Eventos
Acisa Ribadeo presenta unha das novidades deste 2026 dentro do seu calendario de actividades dirixidas ao sector hostaleiro: os San Patrick’s Days, que terán lugar do 13 ao 22 de marzo. Na cita participan 10 locais hostaleiros. Veciños e visitantes poderán gozar de ofertas especiais en cervexa e diferentes propostas gastronómicas.
Durante estes días os establecementos ofrecerán promocións en cervexas, especialmente de orixe irlandesa, alemá e francesa, ademais de distintas propostas gastronómicas inspiradas na tradición irlandesa, creando así un ambiente festivo arredor do Día de San Patricio, que se conmemora o 17 de marzo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “hoxe presentamos unha novidade no calendario de actividades de Acisa Ribadeo. Trátase dos San Patrick’s Days, unha iniciativa coa que...
leer másDentro do programa de difusión cultural e relixiosa Adral, este sábado, día 14 de marzo, en Viveiro presentarase o novo libro titulado Os Bolechas van á Semana Santa de Viveiro e haberá un concerto do grupo lugués de vento madeira Arundo Donax Ensemble.
O Concello de Viveiro anuncia: “Os Bolechas tamén viven a nosa tradición! Mañá, sábado, os máis pequenos teñen unha cita en Adral coa presentación do seu novo libro. Na Sala Multiusos do Concello ás 12:30 horas. E na tarde noite desfrutaremos do concerto do grupo Arundo Donax Ensemble na igrexa de San Francisco ás 20:30 horas”.
Este venres, día 13 de marzo, ás 19:00 horas a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) acollerá o evento titulado Soberanía Dixital XI: Festa do Fediverso. O futuro das redes sociais e internet. É a segunda actividade do grupo amarinha.gal neste ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.
Os organizadores explican: “na actualidade están a propoñerse preguntas do estilo de: é boa idea prohibirlle o acceso a RRSS a menores de 16 anos? Son adecuadas as medidas que propón tomar o goberno para a súa regulación? Que solucións existen ante a preocupante situación das RRSS? A nosa proposta desenvólvese neste contexto. Encadrada na celebración das diversas opcións do Fediverso, é unha actividade pensada para ter unha visión xeral do que é este mundo libre en...
leer másO Concello de Cervo abre este xoves, 12 de marzo, o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. As inscricións poderán formalizarse ata o 24 de marzo na Casa da Cultura ou no Concello.
Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz. Durante a reunión abordáronse os detalles do programa, os prazos de inscrición e diferentes cuestións de interese para a comunidade educativa.
Ademais no encontro tamén se tratou o funcionamento doutros programas municipais...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o día 11 de abril, sábado, a I Gala Solidaria Síndrome de Tourette Galicia, unha iniciativa impulsada pola asociación Tourette Galicia co obxectivo de dar visibilidade a esta condición neurolóxica e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias, anuncia o Concello de Burela, que engade: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, o evento ofrecerá unha programación cultural e solidaria aberta a toda a cidadanía, na que se combinarán actuacións musicais, sorteos e outras propostas pensadas para todos os públicos.”
A gala conta coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA, así como coa participación de diversos grupos e colectivos que actuarán de forma altruísta. Entre os participantes confirmados atópanse ACM Arume, o alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites,...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de Marzo, sábado, un percorrido polo municipio asturiano de Grandas de Salime. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán e despois visitarán o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.
Este sábado, día 14 de marzo, se celebrará en Mondoñedo un encuentro sobre la Cova do Rei Cintolo, evento titulado 150 años de exploración, investigación y topografía. La entrada es gratuíta.
El colectivo CETRA explica: “celebramos el Encuentro: 150 años de exploración, investigación y topografía, dentro del proyecto Rei Cintolo: Objetivo 11.000 m. El objetivo es celebrar el récord de 11.457 metros de desarrollo total conseguido en Cova do Rei Cintolo tras 178 sesiones de trabajo en cavidad, organizadas en 79 expediciones en el período 2018 - 2026. Pero sin duda alguna, este resultado ha sido posible gracias al esfuerzo altruista de muchas generaciones de exploradores y topógrafos que estarán representados por los 52 inscritos en el encuentro y que desarrollaron su actividad espeleológica en GESIC Trevinca, GES...
leer másO club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, “unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional”. O evento celebrarase o sábado 4 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián. A programación comezará cunha sesión vermú ás 14:00 horas e continuará co xantar ás 15:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con varios membros do club organizador, que destacaron “o carácter aberto e participativo desta proposta, pensada para fomentar os reencontros e fortalecer os lazos entre xeracións”.
O Concello de Cervo explica que “a festa manterá o formato que caracterizou as anteriores edicións, cun xantar no que os...
leer másO ilusionista Marcos Waldemar, campión de España de Maxia 2025 e semifinalista da décima tempada de Got Talent, presentará o seu espectáculo Inherente o sábado 21 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
O Concello de Burela explica que “Inherente trátase dun espectáculo de maxia unipersoal no que o artista percorre o seu propio camiño dentro do ilusionismo e introduce elementos relacionados coa historia e a figura do Conde de Waldemar, un dos grandes magos do século pasado do que Marcos é herdeiro. A función incluirá diferentes disciplinas da maxia, entre elas cartomaxia, mentalismo e ilusións participativas. Un espectáculo dirixido a público familiar que combina recursos de maxia, humor e teatro para contar unha historia única e emocionante. As entradas anticipadas con desconto xa están...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026. A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.
“A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido. Ao finalizar a...
leer más












