Eventos

22/07/2015
A parroquia de Santo Tomé (O Valadouro) organiza a súa tradicional rapa das bestas, que terá lugar o 2 de agosto.
 
O día 2 de agosto a parroquia valadourense de Santo Tomé organiza un ano máis a súa tradicional Rapa das Bestas, unha cita na que ademais da marcaxe e corte das crinas dos cabalos haberá tempo para os xogos populares, as competicións e a feira de gando. 
A festa comeza o domingo ás primeiras horas da mañá, coa baixada dos cabalos ao curro de Santo Tomé. Ás 11 horas os animais xa estarán no recinto para comezar coa imaxe máis vistosa do día, a marcaxe dos animais e o corte das crinas. Para última hora da mañá está programada a pelexa dos garañóns. Durante toda a xornada haberá feira de gando cabalar e vacún.
A programación do día continúa con propostas como a dunha carreira popular, tiro á corda e arrolamento de rolos. Os que desexen...
leer más
Etiquetas:
21/07/2015
Os días 24 e 25 de xullo terá lugar a Romaría de Sargadelos. Haberá música e pancetada e chourizada, entre outras actividades.
 
A Romaría de Sargadelos, que se celebra os día 24 e 25 deste mes na honra de Santiago Apostol, foi presentada hoxe. No acto participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuel Méndez; e membros da organización dos festexos.
O venres 24 a partir das 14 horas haberá sesión vermú coa orquestra Emperadores, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Areal a partir das dez e cuarto da noite. E ás 3 da madrugada empezará unha sesión de DJs.
O sábado 25 ás 13 horas celebrarase misa solemne cantada poro coro parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo de gaitas Airiños do Xunco. Despois haberá sesión vermú co grupo Montreal. Para ás oito da tarde está programada unha pancetada e...
leer más
Etiquetas:
21/07/2015
A praza do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá acollerá a proxección do documental "A última viaxe do afiador". Será este venres, 24 de xullo.
 
O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.
En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado...
leer más
Etiquetas:
20/07/2015
A Concellería de Cultura, en Burela, organiza o I Rastrillo Popular para o 16 de agosto. Está destinado a particulares. A inscrición está aberta.
 
A Concellaría de Cultura celebrará o 16 de agosto na praza da Mariña o I Rastrillo Popular ao que están invitados todos os particulares que queiran desfacerse de obxectos que xa non usan. 
Segundo explicou José Díaz é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo por parte de Concello, que pretende avaliar o seu funcionamento con vistas a poder celebrar estes mercados con máis frecuencia. A idea veu de A Coruña: “es un proyecto pionero en A Mariña, que no tenía ninguno, solo algún proyecto de rastrillos solidarios organizados por asociaciones, aquí en Burela mismo. Esto lo vi en A Coruña, en un barrio en el que estaba anunciado un rastrillo popular. Los vecinos llevaban cosas que tenían en casa  y que no usaban. Todos tenemos y acumulamos un montón de cosas con...
leer más
Etiquetas:
20/07/2015
A XIII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart celebrarase en Burela entre o 31 de xullo e o 2 de agosto.
 
Burela ten unha cita cos produtos artesanais e ecolóxicos entre o 31 deste mes e o 2 de agosto na feira Produart, un encontro que chega á súa XIII edición. Organizada pola Fundación Expomar, que preside o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a cita terá lugar na nave das redes do porto e abrirá as súas portas ás 17.30 horas do venres 31 de xullo con carácter totalmente gratuíto para os visitantes. Ademais da propia exposición de produtos, haberá todo un programa de actividades paralelas no recinto feiral de Burela. A música, os videoforums, os obradoiros para nenos, as demostracións en vivo e as degustacións acompañarán aos produtores durante toda a feira.
A Feira Produart coincide coa Festa Degustación do Bonito, que organiza un ano máis a A.C. Ledicia e que está fixada para...
leer más
Etiquetas:
17/07/2015
A parroquia de Vilapena, en Trabada, celebra do 24 ao 26 de xullo ás súas festas na honra do Apóstolo.
 
