Eventos
O Concello de Burela anuncia que abrirá o luns 13 de abril o prazo de inscrición para participar no Día da 3ª Xuventude, “unha das citas máis especiais do calendario social do municipio, dirixida a recoñecer e celebrar o papel das persoas maiores na construción da vila”. A xornada terá lugar o venres 1 de maio no pavillón dos Institutos a partir das 14:30 horas, cun programa “pensado para fomentar a convivencia, o reencontro e o goce colectivo”. O evento contará con prazas limitadas, polo que será necesario formalizar previamente a inscrición.
As persoas interesadas poderán anotarse en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para participar será preciso estar empadroado no Concello de Burela e cumprir cos requisitos de idade: ter 65 anos cumpridos ou ben 60 anos sendo pensionista do sistema da Seguridade Social ou xubilado do mar. Ademais,...
leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha nova saída ao balneario de Ferreira de Pantón, que terá lugar o vindeiro 31 de maio.
Segundo explica a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “esta actividade enmárcase dentro do Programa Anual de Apoio e Autocoidado das Mulleres, co que desde o Concello promovemos iniciativas orientadas ao benestar físico e emocional, así como á creación de espazos de encontro e de convivencia”.
A actividade está dirixida a mulleres e conta cun total de 50 prazas dispoñibles. A saída realizarase ás 9:00 horas desde a Escola de Música de Ribadeo e a chegada está prevista arredor das 20:00 horas.
O Concello de Ribadeo faise cargo do transporte, co obxectivo de facilitar a participación e facer...
leer másO Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile, que se celebrará o día 25 de abril, sábado, desde as 22:00 horas. Será en Finca San Antonio e estará amenizada pola discoteca móbil EvenTec.
As entradas, que teñen un prezo de 35 euros, están á venda nos establecementos hostaleiros O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará a segunda edición da Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 11 de abril. Este evento, organizado pola Comisión de Festas de San Pantaleón, será desde as 13:00 horas na local social Escola Vella de Galdo, con entrada libre.
Haberá música desde a sesión vermú ata a noite, cos grupos Amigos do Folk, Vivarium e Os do 21, o dúo Roger & Bernard e o DJ Juanjo.
Desde este xoves e ata o día 20 de abril está aberta a inscrición para participar nunha nova edición de Orienta Ribadeo, a proba de aventura urbana que terá lugar o 26 deste mes a partir das 11 da mañá.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “se trata dunha proba por equipos onde os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo urbano principalmente, tentado localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversos retos. Durante un tempo máximo de dúas horas os equipos deberán acadar o maior número posible de puntos. A toma de decisións e o traballo en equipo serán claves para completar a proba con éxito, que terá como punto de inicio e final a praza de España, a carón do Casa do Concello”.
O edil ribadense engadiu: “establécense dúas categorías:...
leer másA asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha cea baile benéfica para o día 25 de abril, sábado. Será ás 21:00 horas na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) e estará amenizada por Discomóvil Conxuro.
“Xa podes mercar os tickets para acompañarnos neste gran día de celebración. Toma nota de onde o podes facer ata o 21 de abril: Restaurante O Noso Lar, de San Ciprián; Unidade Residencial A Mariña (Cervo); Residencia Resort Saúde Mental Cervo; e nos CRPL de Burela, Viveiro e Ribadeo”, anuncia a asociación organizadora, que tamén indica: “se non podes asistir ao evento pero queres colaborar podes contribuír mediante a Fila Cero”.
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.
Este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas alumnado do IES Alfoz-Valadouro realizará un desfile de moda no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo, que está na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.
O Concello do Valadouro convida “a familias, veciños e visitantes acudir a este evento”.
A Deputación de Lugo arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial “para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono”.
Pilar García Porto, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo; e Carlos López López, o deputado de Medio Ambiente, deron este mércores a benvida aos grupos que estrean as primeiras excursións do programa: a asociación Santalla de Pena, de Begonte, que visita Foz; e ás mulleres Bolboretas, de Xove, que van a Pantón e Carballedo. Os primeiros fixeron parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais da...
leer másA Biblioteca Maravilhas-Escola de Arroxo, no municipio de Lourenzá, acollerá unha homenaxe ao actor e escritor Manuel Lourenzá, que naceu en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943 e faleceu na Coruña o 10 de agosto de 2025. A actividade será o mércores 15 de abril ás 19 horas.
A organización do evento anuncia que “consistirá nun recitado de catro poemas de Luís Seoane seleccionados por Manuel Lourenzo para ser recitados por el mesmo; así falarámolo o 24 de xaneiro de 2025, día do nacemento de Maruja Seoane. Neste 15 de abril serán os actores Santi Romay e Xosé Manuel Esperante os que lles poñan voz aos poemas e agardamos una pequena sorpresa. Con este motivo publicarase un pequeno libro cos catro poemas de Luís Seoane e recollidos coa letra autógrafa de Manuel Lourenzo. Tamén no mesmo día farase público o Premio de Teatro Manuel...
leer másA asociación Equus Norte organiza a décima Ruta Ecuestre na Pontenova, que se desenvolverá este sábado, día 10 de abril.
A saída está programada para as 10:30 horas desde á área recreativa do Pozo da Ola.
A organización anuncia que “aqueles que queiran asistir só á comida poderán adquirir os tickets no Hotel-Restaurante San Briz. Os participantes na ruta ecuestre deberán inscribirse antes do día 10 de abril para obter o ticket da comida”. Haberá música a cargo de DJ Bombardero.












