Eventos
O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu este martes no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos. Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, “reforzando así o vínculo entre o Concello e este colectivo, que desenvolve un labor fundamental no ámbito social”. Desde o Concello de Trabada destacan tamén “a importancia de apoiar iniciativas como esta, que contribúen á inclusión e á visibilización do traballo que realiza Saúde Mental A Mariña”. Ademais no marco da celebración da Festa da Enfariñada, que terá lugar o próximo 3 de maio, os propios membros da asociación estarán presentes cun posto no que ofrecerán diferentes produtos.
O alcalde, Rubén García, sinalou...
leer másA Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros percorre neste ano 2026 o Camiño Francés en 8 etapas. A seguinte será o día 1 de maio polo tramo de Triacastela a Sarria. As persoas interesadas en asistir xa poden inscribirse chamando ou enviando un whatsapp ao 623.22.68.25.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou: “o pasado sábado gozamos dun día espléndido para realizar a primeira etapa da nosa peregrinación a Compostela deste ano. Foron 22 quilómetros os que percorremos entre Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Despois dun ano 30 peregrinos de Barreiros volvemos reencontrarnos para realizar unha etapa por camiños de terra, rodeados dunhas paisaxes frondosas e de pequenas capelas de pedra moi ben coidadas”.
Ribadeo e Lalín instalarán pantallas xigantes na praia das Catedrais e no Altar do Sol para seguir nunha observación conxunta a eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto, que será comentada por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
Foi o profesor Docobo o que a definiu como “a eclipse das nosas vidas” e comentou tamén que “o 28 de agosto haberá unha eclipse de lúa”. Parécelle unha moi boa idea a observación conxunta que están a organizar os Concellos de Lalín e de Ribadeo: “as nubes son caprichosas entón tendo a oportunidade de observar a eclipse desde dous sitios temos o dobre de posibilidades de poder velo. En Ribadeo rexistrarase a máxima duración en Galicia, que será de 1 minuto e 45 segundos e en Lalín será visible desde a parte leste e norte do municipio, pero hai un lugar emblemático onde será a...
leer másA iniciativa turística Guido Guía anuncia a reanudación dos seus paseos guiados pola provincia de Lugo cunha nova proposta, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril de 11 a 13 horas baixo o título Descubrindo Alfoz do Castrodouro.
Guido Guía explica que “a actividade supón o regreso a unha zona cunha gran historia e que recentemente estreou o topónimo Alfoz do Castrodouro, reforzando así a súa identidade territorial e cultural. A resposta do público foi moi positiva desde o primeiro momento, con arredor de 20 persoas xa inscritas a través da comunidade de WhatsApp de Guido Guía. Este paseo guiado ofrece unha oportunidade única para coñecer o patrimonio, a historia e a paisaxe deste enclave lucense da man dun proxecto que aposta pola divulgación cultural e o turismo de proximidade”.
O prezo da...
leer másDo 21 ao 30 de abril estará aberto o prazo de preinscrición nos Campamentos de Verán do Concello de Ribadeo, que inclúen colonias urbanas no CEIP Gregorio Sanz e campamentos no albergue de Allariz (Ourense). Esta programación conta co respaldo do Plan Corresponsables, que está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anunciou que se trata dunha proposta que “responde ao compromiso municipal de ofrecer espazos seguros, inclusivos e educativos que contribúan ao desenvolvemento integral da rapazada, promovendo ao mesmo tempo a conciliación das familias”.
O edil ribadense explicou tamén que “as actividades están dirixidas a nenos, nenas e mocidade do municipio, ofrecendo alternativas de lecer educativo durante o...
leer másO Concello de Burela celebra o Día do Libro cunha programación de actividades dirixidas a fomentar a lectura e a participación cidadá, con iniciativas pensadas para diferentes idades. Este xoves, día 23 de abril, a Biblioteca Municipal acollerá unha mesa libre de intercambio de libros. As persoas asistentes poderán deixar, coller ou compartir exemplares, nunha proposta que “está orientada a facilitar o acceso á lectura de maneira aberta”. No mesmo día a Casa da Cultura será escenario dun taller de iniciación ao estampado téxtil, que terá lugar entre as 19:00 e as 20:30 horas. A actividade, impartida por Xogando nas Nubes, está dirixida á mocidade e persoas adultas, e permitirá ás persoas participantes estampar unha bolsa de tea para transportar libros. O taller conta con prazas limitadas e require inscrición previa na Biblioteca Municipal. A programación continuará...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de abril, sábado, un percorrido pola ruta Veiga do Mandeo, no municipio coruñés de Aranga. A distancia a percorrer son 1o quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de abril. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Dinamización, Dani García, recibiron no Concello a membros da directiva da Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos, que se encargan da organización desta xuntanza para a veciñanza. A cita terá lugar este domingo, día 19 de abril, na pista das escolas de Celeiro de Mariñaos, onde se celebrará a cuarta edición deste evento, que “xa é un referente para a parroquia”.
A xornada comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa para logo continuar coa tradicional comida veciñal.
Desde o Concello de Barreiros anuncian tamén: “seguimos colaborando e apostando por estas xuntanzas, que nacen do tecido asociativo e que son fundamentais para a cohesión social e para dar vida ás parroquias”.
O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos na parroquia focega de Nois este domingo, día 19 de abril. Será no Centro Social A Saira ás 18:00 horas.
É unha actividade para todos os públicos organizada pola Agrupación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que ademais da actuación de Avelino González haberá café ou chocolate con biscoito por 3 euros.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Foz.
Concello de Ribadeo e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. Os concertos do Domingueo en Ribadeo serán os días 19 e 26 de abril, 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño. Este vindeiro domingo, día 19, na praciña de San Roque terá lugar a actuación de Untopic a partir das 13:00 horas.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “esta fin de semana poñemos en marcha unha nova edición do Domingueo en Ribadeo, campaña que organizamos conxuntamente entre o Concello e Acisa para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. E o que pretendemos é darlle a esas mañás un toque musical para que aínda sexa máis apetecible vir á nosa vila”.
... leer más












