Eventos

16/02/2026

A parroquia de San Román do Val, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Entroido este venres, día 20 de febreiro, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola Asociación de Mulleres de San Román do Val, en cuxo local terá lugar a celebración.

Haberá premios para os mellores disfraces (individual, parella e grupos) e degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E a festa estará amenizada coa música do dúo Primera Línea.

Etiquetas:
15/02/2026

O martes 17 de febreiro, o Entroido trasládase a San Ciprián, “cun gran desfile que dará comezo ás 18:00 horas desde a Praza dos Campos, percorrendo as principais rúas da localidade. Este desfile contará cunha ampla dotación de premios, repartidos entre as categorías individuais, parellas, grupos, comparsas e categoría xuvenil, cun total de 2.280 euros. A animación correrá a cargo da Charanga Os Macanudos, e ao remate da entrega de premios a música continuará con DJ Aaron. Ademais a A.C. Comisión de Festas de Lieiro instalará un posto de venda na carpa da Praza dos Campos con chocolate, sobremesas, bolos preñados e empanadillas contribuíndo a crear un ambiente festivo e gastronómico”, anuncia o Concello de Cervo.

As inscricións para participar no desfile realízanse na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de mañá, ata o luns 16 de...

leer más
Etiquetas:
15/02/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 8 de marzo, domingo, unha no municipio asturiano de Felechosa. A saída desde Foz será ás 06:00 horas e ás 06:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 65 euros para socios federados, 70 euros para socios non federados e 75 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o venres 27 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia que é “una hermosa salida; iremos hasta Felechosa, a los pies del puerto de San Isidro, para realizar una...

leer más
14/02/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta de Maeloc, no municipio lucense de Bretoña, o día 22 de febreiro, domingo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 19 de febreiro.

Etiquetas:
13/02/2026

O concelleiro de Dinamización en Barreiros, Dani García, reuniuse cos representantes das comparsas locais -Macanudos e Habelas Hainas-, así como coa asociación Event&Fest Barreiros, entidades que colaboran na organización do desfile de Entroido que terá lugar o venres 20 de febreiro. “Un encontro para ultimar detalles e poñer en valor o traballo conxunto que fai posible que o Entroido de Barreiros siga medrando ano tras ano e mantendo viva esa tradición e o espírito carnavaleiro. Lembrámosvos que haberá pulpería tanto ao mediodía como pola noite na Praza do Concello e que, durante toda a tarde, a praza contará con ambiente festivo e música como entretemento antes do desfile”, anuncia o Concello.

A información relativa á festa infantil de Entroido, que será o mércores 18, como a do desfile está dispoñible na web concellodebarreiros.gal...

13/02/2026

A Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela, convoca a todas aquelas mulleres interesadas en participar nas procesións da vindeira Semana Santa vestindo mantilla a unha reunión informativa que terá lugar o martes 17 de febreiro ás 20:00 horas no salón parroquial.

“Nesta xuntanza explicaranse os aspectos organizativos, normas e detalles necesarios para a correcta participación, así como resolveranse dúbidas e coordinarase a presenza das mantillas nas distintas procesións. A asistencia está aberta a todas aquelas persoas que desexen formar parte deste elemento tan representativo e solemne da nosa Semana Santa”, explica a Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela.

 

12/02/2026

O Concello de Cervo presenta unha nova edición da Festa do Mexillón de San Ciprián, que se celebrará o sábado 21 de febreiro de 2026, “consolidándose como unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do inverno na Mariña na súa XXXII edición”.

O evento contará coa participación de dez establecementos hostaleiros da localidade (O Porto, Maruxaina, O Encontro, A Penúltima, Las Titas, O Faro, Bar Habana, O Noso Lar, O Trasgo e Bodega de Ana), que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón como protagonista, “poñendo en valor a calidade do produto e o bo facer da hostalaría local”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a programación completarase cun amplo abano de actividades musicais e de animación na rúa. A mediodía coas agrupacións locais Fol do Raxal e A Rebolaxe, e xa a partir das 19:00 horas coa Charanga da Carmiña e...

leer más
12/02/2026

A Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e o Consello Municipal de Mulleres abordaron a programación do 8M e as novas accións contra a violencia machista. Haberá obradoiros nos centros de ensino, un certame de fotografía, unhas xornadas sobre corresponsabilidade e teatro.

Ribadeo acolleu unha nova xuntanza da Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e do Consello Municipal de Mulleres, “dous espazos fundamentais de traballo conxunto entre administracións, forzas de seguridade, comunidade educativa e tecido asociativo”. Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “estas reunións permiten facer seguimento das actuacións en materia de igualdade e prevención da violencia machista, así como reforzar a coordinación entre todos os axentes implicados. Durante as sesións de...

leer más
Etiquetas:
12/02/2026

O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecerán un espectáculo conxunto este venres, día 13 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo do Día de San Valentín, Viveiro énchese de emocións, música e literatura. O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e o Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, únense nun espectáculo único onde a música e a palabra dialogan sobre o escenario. Unha proposta cultural para sentir, escoitar e compartir”.

12/02/2026

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que será o día 16 de febreiro, luns, desde as 17:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.