Foz
Este xoves, día 18 de xaneiro, ás 20:30 horas estará en Libraría Bahía, de Foz, o escritor Pedro Feijoo para falar da súa última novela titulada “Ninguén contará a verdade”, editada por Xerais.
Desde Libraría Bahía explican: “podemos afirmar que Pedro Feijoo é na actualidade o máis popular dos autores de novela negra en Galicia. Con esta a súa última novela gañou o ano que vén de rematar o premio Xerais de novela. A historia presenta unha trama de corrupción en Galicia na que están implicados todos os poderes: o mundo da empresa, a banca, a información, a política… Unha historia de ficción nuns contextos que podemos recoñecer facilmente e que desnuda as tramas do poder”.
O Concello de Foz organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 22 e 24 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no ximnasio do Instituto de Educación Secundaria focego.
Este curso está supervisado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás forzas e corpos de seguridade do Estado.
Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Foz, que ten o número de teléfono 982.133.566.
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este domingo, 14 de xaneiro, unha representación teatral para bebés -de 6 meses a 4 anos- en dous pases: ás 11:30 e ás 12:30 horas. Correrá a cargo da compañía Trémola Teatro, que ofrecerá o espectáculo titulado “Que animaliño é?”.
É unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons, …) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.
Os prezos das entradas son: xeral, 3 euros; e infantil, 2 euros.
É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz.
A parroquia focega de Santa Cilla celebrará a oitava edición da súa Festa dos Callos este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no local social, con calefacción. Está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.
Haberá cea con empanada, callos, sobremesa, bebidas (viño, gasosa e auga), pan e café. O prezo por persoa é de 25 euros, pero para os nenos e nenas de ata 12 anos é gratis.
O baile estará amenizado por DJ Disco SLS.
As prazas son limitadas e poden facerse as reservas a través dos teléfonos 670.50.91.69 (Pepe), 622.41.04.90 (Pacucho) ou 661.70.24.06 (Ánxel Paleo)
Esta mañá foron sorteados os 15 desexos da campaña de Nadal de AciaFozCCA, que repartiu 1.500 euros en vales de compra.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Os números agraciados con 100 euros en vales de compra cada un e os establcementos nos que foron distribuídos son os seguintes: 18455 Maasaude; 17813 Xoguetería Bahía; 15073 Xanela; 16005 Cenor; 1871 Estanco N2; 11923 Carnicería Mercedes; 27156 System; 5844 Dermoterapia; 7041 Unique-2; 2255 Decoraciones Pura; 13284 Librería Ofifoz; 10806 Xoguetería Bahía; 10398 Alain Afflelou Óptico; 249 Pastelería Anduriña; e 17948 Xoguetería Bahía.
Os premiados deberán chamar ao teléfono da asociación 982 132...
leer másOs Reis Magos chegan a Foz cumprindo o convenio que asinaron no 2020 co alcalde, Fran Cajoto. “Sempre cumpren co acordado e o ano que vén tocará renovar este convenio para que continúen acudindo á cita”, explica o rexedor municipal. O percorrido sairá ás 18.30 horas do Paseo da Rapadoira, pasando pola praza Conde Fontao, a rúa Valle Inclán, a avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro ata chegar ao consistorio, momento no que as súas maxestades pasarán polo Belén vivinte, que se realiza coa colaboración do Colexio do Pilar, e saudarán dende o balcón do Concello. Os Reis desprazaranse ata a Sala Bahía, na que se realizará a tradicional recepción con chocolatada con churros e roscón.
A delegación de Cultura agradece a implicación de todos as veciñas e veciños que axudan, así coma os establecementos da vila Xoyma, Anduriña, Amarena e Churrería...
leer másAínda sen finalizar unha programación de Nadal chea de eventos en Foz (este venres chega a gran cabalgata dos Reis Magos e o domingo Os Bolechas), o Concello de Foz prepárase para un Entroido que celebrará o seu primeiro ano como festa de interese turístico. A comisión de festas O Noso Foz e o Concello de Foz preparan os próximos eventos do mes de xaneiro e febreiro. A primeira data do calendario é o 27 de xaneiro, no que se coroará a raíña elixida no mes de outubro, Carlota Fernández del Riego.
O Entroido de Foz virá con novidades: a primeira delas a nova situación da carpa para a celebración das actividades, que será colocada na rúa Atalaia (As Torres) grazas á colaboración de varios veciños de Foz. O alcalde, Fran Cajoto, agradece “o xesto de colaboración desinteresada dos veciños, que non puxeron inconveniente ningún para que o...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de xaneiro, domingo, unha ruta de Vegadeo a Abres, en Asturias. É a primeira que organizan neste ano 2024. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 10 de xaneiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, anunciaron hoxe, xoves, a nova programación formativa do centro para o vindeiro mes de xaneiro. Deron conta de catro novas actividades: dous cursos, para os que xa está aberta a inscrición, a presentación dunha novela e unha charla.
Por un lado presentaron dous cursos de extensión universitaria: un curso preparatorio de Celga 3 e 4, que se celebrará do 10 de xaneiro ao 20 de marzo de 16:00 a 18:30 horas, nas modalidades presencial ou online, en directo ou en diferido; e un curso para opositores que se denomina Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá lugar do 11 ao 18 de xaneiro de 16:00 a 20:00...
leer másAs pícaras e pícaros poden gozar do 26 ao 29 de decembro do Parque infantil de Nadal instalado na Sala Bahía. Conta con inchables, mini tren, obradoiros, barredora…
O Parque Infantil de Nadal está destinado a nenas e nenos a partir de 2 anos de idade.
O horario de apertura será de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.