Eventos

Etiquetas:
05/08/2015
Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o pregoeiro das festas de San Lourenzo 2015. O acto terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa da Cultura.
 
Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o encargado de ler o pregón das festas de San Lourenzo, as patronais de Foz. Así o anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que destacou a contribución do profesor á historia do instituto focense e á vila. Rodríguez fará lectura do pregón o próximo venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz. 
 “A comisión de festas Sempre Foz xunto coa Concellería de Cultura decidiu nomear como pregoeiro do San Lourenzo 2015, festas patronais de Foz, a Nemesio Rodríguez, que durante case 35 anos foi director do IES de Foz e neste mesmo ano deixou esa labor de dirección por ver cerca a súa feliz xubilación. Polo tanto no nome de todos os focenses e da comisión de festas Sempre Foz facemos esa pequena homenaxe a unha persoa que...
leer más
Etiquetas:
04/08/2015
Volve a Barreiros "Ponlle as pilas ao teu bocata". Será o 12 de agosto ás 11:30 horas no pavillón municipal. É necesario inscribirse.
 
O Concello de Barreiros ten aberto ata este venres, 7 de agosto, o prazo de inscrición na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, que busca promover as virtudes das conservas de produtos do mar e aos seus beneficios nutritivos. Os interesados poden anotarse na oficina de Turismo do Concello. 
A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, Cultura, Educación e Sanidade, así como por Anfaco-Cecopesca e levarase a cabo o 12 de agosto ás 11.30 horas no pavillón municipal de San Cosme de Barreiros.
A campaña vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e afondará nos seus coñecementos sobre o mundo do mar, das conservas e das súas posibilidades alimenticias, pero tamén contempla...
leer más
Etiquetas:
03/08/2015
As Festas da Patroa 2015 terán lugar en Ribadeo do 28 de agosto ao 8 de setembro. A comisión está formada por seis rapaces e rapazas.
No parque de San Francisco tivo lugar o sábado, 1 de agosto, a presentación da Comisión de Festas da Patroa 2015, que preside César Fernández Murias. 
Da mesma forman parte: Álvaro Prieto Suárez, Marta García Rey, Cristian Sánchez Sánchez, Adriana Fernández López e Antoine Vares Drebler. Todos posaron para a foto acompañados polo alcalde, Fernando Suárez Barcia. 
Onte, domingo, a Comisión de Festas da Patroa organizou nas inmediacións da praza de abastos unha sesión vermouth co DJ Sergio para recadar fondos para estes festexos. No recinto instalouse unha barra que foi atendida polos membros da propia comisión. 
Nas vindeiras semanas terá lugar algunha actividade pública máis para seguir recadando fondos para as festas patronais. Tamén...
leer más
Etiquetas:
01/08/2015
A V Festa Normanda celebrarase en Foz do 28 ao 30 de agosto. O pregoeiro será o presidente da Acia local, José Carlos Paleo.
 
O alcalde de Foz presidiu onte á presentación da V Festa Normanda de Foz, que se celebrará os días 28,29 e 30 de agosto. Seguida dunha exhibición de batukada e dun desfile de traxes, o acto xuntou no Campo da Cabana a numerosos veciños e visitantes.
 “A asistencia de público foi moi alta, máis de 300 persoas se presentaron para ver ese desfile de roupa normanda e de campesiño e para dar inicio á Festa Normanda, que será os días 28, 29 e 30 de agosto. Estamos moi contentos coa organización e coas expectativas que xera este evento. A Festa Normanda xa é unha referencia na Mariña neste tipo de festas de recreación histórica. A verdade é que o Concello de Foz está tremendamente activo e proba disto é tamén o programa que temos para esta fin de semana”, indicou o rexedor...
leer más
Etiquetas:
30/07/2015
Todo está listo en Ribadeo para a celebración da tradicional Xira a Santa Cruz. Os festexos teñen lugar os días 1 e 2 de agosto.
 
Un ano máis, a Homenaxe ao Gaiteiro que se celebra con ocasión da Romaría de Santa Cruz, en Ribadeo, deixará unha boa nómina de actuacións folclóricas e baile tradicional. Os festexos terán lugar o 1 e o 2 de agosto.
O sábado 1 comeza a romaría sobre as 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e media hora despois María del Carmen Maseda Legaspi pronunciará o pregón no Cine Teatro, seguido da actuación das Escolas. Ás 23 horas, no Parque de San Francisco, actuará o grupo Vaamonde, Lamas y Romero, coa colaboración da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
Ao día seguinte, 2 de agosto, a xornada comeza ás 11 da mañá con pasarrúas de Cuarteto Tradicional Xaramolos, Os Campantes da Baña, Airiños da Freba e o Arco da Vella. Ás...
leer más
Etiquetas:
29/07/2015
A Comisión de Festas da Patroa, de Ribadeo, organiza unha sesión vermouth para este domingo, 2 de agosto, co obxectivo de recadar fondos para estes festexos.
 
