Eventos

07/04/2026

O Concello de Xove anuncia que “continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril”.

O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo dúo Belinda e o grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.

O domingo 12 a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización...

leer más
07/04/2026

A Asociación de Veciños e Amigos de Lodeiro, en Viveiro, organiza a primeira Feira de Abril para este sábado, día 11. A entrada ao evento é de balde.

Os organizadores anuncian que haberá pratos típicos da Feira de Abril sevillana, como tortilla de camaróns, rabas enfariñadas, pescadito frito, puntillas, cazón, surtido de queixos Xamón Ibérico ó corte. E para acompañalos, rebujito e outras bebidas típicas. A apertura da carpa será ás 12:00 horas, con música ambiental durante todo o día, sorteos e moitas sorpresas. De noite, para rematar a festa, sesión de DJ.

07/04/2026

Trabada acollerá o vindeiro 18 de abril a celebración da I Ruta Cabalar, unha nova iniciativa organizada pola asociación Cabaleiros de Trabada, un colectivo de recente creación no municipio que conta coa colaboración do propio Concello.

O Concello de Trabada anuncia que “a xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída desde o colexio de Trabada e contará cun completo programa de actividades ao longo do día. Durante a ruta ofreceranse pinchos na metade do percorrido e, a partir das 13:30 horas, terá lugar unha sesión vermú. Posteriormente, ás 15:00 horas, celebrarase unha comida aberta a todas as persoas interesadas, seguida dunha tardeo con música a cargo de The Sound Project, completando así unha xornada pensada para o desfrute tanto das persoas participantes como do público en xeral. O prezo da comida será de 30 euros para adultos e 16...

leer más
Etiquetas:
07/04/2026

Vilaframil celebrará a súa primeira Comida de Confraternidade este sábado, día 11 de abril, organizada pola asociación de veciñal desta parroquia do municipio de Ribadeo.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada por Ángel América, que tamén actuará no tardeo xunto ao grupo ribadense En faldas y a lo loco. Haberá bar e recinto cuberto con carpa.

A reserva de tiques para participar pode facerse ata este mércores, 8 de abril, no teléfono da asociación (636.91.16.42), en Mayva estética ou no Bar Stop.

07/04/2026

O Concello de Viveiro lembra que ata o día 15 de abril continúa aberto o prazo para anotarse na Comida do Maior, que se celebrará o sábado 18 de abril no Val do Naseiro. O goberno de Mariña Gueimunde anima á veciñanza a participar nesta cita, “pensada para compartir mesa, convivencia e un día especial nun ambiente festivo”.

“A xornada está dirixida a persoas maiores de 65 anos, que deberán presentar o DNI no momento de retirar a invitación. Ademais cada persoa poderá acudir cun acompañante; será necesario que se presenten ambas no momento de mercar as entradas para a súa correcta identificación”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “co obxectivo de beneficiar aos veciños e veciñas de Viveiro, o prezo será de 10 euros para as persoas empadroadas e de 30 euros para as non empadroadas. A comida está concibida como un espazo de encontro...

leer más
07/04/2026

Este sábado, día 11 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette.

O Concello de Burela anuncia: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, gozaremos dunha noite de música, sorteos e sorpresas para todas as idades organizada pola Asociación Tourette Galicia en colaboración co Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA. Non se realizará venda física de entradas, que só poden adquirirse online a través da seguinte ligazón:...

leer más
Etiquetas:
07/04/2026

En Viveiro as procesións da Semana Santa dos Nenos sairán o xoves 9 e o venres 10 de abril ás 18 horas dende Campo de Urraca.

A organización desta actividade explica que “para poder participar nas procesións é obrigatorio traer cuberta unha autorización firmada por ambos proxenitores. Inscricións previas a través de WhatsApp nos números 696.708.923 ou 626.275.843 para participar como levadores, acólitos, romanos, mantillas ou para portar atributos ou estandartes. Os nenos e nenas deberán ter máis de 6 anos para poder ser levadores e levadoras”.

07/04/2026

O Concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía este sábado, día 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

“Con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar da beleza dos traballos artesanais e ver en directo a destreza das palilleiras, contribuíndo así á conservación e á posta en valor dun oficio con gran tradición e séculos de historia”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “o encontro complétase cunha Feira de Artesanía e conta coa colaboración da asociación...

leer más
Etiquetas:
05/04/2026

Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril, sábado e domingo. Está organizada pola asociación Cruz de Loureiro.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e continuación procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará, xunto ao grupo Fénix, o baile que terá lugar a partir das 17:00 horas. Tamén se levará a cabo un concurso de pasodobre e bachata.

E o domingo ás 10:00 horas comezarán unha ruta (andaina, cabalar ou ciclista). A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú y desde as 17:00 horas terá lugar un baile.

Os dous días haberá xantar e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 646.64.76.19. O prazo remata o día 8 de abril.

... leer más
Etiquetas:
03/04/2026

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de abril, celébranse as festas de San Xosé en Trabadela, no municipio de Trabada. Contarán coa actuación da orquestra Acordes, de Lugo.

O Concello de Trabada anuncia que “Trabadela énchese de música, tradición e bo ambiente cun programa para gozar en compañía”.

O sábado desde as 13:00 horas haberá sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Acordes. E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar unha sesión vermú prolongada co grupo Lume.

O recinto da festa estará cuberto con carpa.

O Concello de Trabada anuncia que segue colaborando coas comisións de festas e asociacións “para facer posibles este tipo de celebracións, que manteñen viva a nosa tradición...

leer más