Eventos

12/04/2022

Mondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas do 29 de abril ao 1 de maio. O amplo programa de actividades, que está a ultimar a Asociación organizadora, será presentado o nos vindeiros días. 

O pregón, previsto para o 29 de abril, será pronunciado por Claudia del Pino, profesional do turismo, formadora e guía de turismo oficial, traballou na oficina de turismo de Mondoñedo e é colaboradora habitual da Asociación As San Lucas. Será no auditorio Pascual Veiga ás oito e media da tarde. 

O 30 de abril, ás 20:00 horas e tamén no auditorio mindoniense terá lugar a comedia ‘Nais’ de Marc Egea e dirixida por Javier Mariño. Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera...

leer más
11/04/2022

Un grupo de ribadenses organiza una nueva edición del mercadillo solidario para recaudar fondos destinados a una asociación que trae niñ@s ucranian@s a Galicia desde hace años, algunos de ellos a Ribadeo. Será esta Semana Santa del jueves 14 al domingo 17,  en un local de la calle Viejo Pancho, concretamente en el bajo que ocupaba la Droguería Pulpeiro, frente a la oficina de Abanca.

Las promotoras de esta iniciativa explican que “ante la buena acogida del mercadillo solidario que ya organizamos hace quince días, volvemos a abrir las puertas de este local que nos cedieron en la calle Viejo Pancho con el objetivo de recaudar fondos para la asociación Niños de Ucrania en Galicia y Andalucía”.

Y añaden: “queremos aprovechar estas fechas en las que mucha gente visita Ribadeo para hacer una llamada a la solidaridad con...

leer más
Etiquetas:
10/04/2022

De luns a mércores, de 11H a 14H os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades realizadas en Enredos, mentres que pola tarde gozarán do torneo de fútbol 7 e o láser tag, a través de Xuventude.

O mesmo mércores 13, de 17H a 20H, haberá inchables na Praza dos Campos para os nenos e nenas, e xa pola noite, dentro do ciclo de concertos de O Son do Nordeste, actuará The Corporation a partir das 21H.

O xoves 14 tocará La Disquetera dentro do ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. Xa pola noite será a quenda para Rachel & The Blue Batons, a partir das 21:30H na Praza dos Campos.

O venres 15, ás 21:30h Os Carunchos ofrecerán o seu espectáculo na Praza dos Campos.

O sábado 16 será a quenda para a Festa do Mexillón. Ao longo do día poderán...

leer más
Etiquetas:
09/04/2022

Durante esta Semana Santa, Mondoñedo ofrece visitas guiadas  gratuítas polo centro histórico da cidade. 

Trátase dun percorrido de algo máis dunha hora pola Praza da Catedral, Fonte Vella, Praza do Seminario, Praza do Concello e Praza de Abastos. 

O Punto de encontro será Praza da Catedral de Mondoñedo. E a hora de inicio as 12 do mediodía.

As datas de celebración destes percorridos: 10, 12, 13, 14, 15 e 16 de abril.

Etiquetas:
09/04/2022

O Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Turismo, programa unha serie de visitas guiadas con motivo da Semana Santa. As diferentes propostas consisten en percorridos panorámicos polo municipio ou rutas de sendeirismo coas que coñecer novos lugares en Viveiro.

A primeira ruta “Vivertren al Souto da Retorta” será o luns 11 de abril ás 11:00, un percorrido panorámico no que visitar o monumento natural “O avó”, a árbore de maior volume en España, así como admirar a arquitectura indiana.

O martes 12 de abril tamén ás 11:00 organízase “Ruta de Os Muíños de Balea”, cunha lonxitude de 6 quilómetros na que coñecer distintos muíños.

O mércores ofrécese unha vista ao Complexo Regal Xunqueira, no que gozar da arte e artesanía local nestes museos.

O xoves 14, o Vivertren realizará o percorrido panorámico visitando Covas e Celeiro ás 16:00.

Mentres...

leer más
Etiquetas:
08/04/2022

Os baños da praias das Catedrais estarán abertos desde mañá, sábado, ata o vindeiro 18 de abril. Así o anunciaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije. O edil subliñou que se trata dun servizo modélico que estará operativo sete horas e media cada xornada. 

O concelleiro ribadense explicou que “desde mañá, sábado, día 9, ata o luns 18 de abril, estes días de vacacións de Semana Santa, van estar abertos os baños de As Catedrais. Outro ano máis empezamos con este servizo que prestamos desde o Concello, que está dando moi bo resultado e é modélico”. 

O prezo será o mesmo do último ano: “a tarifa é de 1 euro, o que permite ter todo limpo, cunha persoa que está alí todos os días durante 8 horas, das que 7 horas e media ten os baños abertos ao público e o outra media dedícaa a deixalo todo preparado...

leer más
Etiquetas:
08/04/2022

Lourenzá organiza visitas guiadas al monasterio de San Salvador durante los días de Semana Santa.

De lunes a miércoles el horario será a las 12:00 y a las 17:00 horas y de jueves a sábado a las 12:00 horas. El precio por persona es de 3 euros.

Las reservas pueden hacerse en los números de teléfono 982 121 006 y 646 384 124 o en lourenzaturismo@outlook.es. La venta de entradas se realiza en la Oficina de Turismo y en el Centro de Interpretación da Faba.

Los horarios de culto serán: a las 13:00 horas el Domingo de Ramos; a las 17:00 horas el Jueves Santo; a las 22:00 horas se celebrará la Procesión de la Soledad el Viernes Santo; a las 21:30 horas será la Vigilia Pascual el Sábado Santo y a las 13:00 horas el Domingo de Pascua. 

 

Etiquetas:
08/04/2022

Dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, este ano volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. 

Esta é xa a décima edición, que se viña realizando de xeito ininterrumpido ata a chegada da pandemia. Este ano retomámolas con máis ganas e ilusión ca nunca. Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito. 

O obxetivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio...

leer más
Etiquetas:
07/04/2022

A Concellaría de Turismo organiza percorridos guiados esta Semana Santa. Serán ás XeoRutas dos Arcos e da Ría e polo Ribadeo Indiano e Ilustrado. Trátase de actividades de balde. As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse. A programación foi presentada por Pablo Vizoso. 

O edil ribadense dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo continúa a organizar percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural e cultural. Unha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”. 

Pablo Vizoso explicou que “no ámbito do RibadeoXNatural sinalamos dúas rutas. En primeiro lugar a dos Arcos que vai permitir explorar e visitar o conxunto dos arcos rochosos máis importantes da península...

leer más
Etiquetas:
07/04/2022

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración da Semana Santa, cambiaranse os horarios do habitual mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior. 

Deste modo, na vindeira semana, en lugar de celebrarse o xoves 14 de abril, o mercado adiantarase ao mércores 13 de abril na Praza Maior.