Eventos

19/04/2018

A Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.

Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.

Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.

 

Etiquetas:
18/04/2018

A asociación cabalar Rías Altas organiza o 26 de maio a V Ruta Cabalar O Vicedo.

A saída será ás 10:00 da mañá desde o peirao de O Vicedo e a ruta discorrerá polos paraxes do concello. Ás 15:00 horas haberá un xantar, o prezo por persoa é 20 euros e a inscrición pode facerse ata o día 23 de maio. Os teléfonos de contacto son: 677 452 735 (Alejandro) e 679 622 314 (Cristian).

A organización informa que se trata dun paseo a cabalo e non dunha competición, non se fai responsable dos danos ocasionados a terceiros e é obrigatorio o seguro do animal.

 

Etiquetas:
18/04/2018
O Presidente e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde do Concello, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentou este mércores a XL Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación, xunto co Concello, promoven a organización deste evento cun investimento de 9.000 euros, sendo as únicas administracións que apoian esta cita.
 
Campos Conde subliñou que“a Festa da Troita cumpre 40 edicións totalmente consolidada no calendario festivo galego como unha das citas que atraen a un maior número de visitantes entre pescadores chegados de diferentes puntos de España como Palencia, Burgos, ou Asturias que acodena competir coas súas...
leer más
Etiquetas:
18/04/2018

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o 5 de maio ás 20:30 horas o espectáculo Noites de Estrelas.

Este show do humor está protagonizado por Sergio Pazos, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Isi e The Fabulosos Weekend.

As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com, na sede Afundación e o día da representación na billeteira do teatro.

Este espectáculo está organizado por A Viradeira Producións coa colaboración de Afundación, Ataquilla.com e o Concello de Viveiro.

 

Etiquetas:
18/04/2018

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un Encontro de Maiores que terá lugar o 28 de abril en Covas.

Esta xuntanza é para as persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, dará comezo ás 14:30 horas e celebrarase no resort Las Sirenas, de Covas (Viveiro).

A data límite para anotarse é o día 19 de abril.

Despois da comida haberá baile e sorteo de regalos.

16/04/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo IglesiasSierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís LindínLoisanos, presentaron este luns no CENTRAD, a X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, na que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería. 

Campos Conde avanzou“que o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a...

leer más
Etiquetas:
16/04/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a dúas localidades portuguesas famosas polos seus mercados, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será o día 28 deste mes, sábado.

O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, desprazamento en autocar e seguro de viaxe. Tamén hai a opción con comida incluída e nese caso a cantidade total que deberán pagar os interesados nesta alternativa é de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

13/04/2018

O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.

O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.

O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...

leer más
11/04/2018

O Complexo Cultural RegalXunqueira, de Viveiro, celebrará o Día da República este venres, 14 de abril.

O programa dará comezo ás 13:00 horas co descubrimento da placa que da nome ao paseo fluvial dende Verxeles a Portochao, Paseo Alcalde Cerdeiras 1903-1937, quen foi fusilado en Lugo o 12 de marzo de 1937. Darase lectura á acta do pleno onde se decidiu este nomeamento coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a corporación viveirense, partidos políticos e outras entidades, e asociacións.

O cronista de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, fará unha semblanza do homenaxeado, e ao final un grupo de músicos interpretará o himno galego. Ademais farase un recordo especial das mulleres e homes da bisbarra que deron a súa vida e sufriron represión por mor da defensa da segunda república lendo unha lista destes...

leer más
Etiquetas:
10/04/2018

Ribadeo acollerá do 13 ao 15 de abril o Festival Swing Eo. Haberá concertos, festas, clases na rúa abertas a todo o público, pero tamén en recintos pechados para os máis avantaxados. Arredor de 230 persoas se darán cita neste evento chegadas desde diversos puntos do país e incluso desde Canadá. O Festival Swing Eo foi presentado esta tarde no Teatro de Ribadeo.

A técnica de Cultura, Neves Paz, lembrou que “o ano pasado Beatriz propúxolle ao Concello, en nome de varios amigos do swing, de afeccionados á música e ao baile do swing, un encontro, aproveitando que temos unha vila moi bonita, cun programa que aínda que este ano se enriqueza naquela altura xa era bastante atractivo, que eran as clases de baile empezando desde o nivel máis baixo, concertos e algo que a nós nos gusta moito, que se agradece moito desde o punto de vista das...

leer más