Eventos

Etiquetas:
26/05/2022

O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
 
A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá...

leer más
Etiquetas:
26/05/2022

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
25/05/2022

Viveiro acolle este venres, día 27 de maio, a celebración dos Maios grazas a unha actividade organizada de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o Concello, en colaboración cos colexios Lois Tobio, San Roque, Galdo, Landro e Covas.

Participarán nesta festividade preto de 600 nenos e nenas que se xuntarán na Praza Maior ás 11:30 horas, para percorrer posteriormente ataviados con motivos florais as rúas Margarita Pardo de Cela, Avda de Cervantes, Vilar Ponte, Almirante Chicarro e Pastor Díaz, volvendo para finalizar á Praza Maior, onde cantaran as cancións dos Maios e disfrutarán dun refrixerio.

“Dende o Concello de Viveiro consideramos que é fundamental fomentar e potenciar este tipo de celebracións propias da nosa cultura e tradición, evitando que se perdan e involucrando nas...

leer más
25/05/2022

A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.

O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.

Etiquetas:
24/05/2022

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter unha moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio, terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira. 

Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos. 

Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios. 

... leer más
Etiquetas:
24/05/2022

Preto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Este martes a Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, comezou o seu percorrido no Mazo de Santa Comba xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, para continuar pola montaña e visitar Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O Pazo de San Marcos foi a primeira parada da Unión Xeral de Traballadores de España, onde os recibiu a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Na viaxe percorreron o concello de Cervo con visitas á Fábrica de Sargadelos, o...

leer más
Etiquetas:
23/05/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante  Casa Julia, A  Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”. 

A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa. 

 

Etiquetas:
23/05/2022

A VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Está organiza pola asociación de Cabaleiros Rías Altas, do Vicedo, e conta coa colaboración do Concello vicedense, do Mesón O Remo e o restaurante Area Grande. 

A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Cultura / Mesón o Remo. 

A inscrición poderá realizarse ata o 1 de xuño nos seguintes teléfonos: 677 452 735 (Alejandro) e 652 399 628 (Óscar). Haberá xantar ás tres da tarde, que estará amenizado por un dúo musical. O prezo será de 20 euros por persoa. 

Desde a organización subliñan que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo. 

 

Etiquetas:
22/05/2022

Desde a asociación Burela Castrexa sinalan: “segue a conta atrás: faltan 5 semanas para a IX Festa Castrexa en Burela. ¿Estades preparados? ¿Xa tedes os voso Clan creado?? Abrimos prazo de inscrición para os clans: este ano a participación é totalmente gratuíta, pero obrigatoria para poder participar nunha nova edición dos Xogos Castrexos e da Busca do Torques. E tamén é necesaria para axudar a que medre a nosa Familia Castrexa despois de 2 anos de sombras”. 

E engaden: “porque dentro de 5 semanas Burela Castrexa rexurde para celebrar 3 días máxicos a partir da noite de San Xoán...Apuntade xa o voso clan por correo electrónico festacastrexaburela@gmail.com en Óptica Afflelou Burela ou contacta con calquera dos membros da Asociación Burela Castrexa”.

 

Etiquetas:
21/05/2022

A Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Ás 12 da mañá haberá bendición dos campos, procesión, bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Brisas del Eo. A continuación será a misa solemne.

Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú amenizada por La Bamba.

Para as 15 horas está prevista a segunda comida da Romaxe das Cruces no campo da festa. 

Ás 17:30 horas representación da batalla a cargo do bruxo Queiman e de Andrea Pousa e a continuación concerto de Luar na Lubre. 

O remate da festa correrá a cargo de La Bamba. 

Esta romaxe, declarada festa de interese turístico galego, está organizada pola comisión de festas de As Cruces de Arante, que conta coa...

leer más