Deportes
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.
O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.
A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras...
leer másUn total de 49 equipos participarán os días 15 e 16 de xuño no XVI Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías Prebenxamín e Benxamín, que se disputará nos campos do estadio municipal Pepe Barrera e do Ceip Gregorio Sanz. Chegan a Ribadeo procedentes de comunidades como Castela-León, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.
Dezaseis son os equipos que disputarán o torneo prebenxamín e 33 os que participarán no torneo benxamín. O domingo haberá concursos de penaltis, porteiros, afeccións e tiros de medio campo, ademais dun partido de exhibición miniprebenxamín.
O torneo foi presentado no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD.
A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto co Alcalde de Burela en funcións, Alfredo Llano García, presentaron, a Copa de S.M. A Raíña de Fútbol Sala, que se celebrará o próximo fin de semana, fixérono acompañados do Director do Comité Nacionalde Fútbol Sala, José Miguel Calle Echevarría, e o Presidente do Club DeportivoBurela FS, Manuel Blanco Fanego. É a terceira vez que a vila mariñá acolle esta Copa de España, que celebra a súa XXV Edición estreando a nova denominación de Copa da Raíña, co permiso da Casa Real.
García Bermúdez destacou “as rapazas do Pescados Rubén Burela FS son as subcampioas tanto de Liga, na que empataron a puntos coas campioas, como da Copa; agardamos que rodeadas da súa afección consigan facerse co título neste 2019 cheo de alegrías para os laranxas, froito do traballo e a entrega...
leer másA VI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro ás 17:30 horas. A inscrición, que se abre hoxe, poderá realizarse ata o vindeiro 10 de setembro, segundo deron a coñecer o concelleiro de Deportes en funcións, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
David Rivas explicou que “o 14 de setembro ás cinco e media da tarde sairá a sexta edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais, unha proba que vai medrando ano tras ano en participación e que está converténdose nunha cita fixa para moitas persoas afeccionadas ao deporte do atletismo”.
O edil de Deportes dixo: “queremos afianzar a celebración dunha proba moi especial, unha proba que reúne todos os requisitos para converterse nun referente das carreiras populares: por unha banda, un percorrido por pistas de terra e asfalto sen...
leer másDesde esta tarde, estará disponible la venta anticipada para la Copa de SM La Reina, que acogerá el pabellón Vista Alegre de Burela. Entre el viernes, día 14, y el domingo, 16, se darán cita los 8 mejores equipos de Primera División RFEF. Esta será la tercera edición de la hasta ahora conocida como Copa de España con las Guerreiras Laranxas como anfitrionas y la localidad mariñana como sede.
Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén Burela FS, Ourense Envialia FSF, Jimbee Roldán FSF, AD Alcorcón FSF, Poio Pescamar FSF, Universidad de Alicante y Penya Esplugues pelearán por el ansiado título.
Venta en oficina
Todas los/las aficionados/as interesados podrán adquirir su abono o entrada en la sede del club naranja (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresuelo) hasta el jueves a las 19....
leer másO Concello burelés colabora na organización da carreira 15K Banco Mediolanum que se celebrará o 16 de xuño e discorrerá entre as localidades de Burela e Foz.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “un ano máis imos contar coa carreira 15K entre Foz e Burela. Este ano acabará na praza do Concello en Burela. É unha iniciativa que Banco Mediolanum nos propuxo no seu día esta terceira edición, e estamos colaborando desde o primeiro ano nesta carreira”.
O edil socialista salientou que “é unha aposta máis polas actividades deportivas que vimos facendo durante todos estes anos. Pensamos que é unha maneira tamén de promocionar un pouquiño o concello de Burela. É unha colaboración entre dous concellos que son veciños e somos amigos”.
Fernández Rey considera que “é unha maneira...
leer másO Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, presentou, xunto coa Alcaldesa de Viveiro en funcións, María Loureiro García, as actividades deportivas que terán lugar este sábado na vila mariñá. Unha data que reunirá a preto de 250 ciclistas, entre as categorías de base que compiten no 36º Gran Premio de San Roque, e os participantes da Copa de España de Ciclismo Adaptado. Durante a presentación estiveron acompañados por membros do Club Ciclista Viveiro, e pola ciclista Mila López Benet. Esta competición oficial consta de 9 probas puntuables, das que a de Viveiro é a terceira, sendo a primeira proba destas características que se celebra en Galicia.
Vidal Baamonde destacou “a importancia que ten o deporte inclusivo para a mellora da calidade de vida das persoas con capacidades diferentes. Ademais, ao xuntalo nunha mesma data,...
leer másA maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala.
Data límite de inscrición: Martes 2 de xullo
O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasdeportivas@burelafs.org.
Horarios de adestramentos, 4 e 5 de xullo
CATEGORÍAS ALEVÍN e INFANTIL: 18:00 h a 19:30 h (Pavillón Vista Alegre)
CATEGORÍAS CADETE e SENIOR: 19:30 h a 21:00 h...
Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa.
En total participan 33 equipos procedentes de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, que van disputar os encontros no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo do Outeiro na Devesa, e no Campo Trénor de Barres, na veciña Asturias.
Serán arredor de 1.500 as persoas que esta fin de semana se acheguen a Ribadeo a participar e a disfrutar deste XII Torneo de Fútbol Infantil, que foi presentado este mediodía pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
A Asociación Cultural Deportiva As Minas de A Pontenova organiza a segunda edición da Carreira Vía Verde do Eo que se celebrará o 8 de xuño.
A carreira, de 10 quilómetros de percorrido, dará comezo ás 17:30 horas e pasará polos municipios de San Tirso e Trabada para rematar na Praza do Fornos en A Pontenova.
Este ano renderase unha homenaxe a Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”, veciño de A Pontenova, que aos seus 71 anos segue sendo atleta en activo e gran impulsor deste deporte en toda a comarca.
Ao remate da proba, na praza do Concello, haberá unha pinchada popular para os corredores e a actuación do grupo coruñés Os Piñeiros, que amenizará a tarde-noite coas súas versións de pop español dos 80 e 90.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web...












