Maiores
O Concello de Ourol está a organizar un Encontro de Maiores, para persoas de máis de 55 anos empadroadas no municipio. Terá lugar este domingo, día 30 de novembro, no Restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas.
“Este encontro consistirá nunha comida amenizada con música en directo e sorteo sorpresa. Poderán acudir as/os cónxuxes que non estean empadroadas/os aboando o importe da entrada. Tamén poderán acudir as/os cónxuxes empadroadas/os que non reúnan o requisito de idade aboando o prezo da entrada. As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante. Todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais”, anuncia o Concello de Ourol.
A participación é gratuíta para as persoas empadroadas e a data límite para anotarse é este xoves, 27 de novembro. O lugar para a recollida de...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que “continúa a reforzar o seu compromiso co benestar e a participación activa das persoas maiores do municipio mediante a posta en marcha de novas actividades sociais e culturais”. Nesta liña o goberno local dá a coñecer o inicio do programa chamado Viveiro Baila- Bailes de tarde para os nosos maiores, que ofrecerá “encontros mensuais de convivencia, música e lecer”. A primeira sesión terá lugar este sábado, día 15 de novembro, ás 19.00 horas no salón de actos do Conservatorio de Viveiro. Actuará o dúo Mar Dávila e as persoas asistentes poderán gozar ademais dunha degustación gratuíta de castañas.
A seguinte cita será o domingo 14 de decembro, tamén ás 19.00 horas, cun baile amenizado por Verónica Cambón. A xornada incluirá chocolate e biscoitos para o público participante.
...
leer másA Concellería de Benestar Social de Ribadeo organiza en novembro "Encontros terapéuticos para un envellecemento saudable e feliz" nas parroquias de Vilaselán, Rinlo e Vilela.
A edil Elena Sierra sinala que “desde la Concejalía de Bienestar Social y dentro del programa Preto de Ti, seguimos impulsando las charlas sociosanitarias. María es una vez más la encargada de impartir por todas las parroquias la charla Prevención de Accidentes Domésticos, que despierta gran interés entre nuestros usuarios. Ahora, una vez más, contamos con la experiencia del doctor José Antonio Flórez, catedrático de Medicina y Ciencia de la Universidad de Oviedo, quien en una anterior visita nos habló de la importancia de envejecer con humor”.
A concelleira de Benestar Social subliña que “en esta próxima cita nos dará consejos para evitar...
leer másViveiro acollerá unha charla da Policía Nacional sobre seguridade para os maiores. Será este mércores, día 8 de outubro, ás 16:30 horas na Aula CEMIT, que está nos Claustros de San Francisco.
O Concello de Viveiro anuncia que “a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFA) de Viveiro e a Policía Nacional invítanlles a unha charla informativa sobre o Plan Maior Seguridade. Esta é unha excelente oportunidade para aprender a previr situacións de risco e protexerse fronte a delitos comúns. Temas a tratar: Roubos en domicilios e entidades financeiras, estafas, furtos, e resolución de dúbidas de interese para o día a día”.
O Concello de Alfoz anuncia: “o sábado 11 de outubro celebramos unha nova edición deste encontro especial para as nosas persoas maiores de 65 anos e pensionistas do concello, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes”.
A xornada comezará cunha misa en San Pedro de Mor e continuará cunha comida de confraternidade no Pavillón Municipal, “con actividades para desfrutar en boa compañía. Porque compartir é a mellor maneira de celebrar!”
As inscricións están abertas ata o 3 de outubro na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz.
O Concello de Trabada inicia o programa semanal de Terapia Ocupacional, unha actividade pensada para mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores do municipio. As sesións desenvolveranse de xeito descentralizado nas diferentes parroquias. O programa comezará o martes 23 de setembro na antiga escola de Vidal ás catro da tarde; e ás seis da tarde, no Teleclube de Sante. O mércores 24 de setembro as actividades terán lugar na antiga escola de Valboa ás catro da tarde; e ás seis na Casa da Cultura de Trabada. Finalmente, o xoves 25 de setembro o Teleclube de Vilapena acollerá unha sesión ás catro da tarde, mentres que a Escola de Abres recibirá aos participantes ás seis da tarde.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destacou que “despois de iniciar o curso escolar, tamén damos comezo ao curso de actividades para os nosos...
leer másO Concello de Ribadeo segue apostando polo benestar e a saúde das persoas maiores, e este mes de maio preséntase co tema O coidado da pel: o manexo e a prevención das úlceras por presión. As datas e os lugares de celebración serán os días 14 de maio ás 18:00 en Ribadeo, o 15 ás 16:00 en Cedofeita, o 26 de maio ás 16:00 en Cinxe e o 27 de maio ás 18:00 en Vilaselán.
A concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, anuncia a realización dunha serie de charlas informativas durante o mes de maio en diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Preto de Ti, “que ten como obxectivo achegar recursos de saúde, autocoidado e prevención á veciñanza, especialmente á poboación maior e aos seus coidadores”, lembra Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “as charlas serán...
leer másO Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...
leer másA medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...
leer másO Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).












