O Vicedo

29/04/2026

Este xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.

A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.

23/04/2026

Esta fin de semana, venres, 24 e sábado 25 de abril, será a segunda parte da ruta de pinchos no Concello de O Vicedo, nesta ocasión, con bares e restaurantes da capital do municipio. Son os seguintes establecementos e pinchos: Cafetería Casa da Cultura, Crujiente de Corral (venres e sábado); La Bodeguita del Puerto, Maravillas del Cantábrico (venres e sábado); Chiringuito Los Árboles, Chips de Torrezno (venres e sábado); Café Bar Santo Domingo, Arroz con calamares (só o venres); Café Bar San Esteban, Tosta La miga creativa (só o venres); e Mesón O Remo, Crepe o Remo (só o venres).

O Concello de O Vicedo explica que “os pinchos poderán ser degustados a partir das 20 horas a un prezo de 4 euros por pincho. Ademais hai un concurso ao mellor pincho con voto popular: con cada pincho vaise dar unha papeleta para valorar o pincho...

leer más
23/04/2026

O Teatro das Cortes, na aldea de Cabanas (O Vicedo) acolleu a presentación do programa Da Barraca á Aula: A memoria das festas. Isa Coldeira e Anxo García, da Asociación Cultural Morreu o Demo e mais Lucho Penabade, do Teatro das Cortes, daban a coñecer o programa e mais a proposta deste espazo cultural mariñao para os vindeiros meses.

Entre as primeiras propostas do programa atópase a xornada Onde foi Barriga Verde? que se celebrará no propio Teatro das Cortes este sábado, día 25 de abril, e que inclúe a exposición titulada A arte dos Silvent, un obradoiro de creación de monicreques para persoas adultas, unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres e máis un retrinco da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 abril portugués. Todas as actividades serán de balde. Para se inscribir no...

leer más
Etiquetas:
11/04/2026

O Concello de O Vicedo organiza a décimo sexta edición da Ruta de Pinchos, que se desenvolverá en nove establecementos hostaleiros do municipio. O venres 17 e o sábado 18 será en: Restaurante Area Grande, de San Román, Café Bar Alfa, de Folgueiro; e Chiringuito da Abrela, de Suevos. E o venres 24 e o sábado 25 participan: Cafetería Casa da Cultura, La Bodeguita del Puerto, Chiringuito Los Árboles, Café Bar Santo Domingo, Café Bar San Esteban, e Mesón O Remo, pero estes tres últimos só ofrecerán a tapa o venres.

Nesta edición entre os comensais que participar na ruta e deixen o seu voto sortean dúas batidoras picadoras Bosch.

23/03/2026

A Xunta de Galicia organiza no Vicedo, neste mes de marzo e en abril, dous cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

“A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase os próximos sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil”, indica a Xunta, que tamén anuncia que se ofrecerá un curso presencial de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais nos municipio do Vicedo do 10 ao 19 de abril.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que este cursos forman parte da programación da Academia...

leer más
Etiquetas:
16/03/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, día 21 de marzo. O evento, que “inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación Cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000 euros para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo”, anunciou a Deputación.

Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e...

leer más
26/02/2026

O Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.

Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.

Etiquetas:
26/02/2026

O grupo Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres no mienten, este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Trátase unha comedia destinada a público adulto e con entrada gratuíta.

 

Etiquetas:
17/02/2026

No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.

Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.

16/02/2026

A parroquia de San Román do Val, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Entroido este venres, día 20 de febreiro, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola Asociación de Mulleres de San Román do Val, en cuxo local terá lugar a celebración.

Haberá premios para os mellores disfraces (individual, parella e grupos) e degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E a festa estará amenizada coa música do dúo Primera Línea.