Cursos

13/11/2014

 

O ciclo de charlas médicas en Foz empeza hoxe, xoves, coa conferencia ofrecida polo xerente executivo da área sanitaria, Francisco Soriano, que falará sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa, de Burela. Será na casa da cultura focense ás 20 horas.

Dentro deste ciclo, que organiza o Concello de Foz a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) en colaboración co Hospital da Costa, a segunda charla terá lugar o día 20 deste mes e correrá a cargo da doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, quen falará sobre as enfermidades asociadas á idade. E a terceira e última conferencia será o día 27, na que o doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, falará sobre deterioro cognitivo e envellecemento.

31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más