Campamento

Etiquetas:
01/06/2026

O prazo de inscrición no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán de Viveiro 2026 abrirá o  martes 2 de xuño. O último día para presentalas será o venres 12. A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto no CEP Lois Tobío.

O Concello de Viveiro anuncia que as bases de selección e o modelo de solicitude estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios dixital, na páxina web municipal e nas dependencias do Concello. Os formularios poderán presentarse a través da sede electrónica, aínda que tamén se admitirán solicitudes de xeito presencial no Rexistro municipal, onde se facilitarán os impresos correspondentes.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible...

leer más
Etiquetas:
17/05/2026

A cuarta edición do Campamento Musical Verán Burela celebrarase desde o día 25 ata o 28 de xuño. Haberá formación en corda, vento, piano, percusión, etcétera.

A organización anuncia: “se es maior de 8 anos xoga, aprende e disfruta con nós”. As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse a antes do día 20 de maio.

A presentación será o xoves 25 de xuño ás 15:30 horas e o concerto final está programado para o domingo 28 ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

14/03/2026

O Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.

As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.

Etiquetas:
13/12/2025

Este Nadal a novidade en Foz é o campamento de conciliación de Nadal. Terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro na Sala Bahía. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o campamento terá horario de madrugadores dende ás 9.00 ata as 10.30 horas e o horario do campamento será de 10.30 a 14.00 horas. Está pensado para nenos de 3 a 12 anos e nel poderán realizar diferentes actividades, como obradoiros, xogos, etcétera. O custe dos 8 días é de 20 euros. A inscrición está aberta ata este xoves 18 ou finalización de prazas, que serán outorgadas por orde de entrada. Esta pode realizarse na sede electrónica do concello de Foz, no apartado Trámites destacados.-Campamento de Nadal de Foz 2025-2026 ou no rexistro do Concello”.

Inés López Couto destaca que “vai ser unha actividade divertida e boa...

leer más
Etiquetas:
01/12/2025

O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha do Campamento de Nadal 2025-2026, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio ou con familiares empadroados. O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e incluirá obradoiros, talleres, xogos e outras sorpresas, ofrecendo ás crianzas “un espazo seguro e educativo durante as vacacións escolares”.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 16 de decembro nas oficinas do Concello. As prazas son limitadas.

O alcalde de Trabada destacou a importancia desta iniciativa como parte das políticas de apoio ás familias: “dende o Concello de Trabada organizamos un ano máis este campamento de Nadal, un programa de conciliación que ofertamos para as nosas familias e dedicado aos nenos e...

leer más
09/08/2025

Os Concellos de Alfoz e O Valadouro veñen de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo a actividade Noites de Campamento, dirixida á mocidade de 13 a 17 anos e que se desenvolverá do 26 ao 28 de agosto no entorno do CEIP Castro de Ouro (Alfoz).

Os organizadores explican que “esta iniciativa busca ofrecer unha experiencia única de convivencia, ocio e aprendizaxe en plena natureza, con actividades pensadas para fomentar a cooperación, a creatividade e o tempo libre saudable”.

As inscricións estarán abertas do 11 ao 18 de agosto en cada concello. Cada municipio contará con 15 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán anotarse a través da sede electrónica do seu concello ou de forma presencial nas oficinas de rexistro.

Con esta...

leer más
Etiquetas:
24/07/2025

O Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, anuncia que do 4 ao 8 de agosto terá lugar unha nova edición do Campamento Dixital na Aula Cemit, situada no Centro de Formación Ocupacional. A actividade desenvolverase en horario de mañá e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

Este campamento enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.

A participación é 100% gratuíta e inclúe, ao remate, a entrega do certificado oficial DigComp, que acredita as competencias dixitais adquiridas.

Durante cinco días a rapazada poderá experimentar a tecnoloxía de forma lúdica, segura e responsable, mediante xogos, retos,...

leer más
Etiquetas:
23/07/2025

O Concello de Foz continúa coa súa axenda de actividades culturais e deportivas. “Estes días no Campo da Cabana os deslizadores acuáticos son os protagonistas, que se poden desfrutar en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 ata o vindeiro xoves”, explica o alcalde, Fran Cajoto, que tamén anuncia que “unha novidade deste verán en Foz será o seu campamento nocturno, que se levará a cabo os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. A actividade está orientada para rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos”.

O campamento comezará o mércores 30 de xullo ás 17.00 horas e rematará o venres 1 de agosto ás 19.00. Instalarase na Obra Pía de Fazouro, a onde deberán dirixirse os participantes o primeiro día e ser recollidos ao finalizar a actividade. Durante os días do campamento serán moitas as iniciativas que se realizarán, coma actividades...

leer más
02/07/2025

O Concello da Pontenova organiza un campamento de verán, que se desenvolverá desde o día 14 de xullo ata o 14 de agosto de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

E para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai límite de prazas  (50 por orde de inscrición) e o prazo para apuntarse -na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77- está aberto ata o 10 de xullo.

Etiquetas:
11/06/2025

O concello de Cervo acollerá un campamento dixital gratuíto desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo.

 “O Campamento Dixital chega ao noso Concello este verán. Unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI,do Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais garantindo así a súa inclusión dixital. Búscase así formar en competencias dixitais básicas a nenos e nenas de entre 9 a 11 anos. Terá lugar en San Ciprián do 30 de xuño ao 11 de xullo. Se estás interesado en anotarte nesta campamento que é de balde podes facelo ata este venres, 13 de xuño, na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”, anuncia o Concello de Cervo.