Eventos
A XXXIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 7 de marzo, en San Ciprián.
O Concello de Cervo anuncia que “para ese día están programadas diferentes actividades nas que o equinoderno será o eixo central, como homenaxe á tradición gastronómica local e á estreita relación da vila co mar. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias, a edil Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego. O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking que poderá ser seguido en directo polo público asistente, que a continuación degustará as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.
Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.
O porto de Burela acollerá os días 17 e 18 de abril o exercicio MARSEC, unha actividade anual relacionada coa seguridade marítima organizada pola Armada e aberta á veciñanza.
Este mércores, 25 de febreiro, celebrouse a primeira reunión de coordinación entre todos os participantes no simulacro, un encontro previo destinado a preparar o desenvolvemento das operacións e garantir a coordinación entre os distintos organismos implicados na seguridade marítima.
O Concello de Burela explica que “MARSEC é un exercicio cuxo obxectivo principal é fortalecer a cooperación e o coñecemento mutuo entre as institucións implicadas na seguridade marítima, mediante a planificación e execución de operacións que abranguen unha ampla gama de situacións. Así mesmo busca reforzar a colaboración entre os distintos organismos e a Armada co...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade presentou o programa do 8M, que inclúe actividades para os días 8, 11 e 25 de marzo e 8 de abril.
“Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa reivindicativa Andaina pola Muller. Despois a tradicional Chocolatada onde, ademais de merendar, vaise conmemorar ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio de Xove, coa asistencia das homenaxeadas e a proxección dun vídeo onde narrarán a súa experiencia como empresarias nunha época na que o mundo dos negocios aínda era un ámbito reservado ós homes. Ademais este ano 2026 desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade puxemos especial interese en reivindicar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que o Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, dependente de Consellería de Política Social e Igualdade, acolle estas semanas sesións de cinema, dous obradoiros de baile gratuítos e unha xornada informativa sobre o uso axeitado dos medicamentos.
Todas as exhibicións cinematográficas comezan ás 17:00 horas. Os próximos títulos que se proxectarán son a produción arxentina-española El Cuento de las Comadrejas, de Juan José Campanella -o luns 2 de marzo-; o documental En todas as mans, sobre os montes veciñais en man común, da cineasta de Redondela Diana Toucedo, -o mércores día 4-; Barbie (EEUU), dirixida por Greta Gerwig -o luns 9-; o filme francés Delicioso, de Éric Besnard -o mércores 11-; e a película Asuntos de familia, de Maha Haj, que se proxectará o luns 16.
... leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), ven de presentar a programación con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, cun conxunto de actividades dirixidas a diferentes públicos e idades, co obxectivo de seguir avanzando na sensibilización, na educación en igualdade e na reflexión colectiva arredor dos dereitos das mulleres.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “a programación arrinca o día 25 de febreiro coa posta en marcha dos obradoiros afectivo-sexuais impartidos pola cooperativa Prisma, dentro do programa O Concello cos Coles. Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 3° e 4° de ESO, ao alumnado de FP básica e de 5º e 6º de Educación Primaria e abordarán cuestións fundamentais como a educación emocional, o respecto nas relacións, os...
leer másO Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area.
A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, “está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M”, explica o Concello de Viveiro. O prezo do xantar é de 50 euros e as mulleres interesadas en participar poden recoller a súa entrada a partir deste mércores, 5 de febreiro, no propio Restaurante Louzao.
O Concello de Viveiro anuncia tamén que publicará nos vindeiros días a programación completa con motivo do 8M.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a iniciativa das asociacións Francisco Lanza, de Ribadeo, e Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, para lembrar ao músico Hernán Naval polo 25 aniversario do seu falecemento.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, e a deputada de Cultura, Iria Castro, mantiveron un encontro con Farruco Graña e Xiana Naval, das directivas destas asociacións, no que ofreceron o apoio da institución provincial para as actividades que preparan de cara ao aniversario nas dúas localidades.
A Vicepresidencia da Deputación anuncia que “na xuntanza propúxose tamén programar unha iniciativa conxunta que visibilice o legado de Hernán Naval en toda a comarca, desde Viveiro -a súa cidade natal, onde foi profesor do Conservatorio ou presidente de Sementeira- ata Ribadeo, onde...
leer másO Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller coa celebración do tradicional xantar, organizado en colaboración coas asociacións do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade de Cervo. A cita terá lugar o domingo 8 de marzo ás 14:30 horas no restaurante O Noso Lar, cun prezo de 35 euros por persoa. Os tickets poderán mercarse no propio restaurante a partir deste martes, 24 de febreiro.
Durante a comida farase entrega dos premios ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a disputar estes días e sortearanse agasallos cedidos polas asociacións organizadoras. A xornada continuará con animación musical a cargo do dúo Caramelo na Casa do Mar, “garantindo un ambiente festivo e de convivencia nunha data sinalada para reivindicar a...
leer másO Concello de Foz conmemora o Día de Rosalía cunha mostra bibliográfica sobre a escritora e unha representación de teatro infantil a cargo de Caxoto, que será este xoves, día 26 de febreiro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este luns conmemorase o Día de Rosalía, unha xornada para celebrar a nosa escritora máis célebre, a nosa lingua e a nosa cultura. O Concello de Foz e a biblioteca municipal Salgado Toimil celebran este día cunha mostra bibliográfica da escritora, que se pode visitar no último andar da Casa da Cultura. Así mesmo programase unha actuación de Caxoto para o vindeiro xoves ás 18.30 horas no salón de actos da propia Casa da Cultura para público a partir de 4 anos e gratuíta. O contacontos Caxoto fará un percorrido pola natureza galega, que forma parte da obra de Rosalía e doutras mulleres escritoras...
leer más












