Eventos
Vilaouruz, no municipio da Pontenova, celebra as Festas da Pascua este sábado, día 4 de abril.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo dúo Belinda, que tamén actuará na sesión de tarde noite que haberá desde as 20:00 horas.
Hoxe, día 2, da comezo unha nota edición das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “chega unha nova edición das nosas Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos oito locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite desde hoxe e ata o vindeiro sábado, día 4”. Trátase de: A Rambla-Pachán, Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Mexideli, Tangarta e Xoyma.
A Rambla-Pachán ofrecerá salpicón de pescada; Anduriña copa de salpicón de polbo con variedade de vinagres e piruleta de cebola; en Dandy poderase degustar lombo de bacallau sobre crema de escalivada; en Espacio Machete ofrecerán Sloppy Joe; as persoas que se acheguen a Marexada saborearán mini bocata de pito crujiente, salsa de mel e mostaza con toque de mango e...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, participará no Día Senderista de Asturias, que será o día 12 de abril, domingo, en Teverga. A saída desde Foz será ás 06:30 horas e ás 06:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 50 euros para socios federados e 60 euros para socios non federados.
O prazo para anotarse remata este venres, 3 de abril, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade, con rutas de dificultade media, a asociación Os Sendeiros recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia: “lo organizan nuestros amigos del MIES de Oviedo, será en Teverga, en la parte alta de la Senda del...
leer másO Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Mocidade da Deputación de Lugo, participa na posta en marcha do programa ConVive, promovido por APNED, con sede en Barreiros. “Trátase dun programa de ocio inclusivo que ofrece actividades lúdicas e saídas culturais dirixidas a nenos e nenas, favorecendo espazos de convivencia, participación e igualdade de oportunidades. 8 actividades gratuítas ao longo do ano, en fins de semana e períodos vacacionais”, explica o Concello de Barreiros, que tamén anuncia que a primeira será unha excursión ao Parque de La Vida, en Luarca (Asturias), que será o día 11 de abril.
As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e as persoas que obteñan praza recibirán a confirmación e a documentación necesaria para formalizar a súa participación.
Este domingo, día 5 de abril, haberá una nova edición do Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será no Local Social de Trasbar ás 17:00 horas e estará amenizado polo Dúo Miami.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar durante a súa Festa da Pascua.
A Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña organiza a súa primeira iniciativa con motivo dos Días Europeos da Artesanía, que terá lugar o día 8 de abril, mércores, no Forte de San Damián, en Ribadeo. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a participar nestas actividades.
A xornada, impulsada pola asociación de recente creación, realízase en colaboración coa Fundación Pública de Artesanía de Galicia e o Concello de Ribadeo, co obxectivo de poñer en valor a riqueza dos oficios artesáns do territorio.
A creación da asociación está ligada ao traballo desenvolvido nos últimos anos xunto á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, en iniciativas como A Mariña Artesá ou Obradoiros con Corazón, onde tamén se produciron os primeiros encontros que deron orixe ao colectivo.
... leer másTodo está listo en Ribadeo para a celebración do Camiño Norte Fest este xoves, 2 abril. O aparcadoiro municipal, recinto no que se celebrará o evento, xa foi valado no día de hoxe.
A orquestra Panorama presentará a súa nova xira Time Tour 2026 para a Mariña lucense e o Occidente asturiano no Camiño Norte Fest, que organiza a Comisión de Festas ribadense.
O recinto estará cuberto con carpa, que contará con servizo de bar e food trucks. A apertura das billeteiras será ás 20:30 horas e a do recinto ás 22:30 horas. Polo escenario do Camiño Norte Fest pasarán tamén os djs Alejandro Martínez e Litainer.
A actuación de Panorama dará comezo ás 00:30 horas. Enriba do escenario estarán durante tres horas nun único pase, segundo informan desde a Comisión de Festas de Ribadeo.
A venda de...
leer másOs actos principais da Semana Santa da Pontenova será este xoves, día 2 de abril, xornada na que haberá misa ás 18:30 horas e procesión ás 19:30.
No desfile participarán as confrarías do Cristo da Agonía e da Esperanza e a Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural, colectivo que organiza os actos coa colaboración do Concello de A Pontenova.
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova ruta de sendeirismo, que terá lugar o domingo 19 de abril, baixo o título Trabada e o Camiño Norte, organizada en colaboración coa Asociación Paso a Paso.
A actividade consistirá nun percorrido a pé dende a Ría de Abres ata Trabada, seguindo o trazado do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. A ruta contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros e un nivel de dificultade media, sendo unha proposta accesible para aquelas persoas afeccionadas ao sendeirismo. A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello, e ao finalizar o percorrido celebrarase unha comida no pavillón municipal.
O prezo da inscrición é de 8 euros e poderá realizarse ata o 15 de abril nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.135.011. A...
leer másA organización das festas patronais de Burela 2026 anuncia que haberá oito actuacións municipais desde o venres 5 ata o luns 8 de xuño.
“Burela vai tremer este xuño. Chegan as Festas de Burela 2026 co mellor cartel de orquestras. Prepárate para 4 días de auténtica festa: música en directo, sesións vermú, noites máxicas e un ambiente que non se explica … Vívese! O venres 5 arrancamos forte coa verbena, con Grupo Cayenna máis Kubo Golden Tour; sábado 6, sesión vermú máis noite top con Orquestra Principal e La Fórmula; o domingo 7 festa todo o día con Trébol e El Combo Dominicano; e o luns 8, gran final coa Orquestra Pontevedra e Panorama Time Tour. Cartelazo. Festa asegurada. Marca as datas, reúne á túa xente e prepárate para bailar sen parar en Burela”, anuncia a comisión de festas.












