Foz

Etiquetas:
30/01/2024

Librería Bahía, de Foz, anuncia que a escritora coruñesa de ascendencia focega Abril Camino vai estar este venres, 2 de febreiro, no hotel Malates presentando a súa última novela, titulada “Nuestro último verano en la isla”; unha illa que, segundo ela mesma conta, parécese moito a Foz.

A presentación será ás 19:30 horas. O Boutique Hotel Malates Slow está na rúa Asteleiros, número 7, da vila focega.

 

Etiquetas:
30/01/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a nova programación formativa para vindeiro mes de febreiro. Deron conta de cinco novas actividades, para as que xa está aberta a inscrición.

Para comezar propoñen participar na presentación do libro ESL Sentence Builders, o xoves día 1 de febreiro ás 19 horas. A docente focense Leticia Veiga achégase á aula da UNED de Foz a dar conta do libro do que é coautora, ESL Sentence Builders. Trátase dunha obra didáctica baseada nunha novedosa metodoloxía para a ensinanza de idiomas. Unhas semanas despois, do 19 de febreiro ao 18 de marzo, esta autora impartirá un dos cursos de extensión universitaria, no que expoñerá o uso desta innovadora didáctica, denominado Implantación da metodoloxía EPI (Extensive...

leer más
Etiquetas:
29/01/2024

A Sala Bahía, de Foz, acollerá bailes con actuacións musicais en directo os catro domingos de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 19:00 a 22:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O domingo día 4 actuará Cuarteto Principal, o seguinte estará amenizado polo trío Primera Línea, o día 18 cantará o dúo D´Vicio e o último domingo do mes a actuación correrá a cargo do dúo Matices.

 

Etiquetas:
27/01/2024

Cangas de Foz acollerá catro bailes con actuacións musicais en directo os catro sábados de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 20:00 a 23:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O sábado día 3 actuará José Manuel Abanico, o seguinte estará amenizado polo dúo La Hora Bruja, o día 17 cantará Miguel La Clave e o último sábado de mes a actuación correrá a cargo de Ángel América.

 

Etiquetas:
27/01/2024

Desde o vindeiro luns, 29 de xaneiro, poranse á venda as entradas para presenciar o desfile desde a bancada instalada no porto. Será de 9 a 14 horas no Cenima ata o 9 de febreiro. En caso de non esgotarse o día do desfile, o 10 de febreiro, venderanse na caseta do recinto desde as 12 da mañá ata o inicio do desfile.

O prezo para as persoas maiores de 12 anos será de 5 euros. E os menores desa idade poderán acceder gratis.

Etiquetas:
25/01/2024

O alcalde, Fran Cajoto, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de entregarlle o primeiro premio Lucía Pérez, de Hedra. 

No segundo premio houbo empate entre Electricidad Núñez e Ofifoz. A concelleira de Comercio Katherina Navarro, o vicepresidente e a secretaria de AciaFozCCA, José Ginzo e Olaya Pedrosa foron as encargadas de entregar os agasallos a Celia Núñez e Ana Blanco e Reyes González. 

Tamén houbo empate no terceiro premio entre Centro Dietético y Nutrición Alba Vila e Antigüedades Álvarez. O agasallo a Alba Vila e Olalla Rodríguez foi entregado por Purificación García e Ramón Castro, vogais de AciaFozCCA. E Eva Álvarez recibiu o agasallo de mans do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e do rexedor focense, Fran Cajoto. 

Desde AciaFozCCA houbo...

leer más
Etiquetas:
22/01/2024

A cea baile do Xoves de Comadres en Foz celebrarase o día 8 de febreiro ás 21:00 horas na Sala Bahía. Está organizada polos colectivos locais Afammer e Asociación de Amas de Casa, coa colaboración do Concello de Foz.

O menú inclúe entrantes, codillo asado, postre, pan, viño, refrescos, cervexa e chupito. O prezo é de 22 euros para as socias dos colectivos organizadores e de 25 euros para as que non o son.

Para participar hai que anotarse nos locais sociais das Amas de Casa ou de Afammer.

 

Etiquetas:
20/01/2024

A escritora e xornalista Natalia Alonso Ramos (Foz,1983) presentará o vindeiro venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Libraría Bahía de Foz o seu segundo libro ‘Advertencias para un traxecto boreal’ co que obtivo o premio de poesía Filomena Dato en 2022 e que acaba de publicar baixo o selo editorial ‘Apiario’. A autora estará acompañada pola editora e escritora Dores Tembrás. 

Natalia Alonso Ramos resultou gañadora da terceira edición deste certame que outorga o Concello de Bergondo co poemario ‘Advertencias para un traxecto boreal’. O xurado valorou do texto “o traballo coa linguaxe, a pericia no uso dos adxectivos, a promesa desde o primeiro poema e a ofrenda de imaxes de grande potencia poética e cheas de contido, a tenrura e a perspicacia”. O xurado estivo composto por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Elvira Ribeiro Tobío,...

leer más
Etiquetas:
18/01/2024

As festas de San Blas en Vilaxoane (Foz) celebraranse do 2 ao 4 de febreiro nun recinto cuberto con carpa e calefacción.

Empezarán os festexos o venres 2 cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Principal. 

O sábado 3 é o Día do Patrón e haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión, bendición do tradicional Pan de San Blas e imposición do Santo todo o día. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra La Favorita.

E o domingo 4 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2024, organizada pola peña Fálame Sempre. A partir das 13:30 haberá sesión vermú co DJ Take Sound. A reserva anticipada de tickets para a festa dos callos farase ata o día 28 de xaneiro na Librería A Rapadoira.

 

Etiquetas:
17/01/2024

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz presentaron as actividades para o Entroido 2024.

O programa comeza coa coroación da raíña, que será o vindeiro sábado día 27 na carpa situada na rúa Atalaia, na que a raíña saínte, Uxía Valmayor Forés entregará a coroa a Carlota Fernández del Riego. “Estamos cos últimos preparativos, relativos á colocación e decoracións definitivas”, explicou Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. “É moi importante para nos que se coiden os detalles e sobre todo que os asistentes desfruten moito e se atopen a gusto”, indicou Inés López, concelleira de Cultura. 

Sendo o primeiro ano como Festa de Interese Turístico, Foz prepara con mimo todas as actividades “tentamos que todo saia da mellor maneira, os grupos están traballando moito en facer uns traxes incribles e a organización estase...

leer más