Eventos
O Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubs deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen antes do día 31 de marzo as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local. Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.
“O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Granada desde o 22 ao 28 de xuño. A saída desde Foz será o luns 22 ás 06:30 horas e ás 06:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade son: 1.400 euros para socios federados, 1.405 euros para socios non federados e 1.410 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade, que inclúe tres rutas de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia que tamén farán visitas culturais.
O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 23 de febreiro, a partir das 16:00 horas.
A directora do centro, Miryam González, explica que “un dos aspectos nos que máis incidiremos é na comunicación fluída e constante entre toda a comunidade educativa: profesorado, familias, alumnado, ANPA e institucións. Consideramos que unha relación baseada na confianza, no diálogo e na colaboración é fundamental para o benestar do alumnado e para construír un proxecto educativo sólido e compartido”.
As familias que se acheguen ese día ao colexio poderán coñecer de preto a oferta educativa, as instalacións, o funcionamento diario do centro e os numerosos programas e proxectos de innovación nos que participa. Entre eles destacan PROA+, Plan Proxecta+ (Nutriescolas e...
leer másEnrique Penabad será homenaxeado cun xantar de agradecemento en San Miguel de Reinante o 14 de marzo
A Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros), organiza un xantar de agradecemento a Enrique Penabad, que estivo 45 anos ao fronte deste colectivo. Será o día 14 de marzo, sábado, ás 14:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. E ao remate da comida haberá foliada.
O aforo é limitado e a data límite para comprar as entradas é o 10 de marzo.
“Di o refrán que é de ben nacido, ser agradecido. E neste caso, como para non selo! Pensar no Arco da Vella é pensar inevitablemente en Kike, que adicou 45 anos en corpo e alma á creación e mantemento dunha asociación que defende o folclore e que, ademais, fai pobo. E iso ninguén o pode negar. Falar do Arco da Vella tamén é falar de San Miguel e de Barreiros. O mérito está en facelo dese xeito incansable, sacrificando momentos...
leer másO mago Marcos Waldemar actuará en Ribadeo este venres, día 20 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia que “Marcos Waldemar presenta Inherente, o seu espectáculo máis persoal. Unha historia de maxia, legado e identidade onde vivirás o imposible a centímetros: cartomaxia, mentalismo, ilusións participativas. E din que incluso pode nevar. Un show familiar que emociona, sorprende e che fará mirar cara dentro. Atréveste a cruzar o espello?”.
A parroquia de San Román de Vilaestrofe, no municipio de Cervo, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, desde as 22:00 horas.
O Concello de Cervo anuncia que será “unha gran festa nocturna, organizada pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, da Asociación de Veciños de San Román e da Comunidade de Montes. A cita será a partir das 22:00 horas no Pavillón de San Román, cun desfile e festa amenizados polo Grupo JB Son e a Discomóbil Conxuro. Haberá importantes premios para adultos e público infantil. As inscricións poden formalizarse no teléfono 656.272.802”.
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, organizada pola Asociación de Veciños Camiño de Galdo.
Este evento do Sábado de Piñata comezará ás 22:30 horas e estará amenizado polo dúo Trasnos.
A entrada é libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces nas categorías individuais, parellas e grupos (de polo menos 5 compoñentes). E repartiranse lambetadas propias do Entroido.
No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.
Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.
O vindeiro 8 de marzo terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, que anuncia: “con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que aínda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real. Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade”.
Será no restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. O custe é de 35 euros e as entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o 4 de marzo.
O Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.
Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.












