Deportes

Etiquetas:
11/02/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina por Esteiro e Morás, en Xove, o 24 de febreiro.

A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 horas de Ferreira.

O prezo é 20 euros para os socios federados, 24 euros para os socios non federados e 29 euros para os non socios. Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse ata o día 20 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel medio de dificultade.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz.

Etiquetas:
05/02/2019

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta da Seimeira nos Oscos (Asturias) este sábado, 9 de febreiro.

A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.

Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas.

A organización informa de que a ruta de 9 quilómetros, ten unha dificultade baixa.

Etiquetas:
01/02/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.  

A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero. 

No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol. 

 

Etiquetas:
29/01/2019

O municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais. 

O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube. 

O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...

leer más
Etiquetas:
25/01/2019

Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no Concello de Xove, denomínase XOVE COSTA TRIAL (XCT).

O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha ANDAINA DE 11 KM.

A saída desta carreira  farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.

A concentración inicial  realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes...

leer más
Etiquetas:
19/01/2019

A OMIX do Concello de O Vicedo organiza o II Torneo de Tenis de Mesa Sub-18 que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de xaneiro.

A competición terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 16:30 horas.

O sistema de competición será cunha fase de grupos e fase final, polo que se garante que cada xogador disputará un mínimo de tres partidas.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura de O Vicedo, omix@concellodovicedo.org.  

Etiquetas:
18/01/2019

A VI Marcha da Merluza terá lugar en Burela o 3 de febreiro. O evento deportivo, que estará dedicado a Moncho de Cangas, foi presentado nas instalacións de Absa este mediodía. No acto participaron o presidente e o secretario do Club Ciclista Burela, Juan José Martínez e Antonio Barcia, organizadores da proba, así como o presidente e o xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira, patrocinador principal, e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.

Fernández Rey comentou que “é unha carreira que chega á súa sexta edición e que este ano ademais dedícanlle a proba a Moncho de Cangas, vicepresidente do Club Ciclista Burela, que era un gran afeccionado ao ciclismo, e que desgraciadamente finou hai unhas semanas”.

O edil subliñou que “como sempre o Concello de Burela, desde a Delegación de Deportes, estamos...

leer más
Etiquetas:
18/01/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz fará mañá, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas. 

A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club. 

 

Etiquetas:
16/01/2019

El Pescados Rubén Burela FS ya ha abierto la campaña de media temporada, con el 50% de descuento en sus abonos de socio/a. Puedes formar parte del Alma de Campións, de la Grada que arropa a los actuales líderes de Primera RFEF Liga Foro 16 Feminismo y de Segunda LNFS; podrás ser testigo de lujo de la temporada más ambiciosa de la Familia Laranxa en esta segunda vuelta de los equipos femenino y masculino.

Acércate ya a la sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) para hacer tu carné y disfrutar del mejor espectáculo hasta el mes de junio.

Horario de atención: De lunes a jueves (10.00-14.00//16.00-19.00) y viernes (10.00-14.00).

Abonos Media Temporada 2018-19

Individual: 40 euros
Familiar: 70 euros
Jubilado: 25 euros
Abono...

leer más
Etiquetas:
10/01/2019
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,  o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o patrocinado, Jaime Perozo, así os organizadores do evento Oscar García e Eric Ribiere, presentou este xoves no Parador de Turismo de Ribadeo o Illa Pancha Challenge. Trátase dun evento de surf no que 24 profesionais de prestixio internacional tentarán surfear O Panchorro: unha onda duns 20 metros que se produce fronte a illa Pancha. O Goberno converteu a Deputación na principal administración colaboradora cunha achega de 12.000 euros.
 
Campos Conde destacou que: “este evento vai contar cunha gran repercusión internacional, pois espera reunir na Mariña durante a súa celebración a unhas 7.000 persoas, así como acadar máis de 150.000 visitas na web que retransmitira en directo a proba deportiva. Trátase dun...
leer más