Eventos

02/03/2026

O III Festival do Guioncho celebrarase o mércores 1 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, “consolidándose como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local”, anuncia o Concello de Cervo.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, pola concelleira Mali Méndez e por membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, organización encargada do evento, que “contará cun cartel de primeiro nivel encabezado por El Combo Dominicano, a xira WAYKAS Survivor Tour da Orquestra Waykas, e DJ Pablo Conxuro, que será o encargado de pechar a noite. A entrada anticipada terá un prezo de 10 euros, mentres que en taquilla será de 12 euros. As entradas poderán adquirirse nos locais comerciais habituais ou o propio día do evento.
A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas. O festival...

leer más
02/03/2026

O Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de reforzar a sensibilización social, a participación da veciñanza e o traballo transversal en igualdade de xénero. Serán os días 6, 8 e 14 de marzo.

A primeira das actividades será a lectura da declaración institucional. Terá lugar o venres 6 de marzo ás 11:30 horas na Praza do Concello. Ao remate do acto, entregarase un pequeno agasallo ás persoas asistentes.

O propio día 8 de marzo, domingo, conmemorárase a xornada cun monólogo treatralizado sobre a obra A Muller Soa, de Franca Rame e Darío Fo. A interpretación será a cargo do Colectivo Cultural Ollomao ás 20:00 horas nos colexios vellos de San Miguel, con entrada de balde e ata completar o aforo.

... leer más
Etiquetas:
01/03/2026

A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha comida veciñal de cocido para o día 7 de marzo, sábado, ás 14:00 horas.

Os prezos son de 25 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador, 30 euros para as que non pertencen á asociación e 12 euros para os nenos e nenas de 3 a 9 anos de idade.

Para participar neste evento hai que anotarse previamente e o prazo está aberto ata o mércores 4 de marzo.

Etiquetas:
28/02/2026

O cartel e o programa cultural ADRAL, da Semana Santa de Viveiro, foron presentados este sábado, 28 de febreiro, na Casa do Concello viveirense.

No acto a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, puxo en valor esta festividade relixiosa, declarada de Interese Turístico Internacional e á que a institución provincial achega este ano 30.000 euros.

Carmela López destacou o impacto real que xera esta cita en toda A Mariña e que “é o exemplo de como a cooperación territorial multiplica resultados”. Enmarcou nesa repercusión nos aloxamentos, restauración, comercio ou transporte o compromiso da Deputación, subliñando que “defender a Semana Santa de Viveiro é defender patrimonio, identidade e tamén oportunidades para a comarca”.

Ademais puxo en valor durante a súa intervención o papel das...

leer más
Etiquetas:
28/02/2026

A asociación veciñal A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova), organiza unha comida de cocido paro día 7 de marzo, sábado, ás 15:00 horas. Haberá música a cargo de DJ Bombardero.

Para participar neste evento hai que anotarse previamente e prazo está aberto ata o martes 3 de marzo.

 

27/02/2026

A Fundación Expomar, de Burela, está a promover o proxecto titulado Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia, que se desenvolve ao longo dos anos 2025-2026 e está financiado no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal. Popularmente coñecido como Xeración Peixe, o proxecto abrangue diversas actividades nas que colaboran diferentes sectores de actividade e públicos de distintas xeracións: desde centros de ensino ata centros de maiores e de inclusión social.

“Ao longo do mes de marzo en diferentes datas realizaranse actividades de limpeza de praias co alumnado dos centros de educación primaria e secundaria de Burela e a colaboración do centro de educación ambiental Gaia. Os restos de lixo recollido empregaranse...

leer más
Etiquetas:
27/02/2026

O Club Deportivo Alfoz organiza un xantar popular de cocido para o sábado 7 de marzo. Será no pavillón municipal de Alfoz, a comida comezarán ás 15:00 horas, pero xa haberá sesión vermú desde as 13:30 horas.

As actuacións musicais correrán a cargo de Breobeats e do dúo Principal. Ademais haberá sorteos de produtos de colaboradores e de merchandising do club.

Para participar neste evento hai que inscribirse previamente e o prazo remata o luns 2 de marzo.

26/02/2026

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 

26/02/2026

O Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.

Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.

26/02/2026

Este sábado, día 28 de febreiro, o ensaísta, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2026. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas, onde estará acompañado por diversas autoridades, os membros da comisión que o distinguiu e representantes asociativos e educativos da cidade. Converterase, así, no décimo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.

Con anterioridade, a partir das 11:00 horas, no Cemiterio Vello da cidade terá lugar a tradicional ofrenda floral diante a campa do insigne escritor, que estará presidida como anfitrión polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide, e á que asistirán tamén autoridades provinciais, autonómicas e doutros concellos.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a...

leer más