrillo popular solidario. A actividade máis importante deste mes será a presenza de Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán coa obra Somos Criminais o día 15 con dúas funcións.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, comentou que “hoy mismo jueves hubo una obra de teatro en inglés para los colegios de Burela. Se habló con ellos para traerles esta obra que nos parece a nivel educativo muy interesante, tanto para fomentar el gusto por el teatro como para aprender un poco de inglés y divertirse aprendiendo. Está sufragada esta obra por la Delegación de Cultura, se desarrollaba a partir de las diez de la mañana en el...
leer másAcisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas actividades. Ademais das bolsas de papel gratuítas coas que contarán os socios e socias de Acisa, tras o acordo acadado coa administración galega hai uns días, o 29 de xuño terá lugar un espectáculo entorno a unha queimada tradicional en Rinlo e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo coincidindo coa Noite Flúor.
Esta mañá tivo lugar unha xuntanza de traballo en Ribadeo entre a Xunta e Acisa. O presidente do colectivo empresarial, Paco Iriarte, valorou de xeito moi positivo “que a Xunta colabore con nós ao marxe da axuda anual que nos concede por ser Centro Comercial Aberto” e subliñou que “van ser tres as iniciativas inmediatas que van ter lugar. A primeira, e debido á nova normativa que prohibe o emprego de bolsas de plástico a partires do vindeiro mes de xullo, a...
leer másO Concello de Cervo lembra a obriga de solicitar o permiso para as fogueiras da noite de San Xoán. O prazo para facelo remata o vindeiro 21 de xuño.
Deste xeito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que “é obrigatorio solicitar autorización para poder facer unha fogueira e para iso, unha das persoas da organización, maior de idade deberá facerse responsable da mesma, achegando datos de contacto, como o nome e o teléfono, así como o lugar exacto no que se vai facer o lume; para que en todo momento dende o Concello as poidamos ter localizadas para dar resposta inmediata no caso de que se produza algunha incidencia”.
As solicitudes deber presentarse na Casa do Concello ou na Casa da Cultura; e sen este permiso queda completamente prohibido facer lume.
Villares recordou que o...
leer másO vindeiro domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare.
Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.
A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.
A Concello organiza ademais unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, que terá lugar o 20 de xuño.
Esta viaxe é gratuíta e as inscricións poden facerse xa no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro (Biblioteca-OMIX), de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
... leer más