O próximo domingo, 2 de agosto, a Comisión de Festas da Patroa organiza nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo unha sesión vermouth co DJ Sergio para recadar fondos para estes festexos. No recinto instalarase unha barra que será atendida polos membros da propia comisión. A cita dará comezo ás 12 do mediodía. 
O presidente da Comisión de Festas da Patroa, César Fernández Murias,  explica que “imos facer unha sesión vermouth na praza de abastos que consistirá nun pequeno baile co DJ Sergio. Esperamos que haxa a máxima afluencia de xente posible. Haberá unha barra, poñerémola e atenderémola nós e os cartos que recademos son integramente para as festas. Sempre está ben unha tomar unha cervexiña e así axudarnos un pouco”.
Esta é...
leer más
Etiquetas:
28/07/2015
O 3 de agosto darán comezo en Foz as XX Xornadas de Historia Local, que organiza a Pomba do Arco. Abordarán cuestións coma a crónica negra ou a posguerra, entre outras.
 
 
A Asociación Sócio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comezo o vindeiro luns, 3 de agosto,  á XX edición das Xornadas de Historia Local, que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto.
As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz, pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz.
Estas xornadas son referencia para os focegos pois nela ven o compromiso por parte da Pomba do Arco en recuperar a nosa historia local e incorporala dentro da historia xeral de Galiza.
As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza...
leer más
28/07/2015
As XIII Xornadas de Historia Local, de Ribadeo, abordarán a presenza deste concello na literatura. Será os días 30 e 31 de xullo.
 
A nova edición das Xornadas de Historia Local de Ribadeo estarán dedicadas á pegada da vila na literatura. Son xa trece as edicións deste evento organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo. 
A proposta deste ano desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas os días 30 e o 31 de xullo. Na xornada do xoves 30 o profesor Suso Fernández Acevedo pronunciará a conferencia Ribadeo na literatura.
Ao día seguinte, 31 de xullo, tres autores debaterán nunha mesa redonda sobre a presenza da vila na súa escrita. Os participantes serán Carmen Blanco, Xavier R. Baixeiras e Santiago Jaureguizar. 
 
Etiquetas:
24/07/2015
O concurso internacional de castelos na area de Barreiros celébrase este sábado, 25 de xullo, na praia de Arealonga. Será ás cinco da tarde.
 
O concurso internacional de castelos na area chega a unha nova edición este sábado, 25 de xullo. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, presentou a xa tradicional competición, que se celebrará a partir das 17 horas na praia de Arealonga, en Reinante. O concurso está organizado polo propio Concello e nel colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Todo está preparado xa no areal para a chegada dos participantes: “estivemos estes días acondicionando a praia de Arealonga, quitando pedras, porque se non case os castelos se poderían construír con pedras, máis que con area. Creo que é unha cita obrigada, é un concurso internacional onde hai moita participación, onde os nenos gozan conxuntamente cos pais ou cos amigos facendo esas figuras na area, e que cada ano mellora...
leer más
Etiquetas:
23/07/2015
Burela acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, a feira de produtos artesanias e ecolóxicos. Na mesma daranse cita arredor de 70 expositores.
 
A nave de redes acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, que organiza a Fundación Expomar. A feira tamén foi presentada hoxe. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliñou a calidade dos expositores, preto de 70 se darán cita nesta décimo terceira edición: “trátase de expoñer produtos que sexan bos para a saúde, bos de producir, sostibles para o medio ambiente. Vai haber produtos ecolóxicos de diferentes fórmulas alimentarias, pero tamén haberá artesanía e produtos para empregar tanto na vivenda como en xardíns, todo considerado mediaombientalmente sostible. É unha forma de dar a coñecer artigos que son respectuosos co medio ambiente e que encima aforran enerxía e abaratan o recibo da luz todos os meses”. En Produart haberá: queixos, viños, doces, embutidos, comercio xusto, aceites, algas, conservas, cremas e xabóns, coiro, prata,...
leer más