Foz
A emisora municipal Radio Foz emitirá un programa de reflexión sobre o cambio climático desde unha perspectiva local. Trátase dunha iniciativa na que participan máis de 300 radios municipais e comunitarias de todo o estado. Chámase Onda ODS e comezará cun espazo en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, este xoves 15 de 9 a 11 da mañá. Un dos participantes será o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, Carlos García.
Os promotores desta iniciativa explican que “este tempo de radio, conducido por Susana Falcón, de Radiofusión, e Pablo García, de Radio A Estrada, abordará diversos aspectos vinculados aos obxectivos recollidos pola ONU na súa Axenda 2030. Realizarase desde o castelo de Santa Cruz, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) , aínda...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta ao Val do Dubra para este domingo, 18 de setembro. Trátase da ruta PR-G202 Fervenza do Rexedoiro. A saída desde Foz será ás 06:45 horas e ás 07:00 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 50 euros para socios federados, 54 euros para socios non federados e 58 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata este martes, 13 de setembro, e pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
O Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.
Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos á distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de...
leer másA programación cultural do Concello de Foz inclúe a actuación da Rondalla Latexos este sábado, 3 de setembro, ás 20:30 horas na praza Conde de Fontao. Forma parte do XV Sons na Rúa, ciclo no que se programa ademais un concerto de Acordeóns da Mariña para o 10 de setembro, tamén na praza Conde de Fontao.
O vindeiro martes, 6 de setembro, ás 12:30 horas a Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acollerá a presentación do último libro de Pepe Otero, titulado O mito da razón e outros relatos. Os beneficios das vendas desta publicación destinaranse ao banco de alimentos focego.
Neste libro o autor, moi recoñecido na Mariña e docente durante moitos anos no IES de Foz, realiza unha selección dos seus últimos artigos de opinión publicados en prensa. No acto intervirán o ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e o escritor Ramón Reimunde.
Os beneficios obtidos das vendas do libro destinaranse integramente ao banco de alimentos municipal de Foz. A alcaldesa en funcións, Inés López Couto, agradece “a xenerosidade de Pepe Otero cos veciños e veciñas de Foz. O departamento de Servizos Sociais utilizará os...
leer másOs Sendeiros de Foz realizarán o domingo, 11 de setembro, a XXXIV Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.
A ruta escollida e a PR-G194 Sendeiro de Pelamios, en Xunqueira de Ambía, Ourense. A ruta é de 15 km e de dificultade media, e recoméndase levar equipos de sendeirismo. Ao rematar haberá unha comida de confraternidade.
A saída será as 5:00h de Foz, do Cenor Belianorte, e as 5:15 de Ferreira. O prezo é de 30€, co xantar incluído. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 1 de setembro, nos teléfonos 606718482 e 670369017, ou no emailossendeiros@yahoo.es
Un veciño da parroquia focense de San Martiño, Antonio Pacio, produce mel que comercializa co nome de San Gonzalo e en envases que levan a imaxe da basílica. Recibiu a visita do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do concelleiro de Turismo e Comercio, Chema Linares, quen dixo: “todo o noso apoio para este produtor local que decidiu dedicar o seu tempo e esforzo a esta tarefa e os resultados están aí porque o mel está moi bo”.
O edil de Turismo comentou tamén que “ademais os envases levan na etiqueta a imaxe da Basílica, o que supón outra vía de promoción desta catedral. Hai que apostar polos produtos de proximidade coma este, un mel que debería estar en todas as nosas mesas e nos establecementos hostaleiros polas boas propiedades que se lle atribúen. Desexámoslle moita sorte a este produtor focense”.
Antonio Pacio...
leer másTodo está listo no comercio de Foz para a volta ao cole e para recibir ao outono.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “as cores do outono xa están a encher os escaparates do comercio local. Todo está preparado para recibir á nova estación con toda a moda desta nova tempada: calzado, roupa, complementos…”.
Paleo sinalou que “volta ao cole e outono veñen case collidos da man. Nos nosos negocios locais os pais, as nais, os nenos e as nenas atoparán todo o que precisan para ter lista a volta ás aulas dentro duns días. Mochilas, material escolar, chándales, zapatos, uniformes… en Foz, a carón de casa, temos de todo”.
O presidente de AciaFozCCA subliñou “a importancia de mercar nos establecementos locais, onde nos ofrecerán un asesoramento e un trato próximo e...
leer más