Eventos
O Mercado Renacentista de Viveiro terá lugar do 4 ao 7 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro informa sobre os trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.
Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais. A alcaldesa María Loureiro anima “a participar nesta xa tradicional festa, que é unha das citas máis destacadas do verán viveirense”.
Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, atendendo á gran demanda de material dos últimos anos, o préstamo de mesas e cadeiras será unicamente para particulares.
Para o préstamo de material, é preciso que se presente unha solicitude por escrito no...
leer másA vila de Foz celebra a festa do San Xoán na rúa Corporacións este domingo, 23 de xuño, cun evento organizado polo colectivo Peña Pé do Molete.
As actividades empezarán ás 13:00 horas co pregón a cargo de Carlos O Pelolo e despois sesión vermú con DJ´s Moletes e a Louband Streetband. Ás 19:00 horas actuarán “as nenas de O Feitizo” e pola noite haberá churrascada, “baile das meigas”, a cargo de O Feitizo ás 23:45 horas e acenderase a fogueira ás 00:00 horas.
A parroquia ribadense de Ove celebra a súas festas de San Xoán os día 23 e 24 de xuño, domingo e luns.
As actividades empezarán o domingo ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada. A partir das 22:00 horas haberá verbena coa orquestra Costa Dorada e a disco móbil Conxuro e acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.
O luns 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. E rematará a festa con sesión vermú amenizada pola disco móbil Conxuro.
A Asociación Cultural Irmandade Augas Santas organiza a décimo primeira edición do Festival Histórico Augas Santas en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) este sábado, 22 de xuño.
Celebrarase a festa gastronómica do porquiño e año ó espeto, para a cea degustaranse sardiñas asadas e ademais haberá ruta a cabalo, mercado de artesanía, misa na honra de Santo Estevo, actuación de O Arco da Vella, vodas celtas e queimada con conxuro, entre outras actividades.
A parroquia de Alaxe, no concello de O Valadouro, celebrará as festas na honra a San Xoán Bautista esta fin de semana: o sábado 22 e o domingo 23 de xuño.
As actividades empezarán o sábado ás 21:30 horas cunha comida popular e despois haberá verbena amenizada polo dúo Crazy.
O domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú, co dúo Crazy. E das 21:00 ás 24:00 horas actuará a orquestra Los Españoles.
O recinto da festa estará cuberto.
A parroquia viveirense de Covas celebra as festas na honra de San Xoán Bautista desde o sábado 22 ata o mércores 26 de xuño.
As actividades empezarán o sábado 22 ás 20 horas cunha foliada popular no campo da festa.
O domingo 23 ás 14 horas haberá sesión vermú coa orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto co grupo Zona Zero. E ás doce da noite comezará a lumeirada.
O luns 24 ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; e a continuación terá lugar una sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Marbella.
Para o martes 25 está programado un pasacalles ás 11...
leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, da parroquia de Cabanas (O Vicedo), celebra a primeira Xornada Teatro Terra este sábado, 22 de xuño. Está organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.
As actividades empezarán ás 17:30 horas cunha mesa redonda sobre o teatro, a música e outras manifestacións artísticas como ferramentas dinamizadoras. Estará coordinada polo fotógrafo Eduardo de Martís e participarán Alfonso Blanco Torrado, fundador da asociación cultural Xermolos, de Gutiriz; Marisa Freire Blanco , coordinadora e actriz do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros; Afonso García Pena, coordinador teatral da asociación Son D Aldea, de Palas de Rei; Ricardo Bellas Murias, coordinador de actividades da asociación O Nordés; e Antón Vázquez Turnes, coordinador e actor asociación Papaventos, de Vedra.
... leer másMondoñedo acollerá unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño. É a décima edición deste evento organizado pola asociación Clásicos Mindoniense.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción e inscrición dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de regalos. Ás doce do mediodía comezarán unha ruta e ás 15:00 horas será a comida e ao rematar o xantar farase entrega de premios e sorteo de agasallos. E ás 20:00 horas os participantes degustarán pinchos.
Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será tras o remate do concerto que Vicente García ofrecerá na rúa San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2024 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa De Ribadeo a Cuba nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a cuarta vez que desde o Ribadeo Indiano enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende Acisa estamos a...
leer másO deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores na presentación da VII edición da Romaxe Viquinga do Vicedo 2024, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo. No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura do Vicedo, sinalou que a Deputación de Lugo achega preto de 30.000€ para esta festa que recrea na praia de Area Grande o desembarco normando e a loita contra as tropas do rei Ramiro I na praia de Area Grande.
“A Romaxe Vikinga é moito máis que unha simple representación histórica. É unha celebración da nosa identidade, unha mostra de como a nosa terra foi e segue sendo un lugar de encontro e convivencia de culturas”, sinalou Carlos López. Destacou o impacto “positivo” que esta cita ten na economía local porque “este evento atrae a visitantes de todas partes, o que se traduce en beneficios para o comercio, a hostalería...
leer más











