Eventos

Etiquetas:
24/04/2022

A asociación cultural O Atrio, de Vilaronte, organiza o I Mercado de Produtos Locais Aos pés de Cornería. Será o 8 de maio no atrio da igrexa. O Concello de Foz colabora.

Ás dez da mañá procederase á apertura do mercado. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas a cargo de grupos tradicionais. Para as 12 está prevista unha charla sobre as novas pragas na agricultura, que será impartida polo biólogo Suso Blanco García, que é o xerente de Agromar, en Foz. 

Xa ás 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por un dj. E non faltará o polbo á feira servido pola Pulpería Maciñeiras. As actividades seguirán ás 16:30 horas con Tardeo que te veo. 

 

Etiquetas:
23/04/2022

O Concello de Ribadeo apostará nas fins de semana de maio e xuño polo turismo tranquilo e consciente, buscando a desestacionalización e a captación de novos segmentos de visitantes. Farao co programa de actividades O Renacer do Cantil, que inclúe prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros, xeorutas ou arte na natureza para os máis pequenos. Esta nova iniciativa, que se desenvolverá en escenarios naturais da costa ribadense, foi presentada polos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez. 

Vizoso Galdo dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo pon en marcha nas fins de semana de maio e de xuño o programa de actividades O Renacer do Cantil, unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos...

leer más
23/04/2022

O Concello de A Pontenova organiza a XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que se celebrará o día 7 de maio.

O percorrido programado discorrerá pola ruta de As Reigadas de 8,1 quilómetros e unha dificultade media-alta. O opcional será pola ruta da Seimeira máis o último tramo da ruta de As Reigadas, de 8,6 quilómetros e unha dificultade media.

Ás 9:00 horas terá lugar a concentración dos participantes na Praza dos Fornos e ás 9:30h. será a saída dos autobuses cara ao comezo das rutas. Ás 14:35 horas rematará a andaina e celebrarase o xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebidas, e ás 16:00 terá lugar o sorteo de varios agasallos entre os participantes.

As inscricións, totalmente gratuítas, poderanse facer ata o 4 de...

leer más
Etiquetas:
22/04/2022

A décima edición da Ruta Cabalar Xinetes de Remourelle celebrarase o 7 de maio.

A saída terá lugar ás 10:30 horas e ás 14:30 celebrarase unha comida. Haberá sorteos, agasallos e durante todo o día soará a música de discoteca móbil.

A venda de tíckets corre a cargo dos compoñentes da directiva de Xinetes de Remourelle nos teléfonos: 659 629 417, 636 864 132 e 676 770 918.

Cada amazona e xinete faranse responsables dos danos ocasionados polo seu cabalo ou égoa e tamén os danos do seu propio animal.

Este evento está coorganizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e Xinetes de Remourelle coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
21/04/2022

Este sábado, día 23, conmemórase o Día do Libro, para o cal o Concello de Foz organiza diversas actividades durante as dúas últimas semanas de abril. E o domingo haberá un concerto solidario a prol do pobo ucraíno.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o día 23 as librerías focegas sacarán os seus libros á rúa e compartirán cultura nas casetas instaladas na praza da Glorieta de Vilalba. Alí poderá achegarse todo o mundo para mercar as novidades editoriais así coma os clásicos. Ás 18 horas o contacontos Pablísimo ofrecerá un espectáculo para os máis pequechos da casa na mesma praza da glorieta de Vilalba, actividade que en caso de choiva se trasladará á Biblioteca Municipal Salgado Toimil. Continuando coas nosas letras, o sábado 30 será a escritora Andrea Maceiras a que se achegará a Foz, ás 12 horas na Casa da Cultura....

leer más
Etiquetas:
21/04/2022

O Concello de Lourenzá organiza a Festa do Maio que se celebrará o día 1 do vindeiro mes, domingo. A programación do festexo inclúe o tradicional desfile polas rúas de Vilanova e dous concursos convocados pola Concellería de Cultura: un de decoración de vivendas e comercios e o outro de sombreiros.

No concurso de decoración participarán aquelas vivendas e comercios que decoren os seus balcóns, fiestras, portais e escaparates das rúas por onde tradicionalmente se fai o percorrido do desfile. Na decoración deben predominar os elementos naturais e facer referencia á conmemoración do Maio ou da primavera. Hai dous premios, que consistirán en trofeos deseñados e elaborados pola Fundación Eu Son.

No segundo certame poderán participar todas as persoas que asistan co seu sombreiro decorado ao desfile do 1 de maio. Pode...

leer más
Etiquetas:
20/04/2022

Abril é o mes elixido para recuperar a tradicional viaxe anual da asociación Nordés Faladora. Os organizadores explican que “este ano seguindo a costa cantábrica chegaremos ata Asturias, atracando nos portos onde os vínculos, como a fala, perduran: Rinlo, Tapia de Casariego, a Ortigueira asturiana ou Viavélez. Será o sábado 23 de abril, da man de Bernardo Penabade e diferentes activistas e historiadoras do ámbito local”. 

E engaden que “o traxecto realizarase en autobús, seguindo as medidas da covid-19, e por iso as prazas son limitadas. É necesario inscribirse en asociacion.nordes@gmail.com ou chamando ao 653756454 (Ricardo)”.

A saída está programada para ás 08:00 horas desde o Barqueiro, pero tamén haberá máis paradas. Esta viaxe, que durará todo o día, ten un...

leer más
Etiquetas:
19/04/2022

A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial. 

Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo. 

Tamén viaxaron á Mariña os alumnos do último ciclo de primaria do colexio Otero Pedrayo de Rábade. Neste caso, visitaron os concellos de Alfoz e O Valadouro e percorreron algúns dos recursos naturais destes municipios. O percorrido comezárono na Granxa...

leer más
Etiquetas:
19/04/2022

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión para este sábado, día 23 de abril, xornada na que os participantes irán a Outeiro de Rei, Bóveda de Mera e Lugo para visitar a Casa Museo Manuel María, Santalla de Bóveda e o Museo Universitario A Domus do Mitreo.

A excursión sairá ás 09:00 horas da Praza de Abastos ribadense e o regreso a Ribadeo está programado para as 19:30 horas.

A inscrición para participar pode facerse por WhatsApp no teléfono 699.80.96.06.

Etiquetas:
17/04/2022

Foz celebrará a súa Festa Normanda do 26 ao 28 de agosto deste 2022. Así o anunciou nas súas redes sociais a organización: Asociación Desembarco Normando. 

A novena edición tivo lugar no verán de 2019. Ao ano seguinte, en plena pandemia do covid, non se celebrou e no 2021 tivo lugar unha versión reducida deste evento de recreación histórica. 

Os detalles do programa non transcenderon, pero todo apunta a que haberá desembarco na praia de Tupide, mercado e unha chea de actividades coas que Foz despedirá así o verán.