Deportes

Etiquetas:
14/05/2018

O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase á comarca dos Valles del Oso, en Asturias, o vindeiro domingo, 20 de maio.

Camiñarán primeiro pola Senda del Oso, en Santo Adriano, e despois farán a ruta do Desfiladero de las Xanas. Estes percorridos xa foron feitos polo grupo hai uns anos, pero moitos dos membros actuais nos os fixeran, e por iso decidiron repetilas ademais de por ser unhas das rutas máis fermosas que se poden facer polo norte de España.

Pola tarde o grupo irá ao Concejo de Teverga para visitar Cueva Huerta, que é a cavidade kárstica máis grande de Asturias, con preto de 15 quilómetros de galerías. Recoméndase ir provistos de casco e frontal de luz, aportados polo empresa DeporAventura, un par de guías levarán o grupo a facer "unha viaxe o centro da terra", como di a publicidade da gruta.

... leer más
Etiquetas:
14/05/2018

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por Somiedo ao Pico Cornón. Será o 27 de maio, xunto á asociación Rebollín de Salas, que serán os seus guías. 

A saída será ás 6:30 horas, da Praza de Galicia.

O prezo é 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. Inclúese a merenda-cea ao remate e o ingreso debe facerse en conta bancaria. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo límite para inscribirse é o mércores 23 de maio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio, e recomenda levar equipo de sendeirismo.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz....

leer más
14/05/2018

O Pescados Rubén Burela FS habilitará a venda anticipada de entradas para o segundo partido de play off dende o 14 de maio na sede da entidade (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta), ata completar aforo. Tras o 2-1 en contra desta fin de semana, o cadro de Juanma Marrube volverá medirse ao Real Betis Futsal o venres 18 (21.00 horas), arroupado por Vista Alegre e con Festa Laranxa dende as 19.00 horas. 

Non soci@s adult@s: 10 euros
 Soci@s adult@s: 5 euros
 Menores de idade: 2 euros

Horario de atencion: Luns, martes e mércores (10.00-14.00//16.00-19-00)
Venres (10.00-14.00 horas) 

12/05/2018

A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu a presentación do Campus de Baloncesto EntreNós, que terá lugar na vila entre o 1 e o 7 de xullo.

Na rolda de prensa participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, o xogador do CB Clavijo, Erik Quintela –que participará activamente no Campus- e o presidente do CD San Ciprián, e club organizador, Eduardo Rubal.

Na actividade deportiva poderán participar todos os mozos e mozas nacidos entre o 2002 e o 2008 (ambos incluídos); e a inscrición permanecerá aberta ata o 25 de xuño.
O principal distintivo deste Campus é que tres xogadores en activo de primeiro nivel convivirán e adestrarán cos participantes día tras día; polo que os rapaces terán a oportunidade de compartir charlas e...

leer más
07/05/2018

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta e encontro en A Pontenova o domingo 20 de maio.

A saída será ás 8:30 horas da Praza de Galicia, e o prezo é 10 euros para os socios federados, 15€ para os socios non federados e 20 euros para os non socios (xantar incluído).

Para participar é obrigatorio anotarse no e-mail-ossendeiros@yahoo.es. Máis información nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. O prazo para inscribirse remata o mércores 16 de maio.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
03/05/2018

O pavillón do CEIP Cervo nº1, de San Ciprián, acollerá o sábado 12 de maio, a partir das 17:00 horas, o IX Campionato de Galicia e o I Interautonómico de Nihón Taijitsu, disciplina de defensa persoal, que forma parte como modalidade asociada á Federación Galega de Kárate.

O evento foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación dos nenos e nenas que conforman a Escola de Artes Marciais de Cervo, de recente creación, e que xa supera a trintena de integrantes.

Neste campionato, ademais de coñecer aos campións de Galicia nas distintas modalidades e categorías, terá lugar a competición interautonómica entre as comunidades de Galicia e a de Castela e León. Na competición poderase ver a aplicación libre de técnicas de defensa persoal contra...

leer más
Etiquetas:
02/05/2018

Do 9 ao 13 de xullo Burela acollerá un novo campus de verán do CD Lugo para nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2011. Na presentación, que tivo lugar hoxe na capital da provincia, participou o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que agarda que o evento sexa un éxito. 

O edil burelés explicou que “fomos invitados polo Club Deportivo Lugo á presentación do campus do CD Lugo que se vai celebrar por segundo ano en Burela. É unha cousa que nos enche de satisfacción que ese club elixa Burela para ampliar o seu ámbito de acción e para facer este campus. Será do 9 ao 13 de xullo. O ano pasado tivo moito éxito e esperamos que este tamén sexa moi exitoso. Seguimos colaborando co Club Deportivo como o estamos facendo desde o Concello de Burela e unha parte importante desa colaboración é debida ao grandes lazos de amizade que unen ao...

leer más
Etiquetas:
02/05/2018

O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores no Concello da Fonsagrada a IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018,  que terá lugar os vindeiros días 25, 26 e 27 de maio organizada polo Club Cidade de Lugo. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 65.000 euros,pois trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica,sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.A volta desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto,...

leer más
Etiquetas:
26/04/2018
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado da Federación en Lugo, Martín Carballo Méndez,presentaron este mércores a VIII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de maio e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro.O organismo provincial achega 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promover o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebrarán as diferentes probas.
 
No acto tamén participaron representantes dos sete clubs da provincia que participan na competición: Manolo Castiñeiras, do Club Fluvial de Lugo; Sabela Castro, do Cidade de Lugo; Nicolás Docal, do Club Kayak de Foz; Marcos Illanes, do Club de Piragüismo de...
leer más
Etiquetas:
24/04/2018

O Concello de Foz freta un autobús para que os veciños que o desexen viaxen gratuitamente a Monforte este domingo, día 29, para apoiar ao CD Foz, que se enfronta ao Lemos, nun partido decisivo para o ascenso de categoría.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explica que se organiza esta viaxe “dado a boa traxectoria que está tendo o noso club na Primeira Rexional e disputando nestes días encontros importantes para o ascenso, concretamente na próxima xornada contra o Lemos, de Monforte, que é o club que o segue e que está loitando co Club Deportivo Foz para o ascenso. O que quere facer o Concello de Foz, concretamente a Concellería de Deportes, é apoiar ao noso club para que teña máis arroupo na consecución do seu obxectivo, que é o ascenso”.

Javier Castiñeira engade que “para iso imos poñer un autobús que...

leer más