A parroquia trabadense de Vilapena acollerá durante tres días, o 24, 25 e 26 de xullo, as festas na honra do Apóstolo Santiago. A cita comeza o venres 24 de xullo ás 21.30 cunha gran churrascada, servida polo catering Chao dos Navais, que continúa coa verbena do Grupo Fénix. 
Ao día seguinte, sábado, logo da misa solemne das 13.30 horas e da procesión, a orquestra Blue Star encargarase da sesión vermú. Pola noite, a verbena do día grande correrá a cargo da mesma agrupación. 
A festa remata o domingo 26 de xullo, coa misa solemne das 12 horas, procesión e sesión vermú da man do Dúo Merengue.
 
Etiquetas:
16/07/2015
Intensa axenda cultural en Ribadeo para as vindeiras semanas con festivais, teatro, exposicións e o 60 aniversario da Coral Polifónica.
 
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, presentou hoxe a programación cultural para os meses de verán, un calendario no que a música terá un lugar destacado.Tras a Feira do Libro e o Ribadeo Indiano, as propostas de ocio continúan tamén parellas á literatura e á historia, posto que este anos as XIII Xornadas de Historia Local, organizadas pola A.C. Francisco Lanza, estarán dedicadas á presenza de Ribadeo no universo literario. Celebraranse o 30 e o 31 de xullo.
A arte e as exposicións van ter un punto de referencia no forte de San Damián e na OMIC. “Imos poder ver exposicións ao longo de todo o verán. Onte, mércores 15 de xullo, inaugurouse a exposición de fotografías de Xosé Reigosa, titulada De Marbella a Torremolinos: imaxes de manicomio. Se teñen un...
leer más
15/07/2015
Este sábado, 18 de xullo, nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña, en Burela. A cinta elixida é "Piratas", unha película de animación para toda a familia.
 
A praza da Mariña será escenario da segunda proxección de cine ao aire libre, que organiza a Concellería de Cultura. A cita terá lugar este sábado, 18 de xullo, ás dez da noite. A película da que poderá gozar o público familiar é Piratas, un filme de animación co producido por Reino Unido e Estados Unidos, segundo deu a coñecer esta mañá José Díaz, o edil de Cultura. 
Díaz indicou que “esta nova sesión é para darlle continuidade á primeira que fixemos hai uns días, esa foi coma unha proba para ver como respondían os veciños e as veciñas de Burela diante desta iniciativa. O pasado sábado proxectouse na praza da Mariña en pantalla xigante Maléfica de Disney e a resposta foi moi boa. Calculamos que asistiron entre 450 e 500 persoas e a conclusión é tivo éxito e ademais a...
leer más
14/07/2015
A oficina de turismo instalada en San Ciprián está aberta todos os días, de luns a domingo, ata o 31 de agosto.
 
A oficina de turismo instalada en San Ciprián, concretamente no antigo Quiosco de Juana, está aberta ao público todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. 
A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, explicou que este servizo municipal “está en marcha dende o día 1 deste mes e abrirá ata o 31 de agosto. Na oficina ofrécese información turística do municipio de Cervo, pero tamén dos atractivos que hai en toda a zona. Está funcionando ben, con moita afluencia de visitantes, no que inflúe que está moi ben situada”.
 
Etiquetas:
13/07/2015
O 20 de xullo chegará a Barreiros "O sabor da aventura está no mar". A actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
 
Barreiros acollerá a actividade O sabor da aventura está no mar. Será o 20 de xullo ás dez da mañá no pavillón polideportivo. As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta ata o 15 de xullo na oficina de turismo da localidade. 
Desde o Concello explican que “esta actividade O sabor da aventura está no mar é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Trátase dun obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece”.
A actividade, que está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o 20 de...
leer más