Xantar

Etiquetas:
20/08/2025

A tradicional Romaría do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego, celebrará unha nova edición entre os días 22 e 27 de agosto cun programa do máis completo.

O venres 22 de agosto será o esperado día do polbo, que estará amenizado por unha charanga.

O sábado 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa na capela do campo da festa e a procesión, seguida dunha sesión vermú de 14:30 a 16:00 horas. Pola noite, ás 23:00 horas, a verbena correrá a cargo de Elebe e Pasión.

O domingo 24 a misa das 13:30 horas será cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, seguida da procesión. De novo haberá vermú e verbena ás 23:00 horas con Supertop e Los Alcántara.

O luns 25, música todo o día con Salsarena e Arizona, tanto na sesión vermú como na verbena da noite. 

... leer más
Etiquetas:
10/08/2025

A Rilleira, no concello de Barreiros, celebrará un xantar de irmandade veciñal o día 16 de agosto, sábado. Para participar hai que comprar os tickets previamente e o prazo remata o 11 de agosto.

Este evento está organizado pola asociación cultural A Parrala. Ademais da comida haberá misa ás 13:00 horas na capela de San Sebastián, sesión vermú co dúo Epo-K e concerto do cuarteto tradicional Viñeras, de Ribadeo, ás 18:30 horas na pista polideportiva da Rilleira.

13/02/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza un xantar para celebrar o Día de Rosalía. Será o sábado 22 de febreiro ás 14:30 horas no restaurante Costa Verde, situado na rúa San Francisco da vila ribadense.

“Xa estamos a preparar o Día de Rosalía! Imos facer un xantar de confraternidade con recital poético incluído. Non deixedes de gozar do caldo de gloria nin dos poemas de Rosalía que ti mesm@ poderás recitar”, anuncia a organización do evento, que engade: “o sábado 22 imos coller forzas celebrando a Rosalía, para o domingo percorrer as rúas de Santiago reclamando máis galego”.

Etiquetas:
16/12/2024

O Sindicato Labrego Galego organiza un xantar conmemorativo do seu 50 aniversario en Mondoñedo este mércores, 18 de decembro

´”O ano pasado celebramos o cincuenta aniversario do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Realizamos diversos xantares conmemorativos nalgúns territorios da Galiza e este ano continuamos. O vindeiro mércores, 18 de decembro, xuntarémonos na Casa da Penela (Mondoñedo), onde xantaremos ás 14 horas. Se queredes vir festexar con nós inscribídevos nos contactos 606.398.305 ou no 698.159.667”, anuncia o SLG.

Etiquetas:
27/11/2024

O Club de Fútbol Celta Barreiros e a comparsa Os Macanudos organizan un xantar baile que se celebrará este domingo, día 1 de decembro, no polideportivo de San Cosme de Barreiros.

As actividades da xornada comezarán ás 13.30 horas con sesión vermú; ás 14:30 horas empezará o xantar e continuación haberá baile. A música correrá a cargo de Conxuro Discomovil e haberá sorteos e sorpresas.

16/11/2024

A cita está organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

Ás 12:30 horas haberá misa na capela de Sn Andrés e ás 14:30 horas será o xantar no restaurante O Noso Lar. 

As persoas interesadas en acudir poden adquirir os tíckets no propio restaurtante. 

 

Etiquetas:
18/07/2024

A Fundación Eira da Xoana (Adega), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, para participar nun xantar de confraternización e un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. “O obxectivo deste evento é celebrar este importante logro e amosar o espazo que estamos a preservar e recuperar, grazas á xenerosidade de todas as persoas que colaboraron nesta iniciativa”, sinalan desde a organización.

O xantar, no que cada participante levará a súa comida, será unha oportunidade para compartir e gozar dun ambiente de compañeirismo e celebración. Este xantar celebrarase en Santo Estevo do Ermo o 27 de xullo arredor das 14.00 horas.

A partir...

leer más
Etiquetas:
10/04/2024

Ás 12:30 horas haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.

A partir das 14:00 horas haberá comida e baile no pavillón dos Institutos.

Poden participar no Día da 3ª Xuventude as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social. Poderán vir acompañadas pola súa parella.

A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, e o prazo para anotarse estará aberto dende mañá, 11 de abril, ata o 24 de abril.

Etiquetas:
10/03/2024

A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha comida para o sábado 16 de marzo ás 14:00 horas.

O menú inclúe callos, codillo asado con patacas, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 20 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 25 euros para as no que non o son.

A data límite para anotarse é o 11 de marzo.

09/12/2023

O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.

O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores. 

O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.

O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.