Eventos

Etiquetas:
02/05/2018

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta na provincia de Lugo 2.235 prazas dentro da campaña de verán 2018; son 80 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 4%

Estes datos foron dados hoxe a coñecer polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante a presentación da programación de campamentos e campos de traballo para a mocidade que ofrece a Xunta na provincia e que supón un orzamento de 759.487, 75 euros.

Balseiro explicou que dende o 21 de xuño e ata o 30 de agosto sucederanse 26 campamentos, en distintas quendas e agrupados por tramos de idade -poden asistir nenos e nenas dende os 9 aos 17 anos-, que se desenvolverán nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo, Os Peares e no albergue...

leer más
Etiquetas:
29/04/2018

Desde o vindeiro luns, 30 de abril, os xubilados empadroados en Burela poderán anotarse para participar no XX Día do Xubilado que se celebrará o 13 de maio organizado polo Concello. As inscricións faranse nas dependencias municipais en horario de 08:00 a 15:00 horas. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo LLano, e pola concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero.

Para conmemorar o XX Día do Xubilado do Concello de Burela terá lugar unha recepción aos xubilados na Casa da Cultura e posteriormente unha comida amenizada con música de orquestra. O Concello fará entrega aos asistentes dun detalle conmemorativo da xornada, e habilitará autobuses para o desprazamento desde a Casa da Cultura ao recinto onde terá lugar o xantar.

A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, lembrou que “este equipo de...

leer más
Etiquetas:
27/04/2018

As XXV Xornadas Técnicas Expomar, que se desenvolverán os días 3 e 4 de maio, serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e clausuradas polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Nesta cita abordaranse temas como a política pesqueira comunitaria e os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, fai unha chamada ao consumidor a asistir á mesa redonda do venres, debido aos temas que se abordarán: a importancia do peixe na dieta nutricional, a trazabilidade, o etiquetado e a información ao consumidor, entre outros. Paralelamente o venres, día 4, tamén se celebrará o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.

Llano subliñou que “este ano ten a particularidade de ser o 25 aniversario, o cal ven indicar que hai interese desde a Fundación...

leer más
Etiquetas:
27/04/2018

O Concello de Lourenzá organiza o vindeiro martes, día 1 de maio, a tradicional Festa do Maio que se celebrará en Vilanova. Haberá premios para o mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e na Praza do Conde Santo ás sete da tarde terá lugar a actuación da Banda de Luis Vallecillo. 

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o próximo martes, día 1 de maio, celebramos un ano máis a tradicional Festa dos Maios de Lourenzá. Ás catro e media da tarde terá lugar a saída da Madalena do Mercado Comarcal Gandeiro para facer un percorrido polas principais rúas da vila chegando ao Cantón. Unha vez rematado o percorrido entregaranse os premios ao mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e tamén os premios do terceiro concurso Unha postal para mamá, organizado pola asociación de comerciantes e autónomos ACIAL de Lourenzá”.

... leer más
Etiquetas:
26/04/2018

A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou hoxe o programa de actos que hai disposto con motivo do XXXV Día do Xubilado, que terá lugar o vindeiro martes, 1 de maio.
Armada avanzou que a día de hoxe “máis de 500 veciños e veciñas xa se anotaron para participar nesta xornada de convivencia que pretende ser unha homenaxe ao importante labor desenvolvido polos nosos maiores tanto no pasado como no presente”.

A edil comunicou que desde o Concello fletaremos autobuses que pasarán ás 11:30 horas da mañá por todas as paradas das parroquias para recoller ás persoas asistentes.

A xornada comezará ás 12:00 horas, cunha misa cantada pola Coral Terramar no Pavillón da Veiga, “que xa estamos acondicionando para a ocasión”. A continuación, os asistentes desprazaranse ata a carpa instalada na Praza dos Campos onde...

leer más
24/04/2018

As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova peregrinación que este ano será entre Compostela e Fisterra-Muxía. Dividirase en cinco etapas de 18 quilómetros cada unha delas, e a primeira será o 5 de maio. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 618 75 25 60. 

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “nesta ocasión imos facer o camiño de Fisterra a Muxía, empezamos en Santiago e acabaremos en Fisterra, e despois iremos a Muxía, pero iso será máis adiante en setembro”.

Gómez Puente sinala que “as persoas interesadas en participar nesta nova peregrinación poden chamar ao 618 75 25 60, que é o meu teléfono, ou achegarse persoalmente ao Concello de Barreiros”.

O edil barreirense explica que “...

leer más
Etiquetas:
23/04/2018

A cita, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco, en colaboración co Concello, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.

Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente. 

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.

Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras:...

leer más
Etiquetas:
22/04/2018

Os días 18, 19 e 20 de maio terán lugar as Festas de Obispo Santo en San Martiño, en Foz, a carón da ermida de San Gonzalo.

O venres a festa-verbena estará amenizada polas orquestras Nueva Banda e Jerusalén.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá sesión vermú co grupo Taxi. Na festa-verbena actuarán o grupo Taxi e a orquestra New York.

O domingo ás 13:00 horas terá lugar a misa, seguida de sesión vermú.

Durante os tres días haberá pulpo, xamón cocido e churrasco servido pola pulpería A Rochela, de Vilalba.

Os festexos están organizados pola asociación cívico-cultural Obispo Santo coa colaboración do Concello de Foz.

Etiquetas:
22/04/2018

A comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os días 28 e 29 de abril.

O sábado, día 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa na igrexa parroquial e procesión na honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Pecados. Ás 15:00 horas, terá lugar un xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 646 647 619. Ás 17:00 horas, comezará a verbena con Pecados e Fénix na que haberá trofeos para as tres mellores parellas de baile, para a máis vella e a máis nova.

O domingo, día 29, ás 10:00 horas dará comezo unha xuntanza cabalar e ruta de sendeirismo Penasagudas á Cruz do Pau da vella (a pé ou a cabalo), organizada pola asociación Cruz de Loureiro....

leer más
Etiquetas:
19/04/2018

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio subliñan que ata o 4 de maio está aberto o prazo do inscrición na III edición de Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 11 de maio a partir das oito da tarde durante o Ribadeo de Tapeo 2018. 

E lembran que “as bases atópanse publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese, como vén sendo habitual, as seguintes particularidades: os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo dispoñerá de 20 minutos de actuación en cada local. O...

leer más